24/12/10

Do que falamos cando falamos de correr...

Reproduzo aquí o artigo que o compañeiro tanino e amigo Anxo escribiu no xornal A Peneira, creo que reflicte moi ben o que podemos chegar a sentir cando corremos, admais na miña opinión é dunha calidade literaria excelente. O texto dí así:

Levas cinco minutos sentado. Agarras a cabeza e comezas a pensar na seguinte. Un voluntario quitouche o chip da zapatilla e deuche unha bebida isotónica, ademais dunha peza de froita e algo doce.Levantaches as mans con forza. Realmente non sabes de onde quitas as forzas. Gritaches. De alegría. De éxtase. De dor. De felicidade! Xa apenas quedan mil metros. Mil metros! Levas máis de tres horas correndo (ou intentas baixar das tres horas!). Cando pasaches o muro dos trinta quilómetros comezaches a ver a luz ao final do tunel. Doeche un músculo que non sabes como se chama. É unha dor intensa. Intentas continuar. Intentas pensar noutra cousa. Comezas a escoitar os gritos de ánimo do público que antes pasaran totalmente desapercibidos. A media maratón xa parece unha distancia considerable. Son máis de vinte quilómetros...Pasaches nun tempo decente. Non tes demasiadas molestias. Pensas que son as normais. É a primeira vez que das un paso máis alá desa distancia nunha carreira...Queda outro tanto! O tempo vai pasando. Os metros tamén. Nos dez mil xa notas que as pernas están o suficientemente quentes como para correr un día sen parar. Non o dubidas. Chegarás ao final sen ningún problema. Vas correndo entre un grupo inmenso de xente. Miles de persoas son as que te rodean. Sintes miles de pasos que impactan a un tempo contra o vello chan da cidade vella da fermosa Barcelona. Non das andado. Case estás quieto. Levas dous minutos parado desde que se deu o pistoletazo de saída. Queres comezar a correr. Sintes unha enorme emoción. Non tes palabras. Comezas a pensar por que te meteches nesta historia. Quedan corenta e dous quilómetros e algúns metros para rematar o obxectivo que comezaches a preparar fai meses. Comezan as dúbidas. Pensas en que terías que ter entrenado máis. Pero xa non é o momento. Por fin comezas a correr! Deixas o piso no que estás aloxado desde que chegaches a Barcelona. É moi cedo. Está fresca a mañá. Menos mal que o sol alumea no ceo. Somos moitos os que imos na mesma dirección. Moitas e coloridas as camisetas que ves. Todas de clubes diferentes. Cos nomes dos heroes. Nós tamén temos as nosas! Estamos de estrea!!

Cando estás a punto de levantarte pensas no libro de Murakami: a dor é inevitable; o sufrimento opcional. E ti decidiches, xuntos cos teus compañeiros de aventura, sufrir. Sabes que non o vas a pasar ben, a pesar de querer sufrir nos adestramentos para gozar nas carreiras. Pero unha cousa é o que desexas. Outra será a realidade. Levas dous días paseando por Barcelona, unha cidade de lugares fermosísimos, climatoloxía envexable para ser marzo, gastronomía exquisita, ...levas dous días pensando en dar o primeiro paso da Marató de Barcelona, e levantar os brazos na meta! Parece que os días duran máis aínda que anoiteza antes.

A última semana pasáchela correndo menos do que xa comezabas a estar acostumado. Parece que o plan de preparación prevé reducir os quilómetros nos últimos días, para chegar con ganas á carreira. Xa che resulta raro. Xa estás moi acostumado ás caras raras da xente cando ve a un grupo, ás veces gran grupo, correndo polas rúas de Ponteareas. Caras que acentúan a súa sorpresa e provocan gritos de ánimo cando as temperaturas son xélidas ou a choiva é impestuosa. Recordas novamente a Murakami no seu clásico cando decía que razóns para correr hai poucas. Son moitas as razóns para non correr! Ou porque o traballo non o permite, porque os teus amigos te chamaron para tomar un café, porque prefires dar un paseo con alguén que fai tempo que non vés, porque estás de viaxe, … A realidade é que estás metido de cheo, sen sabelo moi ben, nun plan de adestramento para unha carreira que nunca pensaras en facer. Unha maratón, unha supercarreira, que require concentración, moita, e capacidade de sufrimento, aínda máis! Unha carreira que comezou cando algúns compañeiros se preguntaron en alto: por que non imos a correr unha maratón?? Razóns non hai. Non hai ningunha motivación real para decidirse a preparar unha carreira como esta. A pesar de que poidas dicir que correr é bo, que o exercicio axuda a levar unha vida máis sana, ...A realidade é que as razóns son demasiado persoais e inexplicables. Decidimos correr e corrimos!

Anxo M. Fernández Saborido, atleta.


23/12/10

Bo Nadal

Si, recoñézoo cada vez me custa máis abrir o blog e escribir, pode que xa non teña moito que contar ou que me esté aburrindo de escribir ou só que sexa por que non teño tempo para facelo ou un pouco de todo. O caso é que cada vez escribo menos pero non por que non estea correndo, ben lonxe da realidade, sigo adestrando duro para conseguir o reto de volver a baixar das tres horas no maratón de Sevilla.

Ademais dominado polo espirito consumista da época merquei un novo pulsómetro o Garmin Forerunner 305 e estou encantado coa compra. Levaba tempo dándolle voltas á posibilidade de mercalo pero o excesivo prezo que tiña botábame para atrás, ata que de tanto buscar e preguntar din cunha oferta no Decathlon e ata alí fun para facerme con el.

Permiteme rexistrar as distancias por gps, marcar o paso dos quilómetros, ritmo que levas, etc.

Este é un exemplo das funcións que ten. Espero sacarlle partido ao aparello. Os datos que publico do Garmin proceden da derradeira tirada longa que fixen ata o momento. Ademais empezamos coas series . Dende a anterior entrada xa fixemos series de 10x500 todas por debaixo de 1':50'' , máis 5x1500 entre 5':45'' e 5':30'' e 6x1000 entre 3':50'' e 3':34'', no medio varias sesións de rodaxes entorno aos 60' cada unha metendolle calidade sobre todo nos derradeiros quilómetros.

A pesar das festas navideñas non vou a descoidar os meus adestramentos, teño xa planeado as rodaxes e a tirada longa dominical.

Por outra banda e aproveitando as datas festivas os Taninos quedaremos para tomar un viños e celebrar deste xeito as festas, non todo vai ser correr!.

Saúde e quilómetros!!!

12/12/10

Ídolos caídos.

Cada vez teño máis claro que por pouca xente se pode pór a man no lume. Admiramos a deportistas, cantantes, actores, escritores, etc e dámoslle unha aureola como persoas por riba do normal como se fosen superhomes, cando realmente o que fan ben, e por iso os admiramos, é o seu oficio, nada máis, non por iso teñen que ser persoas escepcionais. Isto hai tempo que o teño claro, se me gusta un cantante valóroo como tal e logo na súa vida privada non entro a valorar o que fai ( coa escepción de que cometa algo penado pola lei ). Pero cando se admira a unha persoa polo seu oficio e logo descubres de que é un tramposo a cousa cambia e isto é o que me ocurriu co caso da "Operación Galgo". Ata que non haxa sentencia todos son inocentes pero a cousa pinta verdadeiramente mal, é difícil comprender que a unha persoa que se lle acusa de suministrar substancias dopantes a outros deportistas non as consuma, en fin!.

Con respecto aos meus adestramentos de cara ao Maratón de Sevilla esta semana tiven que facer cadrar os adestramentos cunha viaxe de vacacións . O domingo e o martes saltei da cama moi cedo (7:45 h.) para poder sacar unha horiña de adestremento cada día. Facía moito frío o domingo pero iso non foi impedimento para sair a correr. Mentres me puña a roupa pensaba que o meu debía ser grave cando estando de vacacións era quen de erguerme da cama tan cedo, e con tanto frío, para correr. Xa correndo puiden comprobar que a miña efermidade é contaxiosa por que vin a outros individuos facendo o mesmo ca min.

Xa de volta, o xoves tocou un adestramento de calidade, que consistiu en 25' suaves para despois facer 30' de cambios de ritmo. O sábado foron cinco series de 1500, todas entre 5:30 e 5:45 e para rematar a semana case vintedous quilómetros o domingo, nunha hora e corenta minutos. Estes adestramentos déixanme moi satisfeito do meu rendemento, a falta de dous meses sigo gañando en sensacións.

Como non somos profesionais seguiremos desfrutando deste deporte.

Saúde e quilómetros!!

30/11/10

Taninos Runners Ponteareas

Xa somos asociación deportiva. Hoxe deuse un paso máis. Despois de asinar os estatutos e nomear á xunta directiva aproveitando a xuntanza do grupo nunha cea e tras pagar as taxas correspondentes, hoxe foi entregada a documentación no Rexistro da Xunta de Galicia, e á espera da aprobación dos estatutos podemos conseiderarnos un club deportivo. O de federarse non é un obxectivo a curto prazo, nin a medio pero organizarnos como club é un xeito de sentirse mellor organizados.

Como socio fundador e presindente electo deste club espero que isto sirva para crecer como grupo.

O primerio encargo como presidente foi o de reservar apartamentos en Sevilla para os días do maratón e podo anunciar que xa temos aloxamento no centro da cidade.

