07/06/10

Vou a parar.

Si, vou a parar, debo parar! o meu pé dereito así o demanda. Tras estar unhas semanas con lixeiras molestias no talón , estas pasaron de lixeiras a agudas impedíndome incluso andar con comodidade. Como é posible que esté en camiño de ter unha fascite plantar optei por consultalo cun profesional. Despois de visitar á fisioterapéuta, esta recomendoume xeo e antiinflamatorios e seguir facendo vida normal pero no derradeiro adestramento, seica por estar a zona tocada pola terapia da fisio ou por que se agudizou a lesión, a dor fíxose insoportable obrigándome a deter a carreira.

É preferíbel para agora e recuperarse ben que provocar unha lesión maior que me teña no dique seco máis tempo do desexado. Irei vendo como evoluciona a lesión pero a miña idea é non sair a correr en dúas semanas e realizar máis traballo no ximnasio para compensar. Tras este tempo de inactividade verei de volver a trotar. Nada de carreiras de momento, nin Cambados á que xa estaba inscrito, nin redondela e xa veremos San Xoan de Vigo e a nocturna de Celanova.

Como vén o mundial de fútbol enriba este parón será fácil de levar, ou iso espero!.

O venres 11 teremos cea dos Taninos, boa oportunidade para facer repaso á temporada e establecer novos obxectivos.

Saúde e quilómetros!!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Esperamos que o parón sexa o menor tempo posible e poidamos voltar a saír xuntos tanto a entrenar como a ir ás carreiras. Esperemos que te recuperes para as nocturnas. Senón esperamos verte no terceiro tempo coma os de rugby.

Ánimos e saú2 de Rama

Xose dixo...

Boas! espero non perderme as nocturnas, téñolle ganas! pero hoxe son pesimista por qu incluso andndo teño certas molestias.
Para o tercerio tempo podedes contar comigo sempre jeje.