Non, non é a mesma foto que se pode ver dúas entradas máis abaixo, é que isto de ser taninos "mola"; como se di : non todo vai ser correr!. Esta foi a homenaxe que nos dimos os catro bravos taninos ( Edu, Victor, Robert e un servidor ) que nos desprazamos ata Santiago a correr a XXXIII carreira pedestre.
Chovía ao saírmos de Ponteareas e parecía que o tempo na capital ía a estar mellor, de feito ao baixar do coche e ir ata o Obradoiro a buscar os dorsais deixara de chover. De camiño saúdamos aos irmáns Abreu e algún coñecido máis que atopamos na entrega dos dorsais. Inmediatamente tivemos que ir a cambiarnos, a carreria empezaba as 10:00 e non as 10:30 como pensabamos antes de partir. Por isto o café foi breve, e rápido a cambiarse . Dez minutos antes de inciar a proba xa estabamos na liña de saída, e nisto, empezou a chover, miudiño pero mollaba igual. Eu decidira sair cunha camiseta de algodón vella por riba da Tanina para cando entrara en calor, sacala, sabia decisión.
Deuse a saída, a carreira tiña que ir de menos a máis por iso decidira ir en compaña de Robert. Edu saíu adiante entre as gacelas e Victor colleu un ritmo superior ao noso e enseguida perdímolo de vista.
Nos primeiros km. fun controlando, non perdendo de vista a Robert. Así chegamos á Praza de Galicia onde nos saudou Óscar Ledo ( compeñeiro de adestramentos nas noites ponteareás ) que tamén ía na carreira. O descenso polas rúas molladas facíase un tanto perigoso, había que ir con moito tento de non cair. Xa na Avda. Santiago de Chile empezabamos a subir e Robert empezaba a sufrir, así e todo seguiume ata a entrada no Campus Sur onde o perdín, tras botar un par de olladas cara atrás e non velo cambiei un chisco o ritmo e deste xeito antes de sair do Campus xa dera alcance a Victor.
Fomos xuntos polo Pombal e Galeras onde as obras fixeron que o circuíto sufrira un cambio significativo, xa que nos obrigaban a subir a Costa de San Francisco , onde estaban Maxi e a súa moza Lorena vendo a carreira e animándonos, para despois baixar por Pelamios e pasar polo entorno do Auditorio de Galicia e así entrar na temida costa do Vite ( na miña opinión este cambio de recorrido fixo que a quilometraxe fose maior).
Xa na subida, baixei un punto o ritmo, non quería chegar sen folgos ao cumio. Aínda así non paraba de adiantar corredores. O descenso foi a tope, encántame este treito da popular de Santiago, correr por esas rúas empedradas con tanta historia é impagable. Ademáis pasáse por diante da Facultade de Historia na que pasei os mellores anos da miña vida como estudante.
Paso pola Facultade de Historia
Ía tan ben que me permitín o luxo de prepararme para a foto, sei que todos os anos se tiran fotos nesa zona polo que me acicalei para sair así de ben na foto ( jeje).
Volvendo á carreira o trascurrir por estas rúas é vertixinoso, praza da Universidade, Orfas, Toural, Rúa Nova, Praterías e por fín a Praza do Obradoiro. Todo este treito adiantando corredores e entrando en meta esprintando. Os tempos oficiais foron os seguintes :
Puesto | Dorsal | Cat. | Nombre | Club | Población | Ritmo Km. |
---|---|---|---|---|---|---|
236 00:48:16 | 3623 | L | Eduardo Pino Martinez | Taninos Runners Ponteareas | Ponteareas | 00:04:02 |
546 00:52:02 | 3622 | M | Xosé Manuel Carrera Carrera | Taninos Runners Ponteareas | Ponteareas | 00:04:21 |
664 00:53:12 | 3621 | M | Victor Manuel Carballido Araujo | Taninos Runners Ponteareas | Ponteareas | 00:04:26 |
832 00:54:35 | 3861 | L | Roberto Gonzalo Alvarez | Taninos Runners Ponteareas | Ponteareas | 00:04:33 |
Estes son os tempos de carreira, os tempos netos son inferiores, no meu caso de 51':25''. Cando sexan publicados por champiochip, colocareinos aquí.
As sensacións foron moi boas, a diferencia da media de Pontevedra a esta carreira fun máis concentrado, ben descansado e planificando mellor a proba, e así saíu.
Agora a seguir coa preparación para Sevilla, mentres iremos tamèn á San Martiño.
Que manxar degustaremos despois da carreira? Disto e todo o referente as carreiras seguirase informando.
Saúde e quilómetros!!!
2 comentarios:
Pois efectivamente mollámonos. Como no MAPOMA 2008 fixen a carreira con EDU, diante ou detrás.
Nós iremos a Barcelona. Sorte en Sevilla.
Ostras!!, cando eu ía convosco todo era coche e correndo pa casa.
Así temos que acelerar a volta ás carreiras.
Alégrome de que todo saira ben en Santiago.
Saú2 de Rama
Publicar un comentario