Respecto aos adestramentos seguimos dándolle duro a pesar das ceas e celebracións varias. Teño que ir axustando os adestramentos e os compromisos socias típicos destas datas como o ter que cambiar o día da tirada longa ao sábado o que me obriga a facela en solitario e a verdade boto de menos as saídas en grupo dos domingos pero creo que por unha cousa ou por outra nas seguintes tres semanas terei que facelas así.

A semana pasada fixemos o martes a rodaxe e o mércores unhas series de costas ( 8 x 1' ) que me deixaron as pernas "quentes " de máis, durante o resto da semana as pernas estiveron doloridas. O venres estoume acostumando tamén a adestrar ao medio día, xa o probei unhas cantas veces e non me disgusta a experiencia, obrígame a axustar os meus horarios pero así permíteme descansar unhas cantas horas máis e poder facer a tirada longa o sábado pola mañán.

A vindeira semana coa ponte da constitución vou a variar o adestramento xa que me vou adesprazar e terei que buscar unha horiñas para adestrar. Xa vos contarei se o consigo. De momento e grazas ao "google maps" xa localicei un sitio onde poder adestrar alá a onde vou a pasar a ponte.

Saúde e quilómetros!!

21/11/10

III Carreira Benéfica Fundación Óscar Pereiro (Mos)

A tarde presaxiaba chuvia mais se ben caíron unhas pingueiras antes e despois da carreira, a cousa non foi para tanto. Unha carreira organizada cun fin benéfico e por tanto canto maior fose a participación máis cartos para a causa. Seica se bateu a marca de participación, a organización non se cansaba da anunciar pola megafonía a participación de mil cincocentos corredores, entendo eu entre os cativos e os maiores. Na carreira de adultos a participación rondou os mil corredores entre os que estabamos os taninos Isma, Edu, Robert, Victor, David, Maxi e o reaparecido Sito, co que non coincidiamos nunha carreira dende había tempo, e un servidor.

A carreira retrasouse un chisco polas categorías inferiores o que fixo que case nos collera a noite. Debido a este retraso o quecemento foi malo, moita xente, algo de chuvia, moitos paróns para falar co Rama que nos veu a animar, etc. Con todo isto cando nos fomos a situar na liña de saída vinme moi atrás, non é que pensara facer unha marca estratosférica pero saír tan atrás impediume empezar a correr ao meu xeito ata o km. 2 xa que tiven que ir sorteando corredores por unha pistas demasiado estreitas para o número de corredores que había.
Con todo tampouco me sentía moi lixeiro, o que é lóxico por outra parte xa que esta semana non descoidei os adestramentos pertinentes, incluídas as series de costas que me deixaron as pernas doridas. Tratei de facer unha carreira de menos a máis e creo que o conseguín, cando me vin libre para poder correr fun marcándome metas pequenas: vou a superar a aquel de camiseta azul, despois a rapaza aquela e así ata meta. Fun incrementando o ritmo quilómetro a quilómetro e rematando forte e facendo a derradeira costa a moi bo ritmo o que me deixou moi satisfeito a pesar de non facer un tempo moi bo ( tempo neto 40':15''). Boa proba das dificultades para correr nos primeiros kms. foi que na clasificación final aparecen case que vinte e cinco corredores con peor tempo neto ca min por diante.
A clasificación pódese ver aquí

Os Taninos chegaron por esta orde :


Sito : posto 81
Isma: posto 85
Edu : posto 98
Xose : posto 197
Maxi: posto 276
Victor: posto 293
David: posto 327
Robert: posto 381

E o domingo a miña primeira tirada longa da temporada en compañía dos taninos, sen case descanso e en menos de vintecatro horas fixemos un adestramento de un pouco máis de hora e media para facer case vinte quilómetros. Con isto, que non é pouco rematou a semana cinco, xa só quedan para Sevilla doce semanas de duro adestramento.

Saúde e quilómetros!!


14/11/10

XXXIV San Martiño ( Ourense)



XXXIV San Martiño



Semanda de adestramentos marcada pola celebración desta tradicional proba que pasa por ser unha das máis populosas con case tres mil corredores chegados a meta na carreira de adultos.

Cumprindo o meu plan de traballo non fixen ningunha variación para preparar a San Martiño, se exceptuamos a estrea da nova adquisición de zapatillas unhas Saucony Triunph 7 que vou a empregar só para adestrar.
Cinco foron as sesións : dúas rodaxes dunha hora, unha de series de costas, outra de cincuenta minutos e o domingo a competición de dez km.

O día das series foi o máis difícil non só por ter que facer costas senón que ademais tiven que facelas só xa que os demais taninos ou ben non puideron adestrar uns ou ben fixeron series de mil os outros. A pesar disto cheguei moi contento a casa por facelas a moi bo ritmo.


Da carreira do domingo tamén estou moi satisfeito por opter un resultado mellor do esperado. Na compaña de oito taninos chegamos a Ourense con tempo suficiente par recoller os dorsais, tomar un café en compañia de Roberto Feijoo e cambiarnos par enseguida iniciar o quecemento.

Quince minutos antes do inicio xa estabamos preparados a poucos metros da liña de saída. Puxénmonos preto da valla o que nos permitiu sair bastante libres polo carril dereito para ser unha carreira con tanta participación.
Non quixen cegarme na saída e por iso deixei marchar po diante a Edu, Isma e Dani. Fun controlando o ritmo a través das pulsaciónse tomando como referencia a un corredos veterán. Nos pasos quilométricos ía comprobando que o meu ritmo rondaba os 4 min/Km e ía bastante ben de sensacións. No paso do quinto quilómetro ía sobre os 20 min e pouco. A partir da aí empecei a incrementar o ritmo. Desfrutaba da carreira, ía cómodo de pulsacións e de pernas. No km 8 vexo por diante a Dani mais non quixen cegarme na súa persecución, esperei ao km 9 par apretar un chisco máis e conseguir pórme ao seu carón xa sobre a ponte romana, pero foi verme e pegar un cambio de ritmo ao que non fun capaz de responder. Tempo final neto 39':32'' , trinta e poucos segundos máis que na edición pasada pero con mellores sensacións e sufrindo a metade.

Os taninos optivemos os seguintes resultados:
posto tempo neto
Edu 214 37:50
Isma 259 38:33
Dani 357 39:31
Xose 363 39:32
Victor 712 42:48
Robert 801 43:22
David 837 43:01
Anxo 1040 44:39

Resultados oficiais aquí.

Valoro moi positivamente este resultado, levo tres meses adestrando dende a lesión e xa conseguín baixar de catro minutos quilómetro.

Despois da carreira veu o terceiro tempo e sendo domingo e en Ourense o manxar a degustar non podía ser outro que o polbo á feira, regado dun bo albariño, magnífica idea esta de combianr deporte e gastronomía.

A vindeira semana, amais de seguir a preparación do maratón imos a particiapar na III edición da carreira popular benéfica fundación Óscar Pereiro en Mos unha proba con fins benéficos e da que gardo un bo recordo xa que na edición anterior conseguira baixar dos 38 min.

Sáude e quilómetros!!

06/11/10

Sevilla, restan 16 semanas.

Como xa anunciara en entradas anteriores púxenme a preparar o maratón de Sevilla a celebrar o 16 de febreiro de 2011. E polo tanto houbo que emepzar a facer rodaxes longas e series de forza. De feito en compañía de David e Dani Bargiela o mércores pasado "asaltamos" por primeira vez nesta tempada a tan termida costa da "matahomes" para quen non a coñeza o nome dío todo. É unha costa de máxima pendente que tivemos que subir en tres series de sete repeticións para facer un total de vinte e unha, rematando cada serie cunha recta de 100 m.
Ademais destas series nos demais días fixen rodaxes dunha hora o martes e o venres mentres que o sábado fixen a tirada longa que se me foi a unha hora corenta minutos.

O venres probei a correr a outra hora da que estaba acostumado, normalmente adestro a partir das nove da noite, despois da xornada de traballo, pero desta vez experimentei a facelo ao medio día. A iso da unha, cando remato a xornada laboral de mañá fun ata o ximnasio alí cambieme e saín a correr por Vigo ata facer a hora. Deume tempo de baixar ata Castrelos e comprobar que hai máis xente coma min de tola e que aproveita esa hora para facer deporte. Tras rematar de correr volvín ao ximnasio e fixen unha breve sesión de pesas, abdominais e estiramentos. A experiencia non estivo mal, teño que organizarme mellor pero de seguro que a repetirei algún que outro venres.
A tirada longa tamén a variei, normalmente faise o domingo pero desta vez optei por facela o sábado. Saín acompañdo de Edu que ía a facer series ata as instalacións de Pardellas, acompañeino ata alí e metres el facía as súas series eu fixen a miña rodaxe nas mesmas intalacións para ao rematarmos regresar xuntos. Total dos 90' que tiña previsto fóronseme ata 100' a ritmo suave.

O mellor da semana non foi un aspecto deportivo senón a comida que algúns dos taninos fixemos en Vigo no "Bar El Puerto" , espectacular homenaxe a que nos dimos con uns suculentos pratos de peixe regados de bos viños galegos, así é doado coller folgos para as carreiras!.

A vinderia semana remataráse coa nosa participación na XXXIV edición da San Martiño ( Ourense), carreira que non me altera os plan de adestramento xa que neste prevese para ese día unha competición de 10 Km.


