Cambio de opinión. Abandono a idea de ir ata A Coruña por participar no vindeiro domingo nesta proba que se celebra na parroquia de A Ferreirúa do concello de A Pobra do Brollón ( Lugo).
A razón para este cambio de idea é moi sinxela, non me apetecía trasladarme eu só ata A Coruña e tratei de convencer aos Taninos de que me acompañasen e remataron por convencerme eles de que mellor era ir ata A Ferreirúa.
Desta proba teño escoitado e lido moi boas críticas. É unha pequena parroquía cunha asociaón de veciños moi activa que se esforza na realización desta media maratón e, paralelamente, dunha carreira de case dez quilómetros. Merece a pena comprobar en situ as marabillas que se contan.
Non vou co obxectivo de facer marca persoal, nin estou en forma nin en corpo nin en mente, e máis tendo en conta que baixei moito o ritmo de adestramentos. na semana pasada só saín a trotar tres días non chegando aos corenta quilómetros en total. Vou a pasalo ben cos meus compañeiros de equipo e co resto de participantes, será como unha saída dominical pero rodeado de moitos corredores, unha maneira distinta de adestrar.
Na noite do venres teremos a cea trimestral dos Taninos, bo momento para facer balance da temporada e empezar a visualizar obxectivos.

2 comentarios:
Eu tamén vou "de paseo" a Ferrirúa aínda que ten un perfil ondulado. O ambiente é moi popular e paga a pena a viaxe. Por outra banda si queres ir a A Coruña tamén vou.
Graciñas Fernando, non desvoto aposibilidade de ir tamén A Coruña, Falamos entón o domingo na Ferreirúa.
Un saúdo
Publicar un comentario