06/12/15

Obxectivo Meia Maratona Manuela Machado ( Viana do Castelo)

Xa teño novo reto, tras case dous meses adestrando, síntome xa con forzas para afrontar un plan de adestramento dirixido a baixar de hora trinta en media maratón. Non é unha gran marca, mellor dito non era unha gran marca mais agora é unha marca esixente para min.

Tras participar na carreira organizada por AVEMPO ( Contra Esclerose )     a cal acabei con moi boas sensacións, decidín prepararme un plan específico, buscando metas difíciles pero acadables.

Este plan é  de oito semanas, con catro sesións semanais das cales xa levo dúas feitas.
Aínda é cedo para valorar as miñas posibilidades pero tras a carreira da  carreira XLII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO son un tanto pesimista. Esta proba entraba dentro da planifiocación, quería achegarme aos 42 min pero non foi posible, o tempo escapóuseme ata os 43:30 , mellor tempo que na San Martiño pero peor ca na mencionada de Avempo, se ben haiq que  dicir que o perfil da carreira de Cangas era moito máis complicado.

Teño por diante seis semanas de preparación e polo medio as festas de Nadal e colaborar na IV San Silvestre Solidaria de Ponteareas  da que é organizador  o meu equipo Taninos Runners de Ponteareas  e de paso aproveito para convidar a particiapar nesta proba Solidaria e non competitiva a todos os que queiran pasar a tarde do 31 de decembro facendo un pouco de deporte.

Espero poder cumprir co programa de adetramentos ou polo menos case todo, sei que coas festas pode que algunha sesión teña que saltala, xa se verá.