A esta proba non vou con moitas pretensións no que a facer bos tempos, vou a sair a competir pero son consciente de que o meu estado de forma no é o óptimo por iso se rondo os 40' sería un resultado excelente.

Saúde e quilómetros!!

31/10/10

Ostras ! e como chovía!


Non, non é a mesma foto que se pode ver dúas entradas máis abaixo, é que isto de ser taninos "mola"; como se di : non todo vai ser correr!. Esta foi a homenaxe que nos dimos os catro bravos taninos ( Edu, Victor, Robert e un servidor ) que nos desprazamos ata Santiago a correr a XXXIII carreira pedestre.

Chovía ao saírmos de Ponteareas e parecía que o tempo na capital ía a estar mellor, de feito ao baixar do coche e ir ata o Obradoiro a buscar os dorsais deixara de chover. De camiño saúdamos aos irmáns Abreu e algún coñecido máis que atopamos na entrega dos dorsais. Inmediatamente tivemos que ir a cambiarnos, a carreria empezaba as 10:00 e non as 10:30 como pensabamos antes de partir. Por isto o café foi breve, e rápido a cambiarse . Dez minutos antes de inciar a proba xa estabamos na liña de saída, e nisto, empezou a chover, miudiño pero mollaba igual. Eu decidira sair cunha camiseta de algodón vella por riba da Tanina para cando entrara en calor, sacala, sabia decisión.

Deuse a saída, a carreira tiña que ir de menos a máis por iso decidira ir en compaña de Robert. Edu saíu adiante entre as gacelas e Victor colleu un ritmo superior ao noso e enseguida perdímolo de vista.
Nos primeiros km. fun controlando, non perdendo de vista a Robert. Así chegamos á Praza de Galicia onde nos saudou Óscar Ledo ( compeñeiro de adestramentos nas noites ponteareás ) que tamén ía na carreira. O descenso polas rúas molladas facíase un tanto perigoso, había que ir con moito tento de non cair. Xa na Avda. Santiago de Chile empezabamos a subir e Robert empezaba a sufrir, así e todo seguiume ata a entrada no Campus Sur onde o perdín, tras botar un par de olladas cara atrás e non velo cambiei un chisco o ritmo e deste xeito antes de sair do Campus xa dera alcance a Victor.
Fomos xuntos polo Pombal e Galeras onde as obras fixeron que o circuíto sufrira un cambio significativo, xa que nos obrigaban a subir a Costa de San Francisco , onde estaban Maxi e a súa moza Lorena vendo a carreira e animándonos, para despois baixar por Pelamios e pasar polo entorno do Auditorio de Galicia e así entrar na temida costa do Vite ( na miña opinión este cambio de recorrido fixo que a quilometraxe fose maior).

Xa na subida, baixei un punto o ritmo, non quería chegar sen folgos ao cumio. Aínda así non paraba de adiantar corredores. O descenso foi a tope, encántame este treito da popular de Santiago, correr por esas rúas empedradas con tanta historia é impagable. Ademáis pasáse por diante da Facultade de Historia na que pasei os mellores anos da miña vida como estudante.



Paso pola Facultade de Historia

Ía tan ben que me permitín o luxo de prepararme para a foto, sei que todos os anos se tiran fotos nesa zona polo que me acicalei para sair así de ben na foto ( jeje).

Volvendo á carreira o trascurrir por estas rúas é vertixinoso, praza da Universidade, Orfas, Toural, Rúa Nova, Praterías e por fín a Praza do Obradoiro. Todo este treito adiantando corredores e entrando en meta esprintando. Os tempos oficiais foron os seguintes :


Puesto
Z-A A-Z
Dorsal
Z-A A-Z
Cat.
Nombre
Z-A A-Z
Club
Z-A A-Z
Población
Z-A A-Z
Ritmo Km.
236
00:48:16
3623 L Eduardo Pino Martinez Taninos Runners Ponteareas Ponteareas 00:04:02
546
00:52:02
3622 M Xosé Manuel Carrera Carrera Taninos Runners Ponteareas Ponteareas 00:04:21
664
00:53:12
3621 M Victor Manuel Carballido Araujo Taninos Runners Ponteareas Ponteareas 00:04:26
832
00:54:35
3861 L Roberto Gonzalo Alvarez Taninos Runners Ponteareas Ponteareas 00:04:33

Estes son os tempos de carreira, os tempos netos son inferiores, no meu caso de 51':25''. Cando sexan publicados por champiochip, colocareinos aquí.

As sensacións foron moi boas, a diferencia da media de Pontevedra a esta carreira fun máis concentrado, ben descansado e planificando mellor a proba, e así saíu.

Agora a seguir coa preparación para Sevilla, mentres iremos tamèn á San Martiño.
Que manxar degustaremos despois da carreira? Disto e todo o referente as carreiras seguirase informando.

Saúde e quilómetros!!!


30/10/10

Obxectivo Maratón de Sevilla 2011.

Despois da autoflaxelación que significou a anterior entrada deste blog, seica un pouco excesiva vista dende o paso do tempo pero froito das sensacións feitas en quente, quero empezar esta entrada sendo máis positivo e contar que conclusión saquei dese fiasco.

Tomei a decisión de empezar a preparar xa dende esta semana pasada o XXVII Maratón de Sevilla . Para que atrasar a preparación? para que preparar outras carreiras de menor distancia? se non vou conseguir nada meritorio, tratar de baixar de 40' na San Martiño non me vai a proporcionar nada especial, ademais estou seguro de que non o lograría polo que decidín centrarme no obxectivo principal desta temporada : volver a baixar das 3 horas nun matarón. E para isto hai que adestrar a conciencia, as cousas non saen por que si, sen traballo non se pode conseguir de aí que xa esta semana pasada tomei o plan de adestramentos e empecei a seguilo. Estou falto de fondo e preparar carreiras de 10 Km. non me vai a dar o que busco.

Por esta razón xa levo acumulados case 50 km. de trote suave, a falta da carreira de mañán domingo en Santiago que penso tomar como un adestramento de calidade máis. Desta carreira e de todo o demais seguirei escribindo en próximas entradas.

Saúde e quilómetros!!

24/10/10

A peor carreira da miña vida !

Ou historia dun sufrimento, así tamén se podería titular esta crónica. Falto de adestramentos, sen preparación, sen descanso, pasando unha mala noite, todo presaxiaba que a carreira non podía sair ben. Ir ata Pontevedra a correr a XV media maratón non foi unha boa idea. A cabeza non me debe rexer ben cando con todos estes precedentes decidín apuntarme á carreira e participar.

Ata Pontevedra fomos Tista, Edu, Isma, Victor, Maxi, Robert, un servidor e na cidade capitalina esperaba Rafa Dios. O día climatolóxicamente falando non parecía malo, non chovía e tampouco facía frío ( en torno aos 16º ). Chegamos cedo, collimos os dorsais e a camiseta e fomos a tomar un café para media hora antes cambiarnos e empezarmos o quecemento. Antes de empezar a quecer xa non me atopaba ben, notábame cansado, non durmira ben, posiblemente por un té que tomara a noite anterior.

As 10:30 en punto deuse a saída. Decidira seguir o ritmo de Victor e Maxi; Edu e Tista ían moi por diante buscando mellor marca persoal. Pensei que podería seguir ese ritmo a pesar do pouco fondo que teño adestrado, ía a ritmo de 4':10'' /km. Así aguantei durante toda a primeira volta pero cando empezabamos a segunda ( km 11 ) díxenlle a Maxi que empezaba a atoparme mal. Deixoume e seguiu a ritmo mentres eu empezaba a notar o cansazo. No km. 12 fun alcanzado por un grupo comandado por unha rapaza que decía estar preparando o maratón de Porto, conseguín recuperar sensacións e seguir ese ritmo. Pero ao chegar ao km. 16 a lousa caeume enriba, as pernas non ían, a cabeza pensaba na retirada. Decidín esquecerme do reloxo e tratar de rematar fose como for. Rebasábanme ata os caracois, mellor dito era superado por aqueles que conscentes das súas posibilidades fixeran unha carreira de menos a máis, tal e como facía eu cando empecei nas carreiras, e agora ben a miña autocrítica : hai non moito eu facía igual, saía reservón para ir atopandome mellor e incrementando o ritmo. Se hoxe o fixese así non estou seguro de que tivera conseguido mellor tempo pero si o estou de que as sensacións coas que rematei serían ben outras, pero claro agora xa non quero ir a unha carreira a rematala ,quero ir a facer boa marca e isto sen adestramento é imposible, en fín outra para aprender!.

Os derradeiros km foron un autentico sufrimento, non tiña forzas máis que para mover as pernas sen variar ritmos, como un autómata. Xa nas pistas do estadio cando a penas faltaban 100 metros atopei a Edu, Isma e Victor que xa levaban tempo esperando dándome ánimos que agradecín por que realmente facían falta. A entrada en meta foi unha liberación, teña os pés como durmidos e doíame ata o peito.

Teño que sacarme o sombreiro ante os demais Taninos, todos conseguiron boas marcas destacando a espectacular marca de Tista (1:18:23) e a non menos espectacular de Edu (1:21:40). Isma fixo 1:24:25; Victor 1:28:45 ; Maxi 1:31:42 ; Xose 1:33:42 ; Robert 1: 34: 24 e Rafa Dios 1:37:46 .

