26/05/09

IX Memorial Manuel Barros

Volvo as carreiras! xa estou inscrito nesta carreira de Gondomar. Xa levo un mes adestrando a tope e xa é hora de provarse. Por suposto non teño obxectivos de marca simplemente desputar unha carreira en condicións. É unha carreira por asfalto ( primeira vez que vou probar esta superficie dende que me recuperei) cunha primeira parte que tira para arriba e a segunda case chá que transcurre pola estrada de Gondomar á Ramallosa, o peor pode ser a calor, na miña anterior participación nesta proba padecín moito pola súa culpa, o meu é o frío.

Irei acompañado do Taninos Edu e Sito, despedirémonos na saída e non os volverei a ver ata que entre en meta, onde estarán cansados; pero non por correr un 10000, senón de esperarme!!

17/05/09

Nunca choveu que non escampara.

Este refrán popular galego vénme nin feito a medida. Despois de CATRO meses lesionado, sen poder desfrutar da carreira, correndo con dores e con molestias, pensando ata que minuto ou que quilómetro podería aguantar, conformandome as veces con poder correr 30', outras "cabreándome" por non poder desfrutar correndo, agora por fin podo decir que xa non estou lesionado.
Xa van tres semanas nas que xa non teño molestia algunha, máis alá do cansancio propio dos adestramentos, estou pouco a pouco meténdolle quilómetros ás pernas, correndo en terra. Ademais metínme no mundo dos ximnasios onde ademais de facer algo de pesas, fago elíptica e cinta ( esta semana probarei a bicicleta e posiblemente o remo).

Este domingo, nunha mañán moi chuviosa, traspasei a fronteira da hora. Tiña tantas ganas de correr que non me asustei pola chuvia. Correr nunhas condicións climatolóxicas así, non é fácil pero aos 10' xa me atopaba a tope, creo que me gusta correr baixo a chuvia!.

O regreso ás carreiras está máis perto, xa empezo a barrallar carreiras e datas , pero de momento non quero facerme moitas ilusións, será que son algo supersticioso e non quero facer as contas da leiteira.

Verémonos pronto nas carreiras!!!

10/05/09

Experiencias no ximnasio

Pois ben, xa me anotei a un ximnasio e xa chegaron as primeiras maniotas. Esta semana fun dúas veces ( non penso ir máis veces por semana, creo que é suficiente para o que busco) e a experiencia en principio hai que valorala cun aprobado raspado.

Despois de explicarlle ao monitor o por que de meterme nun xinmasio indicoume que para quentar os músculos era convinte empezar por unha sesión de eliptica. Foron 15' e despois empezamos cos aparellos de pesas, tres de pernas e cinco de brazos, para rematar con 10' de "steps". Ao sair do "gym" xa tiña a impresión de que me pasara co peso e as series. Os brazos parecían ter vida propia e non obedecían ás miñas ordes. Ao día seguinte apareceron as maniotas sobre todo nos biceps e triceps. No día seguinte a cousa púxose peor, tiña os biceps tan contraídos que era incapaz de estirar os brazos, estaba tan mal que ese día tiven que suspender o adestramento de carreira. Non era isto o que buscaba no ximnasio, eu non me quero pór "cachas" só quero fortalezer as pernas e os brazos!.

Na seguinte sesión volvín a falar co monitor que como supuxen non estaba ao tanto do que un corredor precisa. Están acostumados a que se lles pida "facer músculo" que se pode decir que "lle rachei os esquemas". Despois da charla empezamos de novo a sesión, eliptica e máquinas pero esta vez moito mási traballo de pernas que de brazos. De todos os xeitos creo que nos volvimos a pasar coas repeticións.

Consecuencias da primeira semana de pesas : estou pesadísimo, as dúas veces que sain a correr costoume coller ritmo. Isto estaba previsto, é lóxico que ao facer traballo específico de musculación se perda velocidade. Polo que estiven lendo en internet é un efecto "necesario" ademais irei gañando peso polo aumento da masa muscular. Cando me vaia achegando ao meu reencontro coas carreiras terei que ir baixando sesións de musculación.

Seguiremos informando.

06/05/09

Cea Tanina

Despois de barallar varias datas para a cea, queda descartado o mes de maio por que non atopabamos unha data que non viñese bena todos e adíase para o vindeiro mes. Proponse o día 5 de xuño ás 21:00 horas. A localidade onde se levará a cabo o evento está pendente de concretar.
Se hai algun problema comentádeo.

04/05/09

Estamos en marcha

Ou iso parece. Por fin puiden rematar unha semana de adestramentos sen molestias nin dolores. Despois da última visita ao osteópata podo considerarme recuperado. Nin rastro da tendinite da fascia lata e desaparecendo a sobrecarga no vasto externo.

Seguindo as indicacións do fisio estou correndo por terreo de terra. Esta semana corrín por Castrelos e polo parque da Canuda ( Salvaterra) e ademais coa compaña dos Taninos que non tiveron ningún problema en trasladarse ata Salvaterra e acompañarme na carreira.

O parque de "A Canuda" ten un percorrido de terra de 1350 metros aproximadamente ao que se poden dar as voltas que queiras sempre e cando non vaias moi tarde e se empece a encher de xente o parque con que se faría moi complicado correr sen atropelar a algún neno. Esta vez din sete voltas a ritmo de 5' km. pouco a pouco teño que ir gañando o fondo que perdín para poder ir incrementando despois os ritmos. Como agora non hai ningunha carreira obxectivo irei pouco a pouco gañando confianza e se me vexo ben inscribirme nalguna carreira, pero de momento non teño nada claro.

Por certo, hoxe anoteime no ximnasio! buf espero sacarlle proveito e non desanimarme.

Saúde e quilómetros!