REGULAMENTO
DA PROBA I CARREIRA NOCTURNA DO TEA
PREVIO
Á CARREIRA
Art.
1º.- Todos os participantes polo feito de
inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente
regulamento.
Art.
2º.- A Asociación Deportiva Taninos Runners Ponteareas,
con CIF G94049871 organiza, en colaboración coa Asociación de
Hostaleiros de Ponteareas e o Concello de Ponteareas, o
sábado 6 de xullo de 2013, a partir das 21:30 horas a “I
Carreira Nocturna do Tea” sobre un trazado urbano de 10 Km.
Art.
3º.- PARTICIPANTES E CATEGORÍAS.
Poderán
participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen
sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto
pola organización e cumpran as condicións de participación.
Categorías
Establecidas:
A
proba estará aberta a todos os atletas que teñan cumpridos os 16
anos de idade no día da proba.
Art.
4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As
persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o
presente regulamento e calquera posible modificación da proba,
obrigada por causas alleas á vontade da organización.
O
feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os
compromisos que se expoñen a continuación:
Cada
corredor/a participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma
posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a
proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
A
organización non se fai responsable de calquera lesión ou
padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física
do/a participante.
O/A
participante exime de toda responsabilidade á organización que
puidese derivarse da súa participación no evento ( Ex: perda de
obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de
lesións, atropelos, agresións,...)
Autorízase
á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis
... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá
prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e
por escrito dirixida á Asociación Deportiva Taninos Runners
Ponteareas (Rúa Oriente 15 – 2º - 36860 Ponteareas)
A
Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición
que non acepte os termos e condicións expostos no presente
regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non
reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.
Art.
5º.- INSCRICIÓNS
Faranse
na web www.cronotec.es
ata as 23:59 horas do luns 1 de xullo de 2013 e
non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da
proba.
O
custe da inscrición será de 3 euros por participante.
A
inscrición considerase finalizada ao facer o pago desta e non se
retornará o importe da inscrición por ningunha circunstancia.
A
inscrición na proba é persoal e intransferible.
A
inscrición na proba quedará limitada a 300 participantes.
ACCIÓN
SOCIAL: Voluntariamente, todos os/as participantes, sexan
corredores/as ou membros da organización e público en xeral,
poderán facer unha achega dun produto alimenticio non perecedoiro,
nomeadamente produtos de limpeza e hixiene persoal, para que a
Asociación Ponte Solidario e Cáritas Parroquial de Ponteareas
continúen co seu labor social.
O
DÍA DA PROBA
Art.
6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE.
Farase
na zona de saída, na rúa Castañal (ao lado da gardería
municipal), nun lugar habilitado pola organización, entre as 19.30 e
as 20:30 do día da proba.
O
Chip de cronometraxe deberá retornarse á organización no momento
de finalizar a proba.
Na
mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor.
Os
participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída
e meta.
Art.
7º.- PERCORRIDO
Os
corredores completarán 3 voltas ao seguinte circuíto urbano:
Saída
e Meta: rúa Castañal (fronte á escola infantil municipal), xiro
esquerda rúa Carballos, xiro dereita Av. Galicia, cruce esquerda con
rúa Vidales Tomé, xiro á dereita rúa Oriente ata Praza Maior,
xiro esquerda rúa Esperanza, xiro dereita Morales Hidalgo, xiro
esquerda Dr. Fernández Vega, xiro esquerda Reveriano Soutullo, xiro
dereita rúa Amado Garra, xiro esquerda rúa Azorín, xiro esquerda
Av. Rosalía de Castro, xiro dereita Av. Sarmiento Rivera ata o
final da mesma, na que faremos un xiro de 180 graos para retornar
novamente por Av. Sarmiento Rivera (esta Av. estará debidamente
dividida mediante conos), continuar rúa Concha Brey e Av.
Constitución, xiro dereita rúa Vidales Tomé, xiro á dereita rúa
Emilio Rodríguez, xiro á dereita Av. Galicia, xiro á esquerda
Paseo Matutino, xiro esquerda rúa Castañal.
Distancia:
10 km
Horario
da saída: 21:30h
Avituallamento:
Líquido no Km 5 aproximadamente e especial na liña de meta.
Art.
8º.- SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
A
Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico,
un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e
chegada.
A
Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a
lexislación vixente, con número de póliza
0961370044995 , contratado con Mapfre Seguros.
Así
mesmo, todo participante non federado, disporá dun seguro de
accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira,
contratado pola organización.
Art.
9º.- DESCUALIFICACIÓNS
O
servizo médico da competición ou o director de carreira, están
facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste
un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido
completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal,
que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en
protestas á organización.
Art.
10º.- PERSOAS NON INSCRITAS
Toda
persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa
responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é
advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.
POSTERIOR
Á CARREIRA
Art.
11º.- PREMIOS E SORTEO DE AGASALLOS.
Haberá
trofeos para os tres primeiros da clasificación xeral, tanto
feminina coma masculina.
No
momento de celebrarse a carreira realizarase un sorteo de agasallos
doados pola Asociación de Hostaleiros de Ponteareas e distintos
patrocinadores, que serán comunicados no momento de finalizar a
proba.
Art.
12º.- SERVIZO DE DUCHA.
Os
participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón Álvaro
Pino de Ponteareas
Para
máis información: taninosponteareas@gmail.com