Clasificación oficial da XV Media Maratón de Pontevedra

O bo do día viría no regreso a casa. Edu e Victor convidáronos en Arcade a unhas ostras regadas con bo Alvariño como ben ilustra a foto. É que non hai nada mellor que afogar as penas cun bo viño



Agora teño dúbidas con respecto a ir ou non á carreira de Santiago, paseino tan mal hoxe que me estraron dúbidas. Mañán seguro que penso distinto.

Fotos :




Saúde e quilómetros!!

17/10/10

Vigo +11 2010


Cuarta edición desta carreira que transcurre pola rúas de Vigo. Unha oportunidade única para correr por elas sen ter medo de ser atropelado.
O día saíu soleado, para o meu gusto un pouco quente de máis sobre todo nas zonas onde daba o sol, pero é mellor así que non baixo a chuvia como ocurriu na maratón de Ourense.

Ata Vigo fomos oito Taninos, chegamos con tempo dabondo para recoller o dorsal, tomar o café con calma, cambiarnos e quecer ben pola zona do peirao deportivo do Náutico de Vigo. Moitos corredores coñecidos aos que saudar e cos que falar, a verdade é que o día era propicio par adesfrutar da nosa afección.

Pouco antes da hora prevista puxémonos no medio do grupo de saída procurando achegarnos aos postos de arriba. Alí puidemos saudar e charlar coa gran Julia Vaquero minutiños antes de darse o pistoletazo de saída.
Deuse a saída e aproveitando a tecnoloxía do podómetro fun marcando un ritmo en torno aos 4 min/km. comigo nos primeiros km. ía Dani e un por pouco por diante Isma, máis alá Edu e Tista. Ata o km. 6 mantiven a media e comigo seguía Dani, os demais xa circulaban fóra da nosa vista. Chegando á rúa Coruña a carreira cambiou para min. Xa non ía tan solto e sabía que as costas ían a pasar factura, aquí é onde noto a falta de adestramento. Dani pasou por diante e marcou o ritmo, tratei de seguilo e conseguíno ata chegar á praza de América a partir de aí afundinme. O tramo que vai desta praza ata a praza da independencia foi o peor da carreira, sentíame un cadaver xa que me adiantaban moitos corredores, alí Dani xa me sacaba unha dianteira de cincuenta metros. Ao longo da rúa Camelias fun recuperando sensacións e tratando de incrementar o ritmo aproveitando o dun veterano corredor que me sobrepasou á altura do Concello.
Na rúa Venezuela crin que podía alcanzar a Dani, sentíame ben e iso que ía a tope. Pensar que o derradeiro km. era costa abaixo axudaba psicoloxicamente. Ao pasar polo Corte Inglés empezaba a baixada, moi agresiva, polo que había que controlarse para evitar unha lesión. Xa en Urzáiz a pendente suavizábase e agora si se podía apretar, fun incrementando o ritmo pouco a pouco e o que me sorprendeu gratamente foi que a pesar do esforzo acumulado puiden esprintar, esprint que non me chegou para alcanzar a Dani que me quitaría cinco postos na liña de meta.
Moita xente na meta animando, familiares, amigos e tamén o noso compañeiro lesionado Rama en compañía dos seus fillos maiores.


Os resultados dos Taninos foron os seguintes :

Tista: posto 37 ; 39':37''
Edu : posto 79; 41':25''
Isma: posto 81; 41':29''
Dani: posto 142; 44':03''
Xose: posto 147; 44':10''
Victor: posto 213; 45':59''
David: posto 250; 46':55''
Robert: posto 288; 47':47''

Mentres Tista non corra coa camiseta oficial a coroa segue en mans de Edu ( jeje)

Resultados oficiais da IV edición da Vigo +11

A miña valoración persoal é moi positiva, penso que aínda estou ao 75% do que podo dar e a pesar diso estou satisfeito da miña carreira. Dende a carreira de Ourense adestrei pouco por un catarro que me tivo fóra de xogo e pola viaxe que fixen por Portugal aproveitando a ponte do Pilar. No país veciño puiden comprobar a afección que hai alí ao running ,para mostra a seguinte foto.


Paseos preparados para que podas correr sen ter que escapar dos coches incluso quilometrados como se ve nesta outra foto.
Mentres nós en Ponteareas temos que adestrar por pistas mal asfaltadas con pouca ou ningunha luz e procurando non ser atropelados polos coches.

Esta semana haberá que preparar a vindeira carreria: a XV edición Media Maratón de Pontevedra. Lonxe está a posibilidade de bater a miña marca persoal en media maratón que conseguira na edición do ano pasado. Para esta ocasión conténtome con rematala dignamente ao redor da hora e media tirando para arriba máis que para abaixo pero non se poden acurtar os prazos, despois de case tres meses sen pórme as zapatillas creo que xa fago bastante.

Saúde e quilómetros a todos os lectores anónimos ou non que len este blog, creo que estas letras son máis seguidas do que cría, un saúdo para todos!!


05/10/10

IV maratón do Miño ( Ourense)



Chovía e moito!! vaia día para reencontrase coas carreiras, chovía o que non estaba nos escritos pero puntuais á cita, ata Ourense fomos os tres equipos dos Taninos. Obxectivo: pasalo ben.

Estaba claro que non iamos a mellorar as marcas do ano pasado, no meu caso estou curto de preparación, outros correron con molestias, os máis na mesma situación ca min coa excepción de Isma e Edu que están un chanzo por riba dos demais.

Chegamos a Ourense co tempo xusto de ir ata a saída, prepararse os primeiros relevos ( David , Dani e Robert) a toda velocidade e dar a saída.
Mentres os primeiros relevistas facían os primeiros quilómetros os demais aproveitamos para tomar un cafeliño quente para despois e tamén toda veleocidade, prepararse os segundos relevistas ( Xose, Anxo e Maxi ).

A min tocábame igual que o ano pasado facer o segundo relevo, esperaba atoparme moitos charcos no recorrido pero a verdade non esperaba un recorrido tan penoso como o que me atopei despois por culpa de chuvia.

Xa no posto de relevos esperamos baixo a chuvia a nosa quenda. Calculara que os primeiros farían unha hora e así foi. Primeiro chegou Dani dándolle o relevo a Anxo, de seguido David que mo deu a min e pouco despois Robert a Maxi.

Saín un chisco rápido tratando de entrar en calor e sorteando as pozas que xa se atopaban polo camiño, empecei a adiantar corredores ata que me parei a falar cos compañeiros do CARMA que ían facendo unha rodaxe longa de cara aos maratóns que teñen en vista. Deixeinos e seguín a meu ritmo, ía cómodo, máis preocupado de non mollar os pés, cousa por outra parte imposible, xa que non levaba nin dous km. e xa tiña as zapatillas asolagadas. No quilómetro cinco fun alcanzado por Maxi cando xa empezaba a divisar ao lonxe a Anxo. No seis collémolo e tentamos seguir xuntos os tres pero ao chegar ao km. 7 Anxo xa non podía seguirnos. Eu tentaba seguir o ritmo de Maxi , sabía que se queriamos gañar a carreira por equipos tiña que esforzarme en non perder tempo con Maxi. Seguino ata o km. 10 dende aí fun perdendo metros, nunca máis de cincuenta, incluso dei en alcanzalo cando me xuntei a dous corredores que viñan lanzados por detrás pero cando me acheguei a Maxi este aproveitou o ritmo da parella para aumentar o seu ritmo e deixarme definitavamente atrás cando restaban quilómetro e medio para facer o relevo.

O derradeiro quilómetro entre o cansancio, a molladura e os sube-baixa do recorrido fíxoseme eterno.

Cheguei a darlle o relevo a Edu cunha hora e un minuto, trinta segundos por detrás de Maxi que lle dera o relevo a Isma. A carreira estaba entre eles dous. Claramente Isma partía con vantaxe, non só por levar tempo de dianteira senón por que está en mellor forma. De feito non houbo loita entre eles dous, Isma marcaría en meta un tempo un minuto menor que o de Edu.
Por detrás Victor facía o que podía xa que Anxo chegou en 1:07':32'' moi lonxe de Maxi e de min.

En meta entrou primeiro Isma cun tempo total do equipo de 3:02':04'' no posto 38º (ver video da entrada en meta ). Despois entrou Edu no psoto 41º cun tempo total de 3:03':22'' ( video chegada ) . Victor entraría no posto 69º cun tempo de 3:12':15'' ( video meta).


Vindeiro reto a carreira Vigo+11 o 17 de outubro. Pero antes tomaremos uns viños na casa de Rama temos cousas que celebrar e que organizar.

Saúde e quilómetros!!

26/09/10

Maratón de Berlín

O deporte as veces produce "sin sabores", preparas unha carreira con ilusión, esfórzaste nos adestramentos e chega o gran día e as cousas non saen ben. Isto ocurríulle ao noso compañeiro Rama. Dende que rematou o maratón de Barcelona tiña especial obsesión por correr o de Berlín. E case sen descanso púxose a prepara el só esta carreira, as veces era acompañado por algún dos taninos, sobre todo Victor e Tista.

O día que tiña previsto viaxar a Berlín en compañia da súa dona, recibimos a noticia de que tivo que pasar por urxencias a tratarse unha ciática. Aínda así viaxou ata a capital alemá pero non a facer turismo senón para correr o maratón.

