30/11/10

Taninos Runners Ponteareas

Xa somos asociación deportiva. Hoxe deuse un paso máis. Despois de asinar os estatutos e nomear á xunta directiva aproveitando a xuntanza do grupo nunha cea e tras pagar as taxas correspondentes, hoxe foi entregada a documentación no Rexistro da Xunta de Galicia, e á espera da aprobación dos estatutos podemos conseiderarnos un club deportivo. O de federarse non é un obxectivo a curto prazo, nin a medio pero organizarnos como club é un xeito de sentirse mellor organizados.

Como socio fundador e presindente electo deste club espero que isto sirva para crecer como grupo.

O primerio encargo como presidente foi o de reservar apartamentos en Sevilla para os días do maratón e podo anunciar que xa temos aloxamento no centro da cidade.

Respecto aos adestramentos seguimos dándolle duro a pesar das ceas e celebracións varias. Teño que ir axustando os adestramentos e os compromisos socias típicos destas datas como o ter que cambiar o día da tirada longa ao sábado o que me obriga a facela en solitario e a verdade boto de menos as saídas en grupo dos domingos pero creo que por unha cousa ou por outra nas seguintes tres semanas terei que facelas así.

A semana pasada fixemos o martes a rodaxe e o mércores unhas series de costas ( 8 x 1' ) que me deixaron as pernas "quentes " de máis, durante o resto da semana as pernas estiveron doloridas. O venres estoume acostumando tamén a adestrar ao medio día, xa o probei unhas cantas veces e non me disgusta a experiencia, obrígame a axustar os meus horarios pero así permíteme descansar unhas cantas horas máis e poder facer a tirada longa o sábado pola mañán.

A vindeira semana coa ponte da constitución vou a variar o adestramento xa que me vou adesprazar e terei que buscar unha horiñas para adestrar. Xa vos contarei se o consigo. De momento e grazas ao "google maps" xa localicei un sitio onde poder adestrar alá a onde vou a pasar a ponte.

Saúde e quilómetros!!

2 comentarios:

Agüita dixo...

Noraboa po la formalizacion como clube, benvidos.
Por outra banda, desexoche moita sorte en Sevilla, eu quizais vaia no 2012, din que ten un percorrido bo.
un saudo

Xose dixo...

Moitas grazas Agüita. Noncreoq eu cheguemos ao nivel do CARMA :) pero aí estaremos dando guerra. Un saúdo