Outra semana de adestramentos no peto. Tocaba semana de recuperación e a verdade é que o foi. Rodaxes un pouco máis curtas e series tamén menos esixentes das que ademais saín moi contento.
Para evitar a monotonía de correr por Castrelos tratei de buscar recorridos alternativos e atopei o paso de Bouzas, non está totalmente alumeado pero o suficiente se a noite non é moi pechada polo que creo que visitarei esa zona máis veces. As series do mércores fíxenas en Castrelos acopañado de Xan que está a se preparar para Vig-bay e que decidiu cambiar as súas series de dous mil por acompañarme nas miñas de 3x10'. O xoves rodaxe de novo por Castrelos. Como me aburría dar tantas voltas fixen os derradeiros dez minutos polas rúas de Vigo, mala decisión pois era noite de bastante tráfico. O sábado por motivos de traballo fixen o meu adestramentos máis tarde do habitual e tiven que aproveitar o tempo ao máximo, foron 10x2' que fixen na zona de Samil-Alcabre-Bouzas, pertiño da casa para non perder moito tempo.
Domíngo , é o día que aproveito para atoparme cos meus compañeiros de equipo e de aventura parisina. Tocaban oitenta minutos e saíronme oitenta e tres, mellor que hai dúas semanas xa que daquela. no mesmo circuíto, fixera pouco máis de hora e media, se ben por entón andaba arrastrando un catarro.
Empezo a atoparme ben e as sensación son cada vez mellores. Apunteime á media do Ribeiro que será outra boa proba para comprobar o meu progreso.
Saúde e quilómetros!