A través de internet, dende a distancia, estivemos seguindo a súa traxectoria na carreira, alleos ao seu padecemento. Trala carreira puiden falar con el e contoume que xa dende o km 10 as cousas non lle foron como el desexaba. De aí ata a meta foi arrastrándose. Tempo final 3 h. 56': 23''. Tempos na carreira aquí .

Xa haberá outras oportunidades para resarcirse , agora hai que pensar en recuperarse e que este esforzo no pase factura.

Por outra banda os demais estamos preparándonos para correr o día 3 en Ourense. Pola miña banda sei que chego moi xusto de adestramentos, non vou nin a achegarme aos tempos nin ritmos que logrei na edición anterior pero esta será a primeira toma de contacto coa competición.

Esta semana atrevínme coas primeiras series. Foron apenas tres de mil metros que conseguín facer entre 3:46 a primeira e 3:36 a terceira. Mentres que o sábado e o domingo fixen rodaxes superiores a unha hora. A vindeira semana farei outra sesión de series e un ou dous adestramentos lixeiros para non cargar demasiado as pernas de cara á carreira.


Seguimos dando zapatilla!.

21/09/10

Collendo ritmo

A volta aos adestramentos cos meus compañeiros foi agradable, recuperar vellos costumes, voltar a falar mentras corres, botar unhas risas... o peor é que non estou en condicións de seguir o ritmo que marcan e faime sentir un pouco mal. Son consciente de que teño que adestrar aínda moito para poder chegar ao seu nivel pero boto de menos ese estado de forma que me permitia facer un cambio nunha costa ou seguir un ritmo alto, pero xa chegarán tempos mellores.

O día 3 de outubro temos a IV edición do Maratón do Miño en Ourense. Os taninos presentaremos tres equipos na liña de saída. A diferenza da edición anterior non levamos un equipo con claras posibilidades de mellorar os tempos do ano pasado ( 2 horas 49 min.). Uns por pouca preparación e outros por que non poden asistir nesas datas a Ourense levoume a conformar tres equipos o máis nivelados posible para que, polo menos haxa un certo pique entre nós; xa que non podemos aspirar a estar entre os vinte primeiros equipos tentaremos competir entre nós.
Os equipos son :

Equipo A : Isma, Robert e Maxi
Equipo B: Dani, Victor e Anxo
Equipo C : David, Xose e Edu

Mentres non chegue o día eu sigo tratando de pórme en forma para polo menos ser quen de facer o meu correspondente relevo e non deixar en mal lugar aos meus compañeiros, para iso estou tentando de gañar fondo maís que velocidade.

Por outra banda o domingo 26 o tanino Rama vai a desfrutar dun dos maratóns máis emblemáticos de Europa : O maratón de Berlín, desexo que o desfrute e que lle saia todo o ben que desexe.

12/09/10

Reintegrado no grupo

Si, xa estou de novo no grupo dos taninos, se cadra un pouco cedo de máis, aínda non teño ritmo para poder seguir ao grupo, pero hai que ir integrándose, é unha maneira de forzar a máquina para recuperar a forma canto antes.
O xoves 9 foi a primeira vez que saín en grupo, os cinco primeiros quilómetros foron ben, o peor veu cando se encederon e houbo que apretar para seguir o ritmo marcado, costou moito e empecei a sentir o que é sufrir correndo, xa me esquecera desa sensación.

O domnigo volvín a sair, esta vez con Dani, co obcectivo de facer unha hora e abofé que a fixen pero como rematei o que me custou é outro tema, non sei se foi por ter durmido pouco, pola calor ou polo que fose pero xa dende o principio non tiña boas sensacións. Buscamos un recorrido case todo de terra con transicións de asfalto entre tramo e tramo, total 12 km. Cando se cumpliu a hora xa estaba agotado, literalmente agotado, ía co piloto de reserva en vermello. Cando se fixeron os 12 km. parei, dixen basta, xa non podía seguir.

Agora a recuperar xa que o martes toca volver co grupo e a ver que sorpresa me teñen reservada por que estes tíos van como motos!!!

Por outra banda xa teño data para estrenarme nas carreiras, será o 3 de outubro formando parte nun equipo que fará a maratón do Miño. Catorce quilómetros que a día de hoxe non me vexo capacitado para facer pero aínda quedan días para gañar fondo.
Esta semana temos que facer os equipos e inscribirnos, se todo vai ben os Taninos inscribiremos catro equipos.

Xa veremos como vai o asunto.

Saúde e quilómetros!!!

01/09/10

A volta ao asfalto.

Levo xa dúas semanas adestrando en compañía de David, e a verdade é que custa moito volver a ter ritmo. A primeira vez que me puxen as zapatillas, as pernas pesaban o dobre, algo así como se a gravidade da terra fose maior que hai tres meses. O ritmo que acadei non baixaba dos seis min/km, e que dicir da dor de pernas. Na parte positiva a planta do pé non deu problemas.

Pouco a pouco imos collendo ritmo, cada día que saímos a adestrar aumentamos un pouco a distancia, mentres que o tempo de carreira vaise mantendo e isto móstra certa melloría.

Aínda está lonxe no tempo e na forma o poder participar nas carreiras, gustaríame a final de mes estar xa facendo series pero para isto antes hai que ir gañando fondo. Por outra banda tampouco debo acelerar a recuperación por medo a recair na lesión.

Sen présas pero sen pausa!!

A final de mes o tanino Rama vaise a enfrontar ao maratón de Berlín. Sei que o está preparando con moita dedicación e desfrutando que é o importante. Dende aquí o meu ánimo, quen sabe se cadra para o ano son eu o que vai a Berlín ( estaría ben eh? )

Saúde e quilómetros

18/08/10

Permiso para correr

Despois de dous meses e medio sen poñerme as zapatillas hoxe vou a sair a trotar. Visitei ao podólogo e díxome que estaba en condicións de sair a probar como respondía o pé. Levo cinco semanas seguindo o tratamento que me marcou e creo que deu resultado, polo menos xa non me doe ao camiñar.
Foi decirme que podía correr e xa marcarme un plan de regreso ao asfalto.
As indicacións que me deu o podólogo son as de empezar a trotar por superficie chá e branda, e dicir, por terra.
Hoxe farei a miña primeira saída camiño da Freixa, entre vinte e trinta minutos, pouco a pouco vou tentar coller ritmo sempre e cando a lesión non volva a dar a lata.
Tan pronto como remate esta entrada vou a pórme a roupa deportiva , calzarme as zapatillas e a ver que pasa.

Seguirei informando.

Saúde e quilómetros!!!

13/07/10

Visita ao podólogo

Levo máis dun mes parado, as molestias non remiten, máis ben continúan igual que cando empecei. É como se o descanso non servise de nada, como se a fisoterapia tampouco fixese nada por mellorar a lesión. Cada vez que forzo o pé, camiñando pola area da praia por exemplo, ao día seguinte estou con dor, non digamos se estou moitas horas de pé. Por isto tomei a decisión de visitar ao podólogo. Xa sabedes a miña opinión sobre as plantillas pero a pesar disto fun ao podólogo iso si, pouco receptivo a este tipo de solución.

Fun atendido, previa cita, inmediatamente, apenas tiven que agardar. O podólogo , un rapaz novo emoi atento, escoitou a relación dos feitos, acompañaba a miña explicación cun par de zapatillas bastante desgastadas coas que empecei a ter dores no talón do pé.
Tras unha exploración, na miña ignorante opinión, bastante exhaustiva explicoume cal era a causa das miñas dores: a miña esaxerada pronación do pé dereito, nada que non soubera xa.
Chegamos pois á solucións ao problema. O podólogo ofreceume dúas posibilidades, unha agresiva outra conservadora, pero antes fíxome unha pregunta con trampa : queres empezar a correr o antes posible ou prefires esperar? loxicamente respondín que desexaba empezar canto antes, aquí estaba a trampa, xa que para isto había que optar pola opción agresiva que non era outra que "usar plantillas". Agora tocoume a min facer a pregunta trampa : se en toda a miña vida non tiven problemas coa miña forma de andar, por que teño que variar esa forma con plantillas correctoras? .Tras debater brevemente sobre as plantillas deixeille claro que non me convencía o seu uso, prefiro empezar a correr en setembro que sufrir un proceso de adaptación ás plantillas.

En que consite a solución conservadora? en seguir cinco pautas. 1º reposo absoluto, nin caminatas, nin bicicleta, nin elíptica, nin por suposto permanecer moito tempo de pé. 2º antiinflamatoiros ( ibuprofeno) vía oral tres veces ao día ( cada oito horas). 3º uso de taloneiras de silicona en ámbolos dous pés. 4º aplicar frío como mínimo unha vez ao día, cunha botella de auga conxelada masaxear o pé . 5º estiramentos, estirar tanto a fascia plantar como os xemelgos e isquios.
Esta é solución pola que optei e que penso levar á práctica. Nun mes voltarei á consulta e veremos cales son os resultados, mentras tanto a actividade deportiva vaise reducir aínda máis xa que no ximnasio só poderei facer musculación do tren superior, a ver se me vou a pór cachitas!!!

Para rematar esta entrada non me podo esquecer da tremenda churrascada que o sábado día 10 de xullo organizamos da casa do Tanino Rama. Alí xuntámonos máis de trinta persoas entre taninos, taninas e taninitos. Desfrutamos dunha agradábel xornada gastronómica que espero se repita. Grazas ao anfitrión á súa dona Mónica por abrir a súa casa a esta panda.


