01/09/10

A volta ao asfalto.

Levo xa dúas semanas adestrando en compañía de David, e a verdade é que custa moito volver a ter ritmo. A primeira vez que me puxen as zapatillas, as pernas pesaban o dobre, algo así como se a gravidade da terra fose maior que hai tres meses. O ritmo que acadei non baixaba dos seis min/km, e que dicir da dor de pernas. Na parte positiva a planta do pé non deu problemas.

Pouco a pouco imos collendo ritmo, cada día que saímos a adestrar aumentamos un pouco a distancia, mentres que o tempo de carreira vaise mantendo e isto móstra certa melloría.

Aínda está lonxe no tempo e na forma o poder participar nas carreiras, gustaríame a final de mes estar xa facendo series pero para isto antes hai que ir gañando fondo. Por outra banda tampouco debo acelerar a recuperación por medo a recair na lesión.

Sen présas pero sen pausa!!

A final de mes o tanino Rama vaise a enfrontar ao maratón de Berlín. Sei que o está preparando con moita dedicación e desfrutando que é o importante. Dende aquí o meu ánimo, quen sabe se cadra para o ano son eu o que vai a Berlín ( estaría ben eh? )

Saúde e quilómetros

3 comentarios:

dani´s dixo...

el vite.....je je je

Xose dixo...

Dani faltan dous meses para o Vite e xa estás metendo presión? así non hai maneira de concentrarse na recuperación!! jajaja

Saúde e quilómetros!!

Anónimo dixo...

O ano próximo as 2 Bs que faltan. Valencia e Berlín.
Gracias polos ánimos.
Despois de vir de Berlín teremos que descansar cun feixe de monxes nun retiro cos Taninos, que ben o merecemos.