24/10/10

A peor carreira da miña vida !

Ou historia dun sufrimento, así tamén se podería titular esta crónica. Falto de adestramentos, sen preparación, sen descanso, pasando unha mala noite, todo presaxiaba que a carreira non podía sair ben. Ir ata Pontevedra a correr a XV media maratón non foi unha boa idea. A cabeza non me debe rexer ben cando con todos estes precedentes decidín apuntarme á carreira e participar.

Ata Pontevedra fomos Tista, Edu, Isma, Victor, Maxi, Robert, un servidor e na cidade capitalina esperaba Rafa Dios. O día climatolóxicamente falando non parecía malo, non chovía e tampouco facía frío ( en torno aos 16º ). Chegamos cedo, collimos os dorsais e a camiseta e fomos a tomar un café para media hora antes cambiarnos e empezarmos o quecemento. Antes de empezar a quecer xa non me atopaba ben, notábame cansado, non durmira ben, posiblemente por un té que tomara a noite anterior.

As 10:30 en punto deuse a saída. Decidira seguir o ritmo de Victor e Maxi; Edu e Tista ían moi por diante buscando mellor marca persoal. Pensei que podería seguir ese ritmo a pesar do pouco fondo que teño adestrado, ía a ritmo de 4':10'' /km. Así aguantei durante toda a primeira volta pero cando empezabamos a segunda ( km 11 ) díxenlle a Maxi que empezaba a atoparme mal. Deixoume e seguiu a ritmo mentres eu empezaba a notar o cansazo. No km. 12 fun alcanzado por un grupo comandado por unha rapaza que decía estar preparando o maratón de Porto, conseguín recuperar sensacións e seguir ese ritmo. Pero ao chegar ao km. 16 a lousa caeume enriba, as pernas non ían, a cabeza pensaba na retirada. Decidín esquecerme do reloxo e tratar de rematar fose como for. Rebasábanme ata os caracois, mellor dito era superado por aqueles que conscentes das súas posibilidades fixeran unha carreira de menos a máis, tal e como facía eu cando empecei nas carreiras, e agora ben a miña autocrítica : hai non moito eu facía igual, saía reservón para ir atopandome mellor e incrementando o ritmo. Se hoxe o fixese así non estou seguro de que tivera conseguido mellor tempo pero si o estou de que as sensacións coas que rematei serían ben outras, pero claro agora xa non quero ir a unha carreira a rematala ,quero ir a facer boa marca e isto sen adestramento é imposible, en fín outra para aprender!.

Os derradeiros km foron un autentico sufrimento, non tiña forzas máis que para mover as pernas sen variar ritmos, como un autómata. Xa nas pistas do estadio cando a penas faltaban 100 metros atopei a Edu, Isma e Victor que xa levaban tempo esperando dándome ánimos que agradecín por que realmente facían falta. A entrada en meta foi unha liberación, teña os pés como durmidos e doíame ata o peito.

Teño que sacarme o sombreiro ante os demais Taninos, todos conseguiron boas marcas destacando a espectacular marca de Tista (1:18:23) e a non menos espectacular de Edu (1:21:40). Isma fixo 1:24:25; Victor 1:28:45 ; Maxi 1:31:42 ; Xose 1:33:42 ; Robert 1: 34: 24 e Rafa Dios 1:37:46 .

Clasificación oficial da XV Media Maratón de Pontevedra

O bo do día viría no regreso a casa. Edu e Victor convidáronos en Arcade a unhas ostras regadas con bo Alvariño como ben ilustra a foto. É que non hai nada mellor que afogar as penas cun bo viño



Agora teño dúbidas con respecto a ir ou non á carreira de Santiago, paseino tan mal hoxe que me estraron dúbidas. Mañán seguro que penso distinto.

Fotos :




Saúde e quilómetros!!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Co tempo e cos km seguro que melloras e tamén estou seguro que en Sevilla estarás por baixo das 3 Horas novamente. Pero iso sí hai que seguir adestrando e seguir nas carreiras que a melloría está ahí.
Noraboa polos grandes tempos acadados por todos.
Saú2 en espera de recuperarme e poder facer km con tódolos Taninos.

Saú2 de Rama

dani´s dixo...

Tempazos, Tempazos!!!!
falamos hoxe ás 9:02

david dixo...

A mi ya me entró el "cangelo".

Donde está el equipo B????????

Nos vemos

Anxo F. Saborido dixo...

Deus!!! Miñanaiquerida!!! Xosiño, non te me desanimes nin desesperes!!! Sempre podes vir co equipo que lidero, os Taninos a Tempo Parcial!! Podo falar coa Directiva e ver se te admiten!!
Noraboa a todos!!! De xeonllos, póñome de xeonllos!!!