Saúde e quilómetros

27/06/10

Campionato de España por autonomías.

O sábado 26 de xuño acudín ata as pista de atletismo de Balaídos ( Vigo) para desfrutar dunha xornada de atletismo en pista. Celebrábase este campionato en xornada de mañán e tarde. Por unha vez que se pode ver una campionato deste tipo tan perto da casa quixen ver todas as probas, por iso fun a pasar o día a Vigo.
Participaban as seleccións de Andalucia, Cataluña, Galicia, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Valencia, Madrid e Pais Vasco, esta última só en categoría feminina, as demais en categoria masculina e feminina. Foi unha boa xornada. Nas dúas categorías disputaron a vitoria Andalucía e Cataluña saíndo vencedora en ámbalas dúas categorías Cataluña. Emocionante foi a desputa dos equipos masculinos onde a falta do relevo de 4x400 final a distancia en puntos era de tan só dous e nos derradeiros metros o relevista catalán adiantou ao andaluz.

Por parte do equipo galego moi ben en masculina quedando terceiros e vencendo en xabalina, triple salto, Martelo, 800 m., 1500m. e 3000 ( espectacular recta final de Lolo Penas ). En categoría femenina tamén estivo moi acertada a delegación galega logrando un quinto posto despois de ascender o ano pasado. Venceron nas probas de 100 m. valados, 1500 m e en xabalina.


Na xornada de mañán destacar o cinco mil femenino onde arrasou Alexandra Aguiar, e o masculino no que o maratoniano José Rios fixo segundo. Tamén participaron o marchador García Bragado e a pertiguista Naroa Aguirre; pola tarde puidose ver en acción ao campión de España de 100m. ( Angel David Rodríguez), Concha Montaner en salto e algunha figura en cernes que dará eu falar en vindeiros campionatos.
Na segiinte ligazón pódense ver os resultados de todas as probas:

Resultados Campionato de España de Federacións autonómicas

26/06/10

Personas para Firefox | Fonghirunnig

Se algune de vós emprega o navegador Mozilla Firefox pode empregar a `personalización que fixen da barra de ferramentas . Buscando algunha que fixera refencia ao mundo do runnnig non atopei ningunha polo que decidín facer unha. Se vos queredes facer con ela entrade na seguinte ligazón :


Personas para Firefox | Fonghirunnig

21/06/10

Actualizar o blog

Non teño novidades deportivas, sigo tentando recuperarme da fascite plantar ,polo que aproveito para darlle unha volta ao deseño desta páxina servíndome dos novos deseños que blogger.com facilita aos blogueiros , de aí que dende hoxe estrene novo deseño se ben de momento as demais seccións seguen do mesmo xeito.

No que respecta ao meu pé dereito podería decir que vai mellor, podería pero non é así, ou iso me parece. Hai días que non teño molestias, non me doe nadiña, todo é optimismo pero ao día seguinte este optimismo trócase en pesimismo por que a planta do pé volve a inflamarse, por que volven as dores no talón ou na fascia...

Pero tamén é que empezo a me coñecer e sei que son moi impaciente que quero remedios rápidos, non entendo que, se fago o que se me indica para que mellore da lesión, esta non dá mostras de mellorar nin de querer abandonarme. Por iso me desespero e pola miña cabeza pasa buscar outros remedios. Mais de algo serve empezar a tomar conciencia de un,:tranquilidade todo se andará, todo ten o seu discurrir, isto é o que penso agora. Polo que tomei a decisión de seguir co tratamento fisioterapéutico e reducir ao máximo as posibilidades de ter que forzar o pé.
Como consecuencia deixarei de facer bicicleta e elíptica no ximnasio e farei só remo para manter o exercicio aeróbico.

Desboto a idea de pasar polo podólogo por que xa sei cal vai a ser o remedio que me de: plantillas. E non quero plantillas, non quero ter que readaptar a miña pisada e a miña forma de andar e correr.

Mentras tanto sigo gañando peso, hai que ver o que tardamos en baixar de peso adestrando e o rápido que se gaña se deixas de adestrar, e se ademais segues comendo o mesmo ou facendo vida nos bares pois peor se pon a cousa pero tampouco pasa nada non son profesional do atletismo e xa baixarei os quilos demais cando empece a darlle forte á zapatilla.

Seguiremos informando. Saúde e quilómetros!!!

13/06/10

E agora, de que escribo?

Estou lesionado, non podo correr, non podo competir, non teño obxectivos a curto prazo e polo tanto non teño carreiras das que facer a crónica, nin adestramentos que comentar e podía coller unhas vacacións nesta actividade de escribir pero teño unha obriga con este blog.

O día 11 de xuño tivemos unha cea de equipo, xuntámonos doce taninos e un invitado de luxo : Dani Bargiela. Foi unha xornada festeira agradable, falamos, rimos, comimos e tamén bebimos ( algún fixo marca persoal jeje). Pasámolo ben. Nas conversas saiu o tema deste blog que pasa xa por ser o Diario Oficial dos Taninos, de aí que vexa "obrigado" a seguir o día a día desta tropa, e de paso dar conta da evolución da miña lesión ( por se lle interesa a alguén).

Con respecto a vida deportiva do equipo cinco Taninos ( Edu, Isma, Rama, Victor e Maxi) participaron na carreira de Cambados Os resultados pódense ver nesta ligazón : II carreira Popular Concello de Cambados. Destacar o estado de forma de Edu que mantén un ritmo estupendo. Isma e Rama baixaron dos 40' e Victor e Maxi ( que correu co meu dorsal e chip) chegaron xuntos en 41' e medio. Boas marcas a estas alturas de temporada.

A miña lesión é o que loxicamente me preocupa agora. Esta semana non o pasei ben, molestias e incluso dor agudo ao andar, dá igual que lle poña xeo e antiinflamatorios, en toda a semana ningunha melloría, por iso volvín á fisioterapeuta tras descartar, de momento pedir cita no podológo por que sei o que me vai decir que teño que pór plantillas e esta posibilidade non é unha solución que de momento esté por aplicar prefiro repito de momento tentar outras solucións. No fisio aplicáronme unha vendaxe compresiva que me aliviou moito se ben me obrigaba a pisar de xeito diferente. Cando retirei a vendaxe as molestias volveron. Nesta semana volverei á fisio para vermos como evoluciona a lesión.

No relativo á vida festivo-deportiva xa temos novos retos: A primeira churrascada tanina que se celebrará o 10 de xullo, o camiño de Santiago en bicicleta o 4 de setembro e o maratón de Valencia o de febreiro, e por suposto as carrerias que se tercien polo camiño.
II Popular de Cambados

Saúde e quilómetros!!

07/06/10

Vou a parar.

Si, vou a parar, debo parar! o meu pé dereito así o demanda. Tras estar unhas semanas con lixeiras molestias no talón , estas pasaron de lixeiras a agudas impedíndome incluso andar con comodidade. Como é posible que esté en camiño de ter unha fascite plantar optei por consultalo cun profesional. Despois de visitar á fisioterapéuta, esta recomendoume xeo e antiinflamatorios e seguir facendo vida normal pero no derradeiro adestramento, seica por estar a zona tocada pola terapia da fisio ou por que se agudizou a lesión, a dor fíxose insoportable obrigándome a deter a carreira.

É preferíbel para agora e recuperarse ben que provocar unha lesión maior que me teña no dique seco máis tempo do desexado. Irei vendo como evoluciona a lesión pero a miña idea é non sair a correr en dúas semanas e realizar máis traballo no ximnasio para compensar. Tras este tempo de inactividade verei de volver a trotar. Nada de carreiras de momento, nin Cambados á que xa estaba inscrito, nin redondela e xa veremos San Xoan de Vigo e a nocturna de Celanova.

Como vén o mundial de fútbol enriba este parón será fácil de levar, ou iso espero!.

O venres 11 teremos cea dos Taninos, boa oportunidade para facer repaso á temporada e establecer novos obxectivos.

Saúde e quilómetros!!

30/05/10

X Memorial Manuel Barros de Gondomar.

Nestas dúas últimas semanas non deixei de saír a correr, menos días menos quilómetros pero algún día con moita intensidade, sobre todo cando algún dos meus compañeiros de adestramento se lle dá por imprimir ritmos altos e se desata unha competición camuflada de adestramento. Isto tamén serve para ir gañando a forma.
Non adestro pero si compito, levo case tantas carreiras neste último mes como nos catro meses anteriores, estou saíndo a participar sen obxectivos previos se esceptúo o de tratar de non sufrir demasiado.

