A saúde é o primeiro, e esta vez a gastroenterite gañou. Esta semana sufrin os efectos desta enfermidade. O mércores tiven que retirarme do traballo e irme para casa. O xoves crin que estaba recuperado e fun traballar e o venres de cea coa familia tanina, onde fixemos plans de futuro, próximo e a longo prazo. A curto prazo estaba esta carreira pero o sábado amanecín peor e non facía outra cousa que visitar o baño co que a decisión sabia era non correr. Sintoo moito porque a esta carreira téñolle cariño, en poucas carreiras podes gozar dun final tan espectacular como nesta. Así que esta é unha crónica do que puido ser e non foi. Tal vez o ano que vén poida recorrer as rúas de Compostela. Espero que esta doenza non me obrigue quedar na casa tamén o vindeiro domingo e poder participar na San Martiño, outra das emblemáticas carreiras de Galicia.
Nos plans a longo prazo os Taninos decidimos facernos internacionais por todo o alto, nin máis nin menos que participando no vindeiro maratón de París o 15 de abril. A verdade é que hai dez días nin se me pasara pola cabeza a posibilidade pero ao enterarnos de que o maratón de Barcelona coincide co Vig- Bay empezamos a barrallar a posibilidade de ir a París. É certo que sae un chisco máis caro que ir a Barcelona pero penso que a experiencia merece o esforzo.
Agora hai que inscribirse, buscar vos, aloxamento e empezar a preparar a carreira, conseguirei volver abaixar das tres horas? a iso irei!!
Saúde e quilómetros!!