Estou lesionado, non podo correr, non podo competir, non teño obxectivos a curto prazo e polo tanto non teño carreiras das que facer a crónica, nin adestramentos que comentar e podía coller unhas vacacións nesta actividade de escribir pero teño unha obriga con este blog.
O día 11 de xuño tivemos unha cea de equipo, xuntámonos doce taninos e un invitado de luxo : Dani Bargiela. Foi unha xornada festeira agradable, falamos, rimos, comimos e tamén bebimos ( algún fixo marca persoal jeje). Pasámolo ben. Nas conversas saiu o tema deste blog que pasa xa por ser o Diario Oficial dos Taninos, de aí que vexa "obrigado" a seguir o día a día desta tropa, e de paso dar conta da evolución da miña lesión ( por se lle interesa a alguén).
Con respecto a vida deportiva do equipo cinco Taninos ( Edu, Isma, Rama, Victor e Maxi) participaron na carreira de Cambados Os resultados pódense ver nesta ligazón : II carreira Popular Concello de Cambados. Destacar o estado de forma de Edu que mantén un ritmo estupendo. Isma e Rama baixaron dos 40' e Victor e Maxi ( que correu co meu dorsal e chip) chegaron xuntos en 41' e medio. Boas marcas a estas alturas de temporada.
A miña lesión é o que loxicamente me preocupa agora. Esta semana non o pasei ben, molestias e incluso dor agudo ao andar, dá igual que lle poña xeo e antiinflamatorios, en toda a semana ningunha melloría, por iso volvín á fisioterapeuta tras descartar, de momento pedir cita no podológo por que sei o que me vai decir que teño que pór plantillas e esta posibilidade non é unha solución que de momento esté por aplicar prefiro repito de momento tentar outras solucións. No fisio aplicáronme unha vendaxe compresiva que me aliviou moito se ben me obrigaba a pisar de xeito diferente. Cando retirei a vendaxe as molestias volveron. Nesta semana volverei á fisio para vermos como evoluciona a lesión.
No relativo á vida festivo-deportiva xa temos novos retos: A primeira churrascada tanina que se celebrará o 10 de xullo, o camiño de Santiago en bicicleta o 4 de setembro e o maratón de Valencia o de febreiro, e por suposto as carrerias que se tercien polo camiño.
Saúde e quilómetros!!

II Popular de Cambados |
4 comentarios:
E non hai que esquecerse do tremendo detalle que o Tanino Rober tivo cos que tivemos a sorte de vivir a experiencia de Barcelona!! Grazas!!!!
E ti a mellorarte, a coller a bici e a coidar dos que fan marca persoal cos taninos do viño...jajajaja!!!
Hai que inscribirse nas dúas nocturnas (Vigo e Ribadavia) alomenos ao terceiro tempo. Saú2 e a recuperarse
Cando son esas próximas carreiras?? Xa que o mánager non nos informa...
Redondela 6 Km o 20 xuño, 23 pola noite San Xoan en Vigo con sardiñas e viño e a famosa nocturna de Celanova a celebrar en Ribadavia o sábado 26 de xuño con angilas ao remate se nos dan permiso na casa.
Saú2 desde Ganade
Publicar un comentario