Deste xeito fun ata Gondomar acompañado dos Taninos Isma, Victor e Rama. A diferencia da edición anterior, nesta a calor non fixo aparición. O ano pasado pasei moita calor nesta proba e prometinme non volver a correla se había moita calor, por iso ata que as previsións metereolóxicas non garantían un tempo agradable para correr, non fixen efectiva a miña inscrición.
Poucos minutos antes da 19:30 deuse a saída, tan rápido que me colleu un pouco desprevenido. Saímos xuntos os taninos. Rama enseguida se encendeu e xa no km 1 ía por diante seguido de Isma quen poría un ritmo constante difícil de seguir.
Camiño do km 4 dou alcance a Rama a quen non perdera de vista, decidira, coñecedor do circuíto, facer unha carreira conservadora, sen queimarse dende o principio e esperando á segunda parte para probar as miñas forzas. Do catro ao cinco o recorrido pica para arriba e fíxenos en compaña de Rama. A partir do 5 ( 20':29'' ) foi cando apretei un pouco máis. Por diante levaba a Isma a medio minuto e sempre á vista e por detrás a poucos metros a Rama. Victor ía ao seu ritmo uns tres minutos por detrás. Xa na estrada da Ramallosa e camiño de Gondomar empezo a adiantar corredores a pesar de ir estes bastante espallados pola estrada adiante.
A falta dun quilómetro vexo que Rama consegue enlazar comigo, non estou para botar foguetes pero planeo non ter que chegar ao esprint con el, por iso aproveitando o inicio do último repeito cambio de ritmo e consigo despegarme del e ao mesmo tempo consigo dar alcance a varios corredores que me precedían e de paso sair gañador nesas pequenas batallas nas que eu mesmo me meto, de feito sobre a liña de meta fago o meu derradeiro adiantamento. Tempo final 40':26'' ( oficial 40:39 ) posto 74. Por diante chegou Isma no posto 67 ( tempo neto 39': 53'' ) e por detrás a só catro segundos entraría Rama( posto 77). Victor entraría cun tempo de 43': 45''( posto 158 ) mellorando a súa marca.

Con respecto ao ano pasado mellorei en tres minutos a miña marca. As sensacións finais foron moi boas, a penas sufrín e conseguín desfrutar da carreira, é a primeira vez que saio de Gondomar contento e creo que vou parte de culpa a ten que esta vez non fixo unha calor excesiva.

Os tempos oficiais pódense consultar na web de Cronotec .

Próximas carreiras : Redondela, Nocturna de San Xoán en Vigo e Nocturna de Celanova ou era de Ribadavia?? (bromas taninas jejeje)

Saúde e quilómetros.

17/05/10

Media Maratón de A Coruña.


Non quería sufrir e sufrín moito. Con esta frase podería resumir a miña carreira do domingo 16 de maio na cidade de A Coruña. Non estou en forma para sair a competir nunha media o que pretendía era ir a correr e desfrutar de correr pola Coruña pero non foi así por que me deixei levar pola competición, teño que aprender a controlarme.

Ata a Coruña fomos tres Taninos ( Victor , Edu mais eu) e Dani Bargiela ( que faría un estupendo terceiro posto). Chegamos moi cedo con tempo de sobra para tomar un café con calma, cambiarnos e quecer ben. As 10:30 deuse a saída. A carreira constaba de tres voltas a un circuíto de sete quilometros, a metade do circuíto discurría pola zona nobre da cidade pero a outra metade atravesaba a zona portuaria con pouco atractivo "visual". Na liña de saída situámonos cara atrás pero nada máis dar a saída Edu e un servidor saímos como balas, adiantando corredores a dereita e esquerda. Pasamos o primeiro Km en 4:01 e o segundo case igual, moi rápido pensei, e baixei un chisco o ritmo deixando que Edu se fose só. Os seguintes pasos quilométricos sairíanme entorno aos 4':05''. Durante as dúas primerias voltas mantiña o contacto visual con Edu, levábame unha vantaxe duns cen metros e nos xiros de 180º podiamos saudarnos e animarnos por diante ía Edu e por detrás Victor. No meu foro interno planeaba poder facer a xogada da media de Pontevedra onde a falta de seis quilómetros me lanzara a por Edu dándolle alcance e superándoo.

Mantiven esa distancia arropado nun grupiño que ía adiantando corredores, pensei que o ritmo era bo para min. No segundo paso por meta no grupo houbo unha pequena revolución, de repente alguén decidiu apretar, algúns seguimos o ritmo, outros foron caendo de maduros, o que non sabía é que eu tamén estaba a punto de madurar. No penultimo xiro, sobre o km 15 foi cando máis cerca estiven de Edu. A partir do dezaseis a cousa cambiou. Non podo falar de páxara nin de desfalecemento simplemente empecei a notar que ía pasado de revolucións. De súpeto o ritmo pasou a ser de 4':18'' , e empezou o sufrimento. No derradeiro xiro de 180º do porto pesqueiro a distancia con Edu dobrárase. Se antes pensaba que era el o que ía a "petar" a realidade agora era que o que "petara" era eu, o meu motor rebentara. De aquí a meta, restaban dous e medio quilómetros, foi sufrir e sufrir. Tratei de engancharme a un correrdor veterano que viña por detrás por pundonor, non podía permitir que me deixara atrás, era un corredor-refencia nos tempos de cando empecei a correr e non podia deixar que agora me vencese se dar batalla. Esta tozuda decisión fíxome seguir sufrindo. Na miña mente soaban as palabras de Dani Bargiela : "non corren as pernas senón a cabeza" e a cabezón poucos me ganan. Así ata meta . A douscentos metros tiro un pouco máis e a falta de dez metros o meu "rival" adiantame pola esquerda, outra pequena batalla perdida!, tempo neto final 1h:26':54''.

Na meta esperaba un máis que contento Edu, que me quitou pouco máis dun minuto. Teño que devolverlle o trono ao rei. Puxen en xogo o título e perdín, consecuencia de non medir as miñas forzas e de competir sen estar preparado.

Clasificacións : resultados oficiais

Edu- Rama : posto 127
Xosé : posto 143
Victor: posto 283

Pero a pesar disto non me arrenpinto de ter corrido nesta proba, corro por que me gusta e das derrotas tamén se aprende.

Próxima meta: recuperar a forma.

Saúde e quilómetros!!



MM A Coruña

11/05/10

MM de A Ferreirúa. A crónica




Ata A Ferreirúa no concello da Pobra do Brollón fomos a correr unha media maratón cinco taninos : Edu, Rama, Victor, Rafa e un servidor. A mañá era fría e chuviosa non moi apetecíbel para correr e menos para meternos máis dunha hora de coche pero ata alá fomos.

Chegamos ás 10:00 e alí nos esperaba unha organización que salvando as distancias e os medios empregados, tiña todo moi ben pensado : aparcadoiro, café ( de pota), baños...

Tras recoller os dorsais e beber un cafeciño que axudara a quecer o corpo fomos a cambiarnos á monovolumen de Rama na que nos desplazáramos. Ao noso carón atopamos aos membros do CARMA cos que estivemos falando un ratiño.

Algúns abrigáronse demasiado debido ao frío e a chuvia pero o tempo iría mellorando incluso a calor fixo presencia cando as nubes deron paso ao sol. Menos mal que o día non foi moi quente por que de non ser así pasaríamolo mal coa calor xa que a hora de inico da carreira foi ao meu enteder un pouco tarde.

A carreira empezou ás 11:15 horas. O obxectivo era facer toda a carreira xuntos. Nos primeiros quilómetros voltamos a coincidir cos do CARMA que levaban un plan da carreira similar ao noso. O circuito constaba de dúas voltas a un circuito de 9 Km e unha volta pequena para completar a distancia.

Na primeira volta o ritmo que levabamos permitíanos manter bromas e saudar a outros compañeiros así como agradecer os animos que nos dabán os feirreruáns. Se ben a primeira parte do circuíto era levadeiro incluso con tendencia á baixar, a segunda parte era máis ben duriña cuns repeitos que tiraban o seu.

Na segunda volta mentres baixabamos a cousa ía ben pero a medida que os quilómetros pasaban as pernas tamén empezaban a pesar e de vez en cando había que baixar o ritmo para que non se descolgase ninguén.

Tras dar a volta pequena chegamos a meta os cinco xuntos marcando o mesmo tempo : 1 h. 39': 12'' . O importante non era o tempo enón facer quilómetros e divertirse cos compañeiros. Foi unha experiencia nova para min, semellaba un adestramento dominical pero con máis corredores e con avituallamento.

Resultados da IX Media Maratón de A Ferreirúa

Ao rematar recibimos unha bolsa cunha camiseta técnica, froita, unha barriña de muesli e auga.
Como xa se facía tarde cambiámonos no coche e saímos para Ponteareas. Para a vindeira edición habería que pensar en quedarse na zona a comer.

A día de hoxe teño en mente correr en A Coruña, tentarei pórme de acordo co amigo Fernando Abreu para viaxar ata a cidade herculina.

Nesta semana tiñamos previsto facer unha cea tanina pero o triste acontecemento que afectou ao noso compañeiro e amigo David levounos a suspender esta cea xa haberá días mellores.

04/05/10

Media maratón de A Ferreirúa

Cambio de opinión. Abandono a idea de ir ata A Coruña por participar no vindeiro domingo nesta proba que se celebra na parroquia de A Ferreirúa do concello de A Pobra do Brollón ( Lugo).
A razón para este cambio de idea é moi sinxela, non me apetecía trasladarme eu só ata A Coruña e tratei de convencer aos Taninos de que me acompañasen e remataron por convencerme eles de que mellor era ir ata A Ferreirúa.

Desta proba teño escoitado e lido moi boas críticas. É unha pequena parroquía cunha asociaón de veciños moi activa que se esforza na realización desta media maratón e, paralelamente, dunha carreira de case dez quilómetros. Merece a pena comprobar en situ as marabillas que se contan.

