25/04/10

XXXIII MAPOMA

Montaxe con fotos da Marató

Non, non me volvín tolo de repente, non se me deu por aí. A Mapoma non é para min un obxectivo inmediato. Se titulo así a entrada e por que o Tanino Edu si a correu. A maioría pensaba que era unha toleada, despois de correr a Maratón non pasando aínda dous meses, meterse a facer outro sendo este o de Madrid pois non é moi recomendábel pero o que lle sobra a Edu e valentía e o que lle falta, algunhas veces e pararse a pensar nas consecuencias de certos sobreesforzos. Con todo isto mandouse unha carreira moi digna ( resultados de Edu ) .

Según me puido comentar por teléfono empezou a sufrir no km 30 véndose na obriga de ter que pararse varias veces por que se lle subían os xemelgos. Con todo isto foi quen de facer unha marca de 3 horas 4 minutos 5 segundos no que é xa o seu sexto maratón e terceiro Mapoma. Como sería a súa progresión se fixese menos toleadas?


Pola miña banda decir que sego a recuperarme desta temporada tan longa que fixen. Estas dúas semanas dende a Vig-Bay baixei o número de quilómetros realizados pero xa empezo a visualizar novos retos, de momento xa estou inscrito na II Media Maratón de A Coruña organizada pola Federación Galega de Atletismo, sobre un circuíto homolagado, aínda que no teño claro aínda se vou a participar, xa se verá.

No tocante a festexos taninos a cea qeudou fixada para o día 7 de maio ( venres ) no restaurante San Martín de Ponteareas.

Saúde e quilómetros!!

3 comentarios:

Anxo F. Saborido dixo...

Unha lebre galega no MAPOMA...non, non era Edu...noraboa ao Tanino, a pesar da súa cabeza tola!!
http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2010/04/26/0003_8443027.htm

Anónimo dixo...

Noraboa novamente a Edu. Espero que se prepare para Oporto.
Saú2 de Rama

Antonio Martínez dixo...

Parabéns ao Edu. Realmente esto de seren maratonianos ten algo de tolemia. A min quédame algo máis dun mes de rehabilitación antes de volver trotar.
Saúdos