Despois dunha semana de resposo obrigatorio pola gripe,hoxe volvín a calzarme as zapatillas.Non acompañei aos meus colegas por que sabía que non ía a estar en condcións físicas para seguir o seu ritmo.Decidín ir pola miña conta a trotar e efectivamente despois dunha semana en cama coa gripe costoume moitisimo trotar, as pernas pesadas, o corpo cansado...
Pero no todo ían a ser "penalidades",despois do adestramento había que recuperar forzas e que mellor forma que sentados ao redor dunha mesa cun cocido galego con todo o que ten que levar un bo cocido.
Na sobremesa decidimos,por fin,encargar as camisetas do equipo,tamén se decidiu inscribirnos como equipo na Vig-Bay e empezamos a preparar a viaxe a Madrid non vai a ser que despois de tanta preparación nos quedemos fóra da Mapoma!!!
Saúde e Quilómetros.
24/02/08
21/02/08
Merda de gripe!!!
Estou farto de estar en cama,estou farto de non facer nada,nunca crin que podía chegar a dicir isto último.Levo toda a semana con febre.Esta vez a gripe deume forte de carallo.Cando me recupere espero que non me custe voltar ao "traballo" de correr.O único que desexo agora é poder recuperarme para o domingo,menudo cocido que nos espera!!!.Ademais temos que rematar dunha vez co tema das camisetas do equipo,organizar a viaxe a Madrid... e non quero faltar á cita.Bueno paciencia!! e recuperarse.
Polo menos esta semana estou dándolle un descanso ás pernas qeu xa lle facían a falla.
SAÚDE E QUILÓMETROS!!!

17/02/08
Sexta semana de adestramento
Pois si,xa van seis semanas e por certo non sei se alguén se deu conta,pero se seguimos o plan que temos,vainos sobrar unha semana!,decateime hoxe mesmo que temos 17 semanas de adestramento,levamos seis,faltarían once, pero se repasamos o calendario faltan DEZ!,así que teremos que eliminar una semana do plan!.
No relativo a esta semana destacar as series do mércores que fixemos Edu e un servidor.Foron catro series de 2000 metros realizando as dúas preimeiras en 8:30'' a terceira en 8:20'' e a cuarta en 7:50''. A verdade é que sairon moi ben, persoalmente sentinme moi ben e de feito cheguei a casa moi satisfeito e coa moral polas nubes.
O venres en cambio tiven que recortar o percorrido pois non me sentía moi agusto.
Domingo,tirada de 20 quilómetros pola beira do Tea.Fixemos o percorrido en pouco máis de 1:35' as sensacións foron positivas a pesar de non facer un moi bo tempo,pero non se trata de facer tempos senón de facer adestramentos de fondo.
A vindeira semana variaremos os días de adestramento,en vez de sair o martes sairemos o luns,para poder desfrutar do fútbol, non todo vai ser correr!!!.
E e o domingo temos un maravilloso cocido esperándonos despois do adestramento.
Saúde e quilómetros!!!
13/02/08
Consellos para correr unha Maratón
Reedito esta entrada anterior xa que a MAPOMA está moi perto é bo lembrar algúns consellos.
Deixovos aquí unhas reconmendacións tiradas da web da Federación Galega de Atletismo.
Seguro que son útiles!
MENTALIZACION
1.- Ten claro cales son os teus obxectivos e planéao co tempo suficiente. Para o primeiro maratón pode ser suficiente con 4 meses se fas deporte habitualmente ou un ano se es un sedentario empedernido.
2.- Faite un plan de adestramento acorde cos teus obxectivos e posibilidades e sígueo. Como moitas cousas na vida o maratón só ten un segredo: adestrar.
3.- Procura adestrar con alguén co mesmo obxectivo e cunhas condicións físicas similares. O ideal é un grupo variado no que sempre teñas alguén co que poidas ir ao teu ritmo dese día.
4.- Non te obsesiones co adestramento. Se un día estas canso ou non te apetece, descansa. É mellor pasarse por defecto pero gozando cada vez que vaias adestrar.