Non vou co obxectivo de facer marca persoal, nin estou en forma nin en corpo nin en mente, e máis tendo en conta que baixei moito o ritmo de adestramentos. na semana pasada só saín a trotar tres días non chegando aos corenta quilómetros en total. Vou a pasalo ben cos meus compañeiros de equipo e co resto de participantes, será como unha saída dominical pero rodeado de moitos corredores, unha maneira distinta de adestrar.

Na noite do venres teremos a cea trimestral dos Taninos, bo momento para facer balance da temporada e empezar a visualizar obxectivos.

28/04/10

Correr en Castrelos


Por motivos de loxística ( teño o coche no taller) durante uns días quedei a durmir en Vigo e apreoveitei para ir a correr polo parque de Castrelos, lugar onde se citan os amantes do atletismo popular en Vigo.
Na tarde do martes despois da xornada laboral calcei as miñas zapatillas e ata alá me desplacei trotando, atravesando as rúas de Vigo atestadas de coches coma sempre, parando nos semáforos, pasando polo medio das terrazas que as cafeterías xa sacaron á rúa aproveitando o bo tempo. Cando cheguei ao parque aquilo semellaba á rúa do Príncipe en tempos de rebaixas, se se me permite a esaxeración. Había case un ano que non me achegaba ata este lugar a trotar e xa non lembraba o ambientiño que alí se vive.

Atarvesei a ponte, donde se concentran os corredores a estirar ou a esperar polos compañeiros, e empecei a dar voltas ao circuíto. Non estou acostumado a ver tanta xente compartindo esta afección, coa lóxica excepción das carreiras, e chamoume moito a atención a cantidade de xente que había: corredores, corredoras, andarines, ciclistas e ata futboleros. A medida que ía facendo o recorrido ía recoñecendo corredores que algunha vez vira nas carreiras. Cada quen lucía as súas respectivas camisetas a xeito de "trofeos" como indicando aos demais populares : ei! rapaz que eu estiven alí e gañeime esta camiseta. Alí se vían camisetas azuis da recente Mapoma ( estes eran os que as lucía con máis orgullo) , as brancas da Oscar Pereiro e dos 10 Km do Cuvi, as verdes da Vig-Bay, as laranxas da Vigo +11 e por suposto as tamen azuis da Marató ( ese era eu!!) .
Cando xa estaba pensando en ir de retirada , levaba xa unhas sete ou oito voltas, atopeime cun coñecido e empezamos a falar. Contándonos as nosas aventuras neste mundiño perdín a conta das voltas e debín facer unhas tres ou catro voltas máis ata que a noite empezou a facer acto de presencia entón dímonos conta de que nos estabamos pasando de "voltas " despedímonos e cada un para a súa casa.
Foi unha tarde-noite de deporte moi agradable: que sorte teñen os de Vigo de poder desfrutar desta paraxe e deste ambiente para correr. Así calquera!!


Pd. sigo coa idea de correr a media de A Coruña, a ver se non se me pasa.

Saúde e quilómetros!!

25/04/10

XXXIII MAPOMA

Montaxe con fotos da Marató

Non, non me volvín tolo de repente, non se me deu por aí. A Mapoma non é para min un obxectivo inmediato. Se titulo así a entrada e por que o Tanino Edu si a correu. A maioría pensaba que era unha toleada, despois de correr a Maratón non pasando aínda dous meses, meterse a facer outro sendo este o de Madrid pois non é moi recomendábel pero o que lle sobra a Edu e valentía e o que lle falta, algunhas veces e pararse a pensar nas consecuencias de certos sobreesforzos. Con todo isto mandouse unha carreira moi digna ( resultados de Edu ) .

Según me puido comentar por teléfono empezou a sufrir no km 30 véndose na obriga de ter que pararse varias veces por que se lle subían os xemelgos. Con todo isto foi quen de facer unha marca de 3 horas 4 minutos 5 segundos no que é xa o seu sexto maratón e terceiro Mapoma. Como sería a súa progresión se fixese menos toleadas?


Pola miña banda decir que sego a recuperarme desta temporada tan longa que fixen. Estas dúas semanas dende a Vig-Bay baixei o número de quilómetros realizados pero xa empezo a visualizar novos retos, de momento xa estou inscrito na II Media Maratón de A Coruña organizada pola Federación Galega de Atletismo, sobre un circuíto homolagado, aínda que no teño claro aínda se vou a participar, xa se verá.

No tocante a festexos taninos a cea qeudou fixada para o día 7 de maio ( venres ) no restaurante San Martín de Ponteareas.

Saúde e quilómetros!!

13/04/10

XI Vig-Bay. A crónica.


No Primeiro quilómetro


Precioso día pero non para correr, despois dun inverno de frío e choiva tivo que coincidir o primeiro día de calor forte coa Vig-Bay!!.Xa na véspera cando me despracei ata o edificio do Verbum na procura dos dorsais, a calor era preocupante, de feito falando con Pilar Ruiz, mestra de cerimonias desta carreira, os efectos que podía causar a temperatura elevada nos corredores era a súa maior preocupación.
O domingo chegamos a Samil unha hora e media antes da carreira e a temperatura xa era agradable para seren 9 da mañá .A rutina de sempre: café, charla sobre a carreira, cambiarse, cremiñas, fotos e listos para correr.


Os Taninos en Samil

Trala rutina cada un foi ocupando o seu lugar nos caixóns de saída, que por certo moita xente colocouse onde lle deu a gana, está visto que se non fan uns caixóns por tempos acreditados haberá xente que non os respete.
Ás dez e media en punto deuse a saída. No meu caso tardei escasos seis segundos en pisar a liña de saída e encender o meu cronómetro ( por certo ao igual que en Barcelona non me funcionou o pulsómetro en toda a carreira). Pasei xunto con Edu polo Km 1 en 3':48'' polo que decidín baixar o pistón para pasar polo segundo km en 3':54''. Este ritmo o mantiven ata o km 7, mentres que Edu sacábame xa uns bos setenta metros.
Sobre o km 6 atópome coa grata sorpresa de que Dani e Tino ían a seguir a carreira en bici dándonos ánimos.
No km 9 dou alcance á Edu e comprobo, pola súa respiración moi entrecortada, que non o está pasando nada ben. Sigo ao meu ritmo que a estas alturas xa roza os 4'/km. Pasamos xuntos polo km 10 en 40':02'', lonxe do previsto o que me fai ver que o día non ía ser propicio para grandes marcas. Sigo a ritmo de 4'/km ata o 15 onde faría 1 h:00':01'', Edu xa non me segue daquela xa lle quitaba 45 segundos.



Quilómetro 15. Praia América

A partir de aquí se a carreira non ía ben de todo agora iría peor. En praia América o sol daba de cheo e ademais a estrada pica lixeiramente para arriba. De repente sentín que ía cravado , non había maneira de cambiar o ritmo e xa non sería quen de baixar de 4':04''/km, camiño da Ramallosa empecei a sufrir, e o peor estaba por chegar.
Coma sempre que fixen esta carreira a zona de Sabarís fáiseme eterna e iso que esta vez fun quen de adiantar a varios corredores. A meta non daba chegada, as pernas pesábanme, a boca seca, o corazón a tope e un único pensamento: rematar! . Anímanme Dani e Tino dende as súas bicis, David dende o borde da estrada e xa case entrando en meta, os amigos que foron a ver a carreira, síntoo pero non teño nin forzas para saudalos, só penso en chegar e rematar.





Sen palabras

Entro en meta cun tempo de 1 hora 25 min e 1 segundo. ( Tempo neto ). Con respecto a anterior participación nesta proba melloro o crono en 3':09'' pero en relación coa miña mellor marca quedeime a case 2':30''.

A pesar de non cumprir o meu reto estou satisfeito coa carreira, a calor xogoume unha mala pasada, como se di coloquialmente, teño comprobado que vou mellor en ambientes fríos, de feito as mellores marcas sempre as fixen con temperaturas máis ben frescas, pero como dicía estou satisfeito por mellorar o meu tempo na proba e por poder volver desfrutar desta carreira.
Esta carreira ten algo especial, como dixen máis dunha vez, por ela retomei o mundo das carreiras, e todo o que a rodea ( recorrido, paisaxe, preparativos, animación, etc) fai que sexa especial. Mentres me dure esta paixón esta carreira terá en min un fervinte seguidor.

E como fin de festa a tradicional comida en Ponteareas cos amigos que con motivo desta carreira desprázanse ata Vigo e despois ata Baiona para compartir e desfrutar do ambiente desta Media e animarnos, a eles moitas grazas polo voso apoio.

No vindeiro ano máis!

Agora invito aos Taninos a que vaian propoñendo datas para unha cea no mes de maio, despois de que o Tanino Edu regrese das súas correrías madrileñas.


Os resultados dos Taninos pódense ver a entrada anterior . Deixo aquí a ligazón aos resultados oficiais de championchip



12/04/10

XI Vig-Bay. Que calor!

Clasificación dos Taninos

Posto Tempo neto

Xose: 182 .................1h. :25:01
Edu: 286................. 1h. :28:05
Isma: 331 ................ 1h. :28:38
Rama:390 ................1h. :29:57
Maxi: 745 .................1h. :35:05
Rafa: 894 ................. 1h. :37:04
Victor:947 ................1h. :38:06
Anxo: 1040.............. 1h.:39:28


Clasificación oficial da XI Vig-Bay

Mentres non escribo a crónica, deixovos aquí as fotos que vou a ir recopilando de internet e das que me vaian pasando os amigos e familiares.


XI Vig-Bay