5.- O mellor xeito de non perder os adestramentos é que te cres unha rutina divertida na que este incluída o adestramento: Ex.: todos os días despois do traballo cos amigos que estean preparando a mesma carreira ca ti.
ADESTRAMENTO
6.- Fai variacións no teu adestramento. Mestura días longos con curtos, días fortes con suaves. Segue algún dos plans que se publican nas revistas especializadas ou nas web de atletismo.
7.- Procura facer algún día á semana un adestramento longo en compañía dos teus compañeiros de adestramento.
8.- O ideal sería adestrar regularmente cun adestrador de atletismo. Será máis animado e mellorasrás máis rapidamente. Nalgúns lugares hai escolas para corredores populares. Apúntate.
9.- Compite nalgunhas carreiras de 10 Km. e medio maratón para ir collendo o ritmo da competición. De todas as maneiras o maratón é distinto. Os razoamentos dunha media non te valerán para a maratón, a partir do Km. 30 é outro mundo.
PREPARANDO A CARREIRA
10.- Non estrees roupa nin zapatillas no día da proba. Usa só material que comprobes primeiro que che vai ben, que non che produce rozaduras, que absorbe ben a suor, que é cómodo, que non te aperta, etc. Non hai maior calvario que sentirte incomodo coa roupa cando xa estás correndo.
11.- Deixa todas as túas cousas preparadas a noite antes da carreira, a túa bolsa coa roupa, as túas zapatillas, o dorsal, o avituallamiento especial que leves, algo de diñeiro, etc.
12.- Átate as zapatillas cun nó dobre para non ter que parar cando se che desaten. Procura que non te aperten demasiado pois o pé irase inchando.
13.- Dáte vaselina na entreperna, sobacos, tetos e dedos dos pés. En xeral naquelas zonas onde vaias ter rozamiento.
14.- Vaite ao servizo unha hora antes da carreira e “solta” todo o que poidas. Se che é difícil un café poderache axudar.
15.- Quenta de forma correcta con trotes moi suaves. Se a saída é masiva e tes que estar moito tempo antes para poder saír nunha posición razoable dáte algún aceite de arrequecemento para non quedarte frío mentres esperas.
NA CARREIRA
16.- Chega cunha hora de antelación para que che de tempo a prepararte con tranquilidade
17.- Procura saír nunha posición acorde coas túas posibilidades, se non o fas así ou ben a marea humana empuxárache e maldicirache ou ben serás incapaz de manter un ritmo uniforme, isto é especialmente importante nas carreiras moi masificadas.
18.- Non corras cos teus amigos co sistema “a tapar a rúa” procurar ir en ringleira da un na saída e logo de forma que non interrompas o paso de corredores que vaian máis rápido.
19.- Intenta gozar da primeira metade do maratón pero sen malgastar enerxía, farache falta para a segunda metade.
20.- Márcate un ritmo constante para lograr o teu obxectivo, non o subas na primeira metade aínda que te atopes moi ben, logo todo págase. Aperta a partir do 30 se aínda che quedan forzas.
21.- Non esprintes ao chegar a 50 metros da meta, vas gañar 5 segundos e vaiche a dar a puntilla, o teu cansazo vaise a multiplicar por 2 e podes ter problemas musculares, quero dicir, aínda máis.
DESPOIS DA CARREIRA
22.-Cando chegues a meta bebe, o que máis che apeteza, bebidas isotónicas, iogurt, coca-cola, etc e come algo de froita.
23.- Se na meta hai masaxes e a espera non é de tortura, aproveita e dáte unha masaxe quedarás como un rei.
24.- Ao chegar a casa dúchate ou dáte un baño relaxante e despois dáte unha masaxe con aceite para arrefriar, son realmente efectivos e relaxásenche as pernas unha barbaridade, probablemente ata che permita conciliar o sono na sesta.
25.- Come aínda que esteas cansado, unha ensalada, algo de carne, o que che apeteza, gánacheo!.
26.- Nada como unha boa sesta reparadora e logo un suave e pequeno paseo para relaxarnos.
27.- A semana seguinte á carreira descansa e recupera, se podes dáte unha masaxe aos dous días.

10/02/08
Unha dura semana
Despois do meu breve parón polas molestias que tiven a semana pasada,esta semana reincorporeime ao "traballo", pero non con anímos renovados,de feito non me atopeime cómodo ata o día de hoxe.Ao cansazo físico uníuse certo cansazo "mental" que me fixo replantexar os meus obxectivos,de feito pasouseme pola cabeza deixar a experiencia da maratón para outra oportunidade,sobre todo depois do mal que o pasei o venres no adestramento con amago de lesión incluído.Pero por sorte o adestramento deste domingo fixome recuperar a ilusión.Esta claro que isto é unha proba de fondo,non só porque a maratón sexa dura por se mesma, senón porque o duro é a preparación e haberá días bos e malos,e semanas boas e malas,onde o estado anímico dun mesmo poder facerte variar a perspectiva, por iso o apoio do noso entorno o considero importante,para darte eses ánimos os días que non te atopas ben e pensas na rendición.
Con respecto ao adestremento semanal destacar as series do mércores e a tirada de quilómetros do domingo,a primeira por que foi menos dura do esperado,e a segunda por que foi a miña primeira tirada de 95 min. case todos por terra ao longo das ribeiras do río Tea,coa dificultade engadida de que boa parte do percorrido transcurría por unha senda de pescadores moi estreita e con algún que outro obstáculo(pólas,pedras...).
Ben, unha semana máis e seguimos vivos!!!
Ánimo aos lesionados xa queda menos para reincorporase ao grupo!!!.

03/02/08
Crónica telefónica.
Acabo de recibir unha chamada telefónica de Dani, para informarme do adestramento que hoxe fixeron el e Edu.
Cumprindo co programa de adestramentos fixeron un adestramento de 95 minutos e o máis novedoso e que case todo o recorrido foi por terra.Saíron do lugar de costume, foron pola estrada de Mondariz ata á Freixa e dende alí por toda a ribeira do Tea ata a ponte das Partidas en Moreira, unha vez alí, deron volta facendo o recorrido inverso.Según me trasmitiu Dani,o recorrido ten zonas onde hai que ir en ringleira e outras onde se pode ir á par do compañeiro e que en liñas xerais dáselle un aprobado,polo que se deduce que pode ser unha boa alternativa para facer recorridos de terra.
Tamén teño que dicir que xa non teño o privilexio de poder presumir de non ter faltado a un so adestramento, pero como digo na entrada anterior: e mellor previr! e cando non se debe non se debe!
Comentar tamén o que David saiu a adestrar el so o sábado pola tarde.Realizou o circuíto habitual( coa costa Matahomes incluída) nuns máis que meritorios 49 minutos.Creo que cada vez se me vai a pór máis difícil gañarlle.
Saúde e quilómetros.

02/02/08
Máis vale previr...!
Outra semana máis,e xa van catro, e hai que parar.Despois de duras sesións de adestramento e cando mellor empezaba a me atopar chega o que non quería que chegase: as lesións.A verdade é que aínda non sei cal é o alcance da lesión, pero sinto unhas pequenas molestias no lateral interno do xemelgo dereito e o aductor dereito non para de darme problemas,de feito o xoves,despois das series do mércores,tiña dificultade para andar,coxeaba lixeiramente da perna dereita.Hoxe,sábado,tiña pensado facer o adestramento de fondo,pero decidín parar e facer piscina,unha hora de piscina para activar o corazón e manter a forma.O luns teño cita coa fisioterapeuta e xa veremos o que me di.Espero que o descanso que lle dou esta fin de semana faga remitir as molestias e poida reincorporarme aos adestramentos o martes.
De momento non me considero membro do grupo dos mancados,sigo pensando que hoxe podería ter feito un adestramento normal pero máis vale previr que lamentarse despois!!!
Aos colegas de adestramento diríalles:non vos ides a librar de min facilmente!! Voltarei!!.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)