30/03/08

Que pouco falta!!!


Primeira aparición en público da equipaxe do Taninos Runners, e de que xeito! A menos dunha semana para a Vig-Bay estamos "pulverizando" tempos,xa que excepto Tino que non foi a competir e tomou a carreira como un adestramento en compañía,os demais baixamos as nosas marcas persoais na distancia de 10 quilómetros.
Esta carreria foi a culminación doutra semana de adestramento que se inciou o martes con dúas series de 5000 que fixemos en 21':29'' e 19':33'', mércores e venres trote moi suave de 65' e 60'respectivamente.O domingo tocou realizar unha proba en carreira competindo en 10000 metros.
A carreira resultou mellor do esperado para todos. O día ameazaba choiva pero non se cumpriron os pronósticos e incluso no ceo apareceron unhas raiolas de sol que fixeron máis agradábel a mañá.No canto á carreira dende o principio os membros do equipo fomos separados.Edu saíu forte, eu saín un pouco conservador e David por detras ao seu ritmo.Ao longo do percorrido podiamos vernos cada vez que dabamos volta nas rotondas que tiña o circuíto o que nos permitía animarnos e de paso ver como iamos na carreira. O circuíto gustoume,tiña unhas costas bastante levadeiras, e o único pero foi o vento que daba nalgunhas zonas.

Os tempos finais foron: Edu 38':51'' (79º) , Xosé 39':20'' (89º), David 40':58'' (119º) e Tino 45':45'' (233º).
Para consultar todos os tempos premede na seguinte ligazón:

Resultados da II Carreira Cidade Universitaria de Vigo

Para ver videos sobre a carreira premede a seguinte ligazón :

Videos da carreira

27/03/08

10 Quilómetros Cidade Universitaria de Vigo



Aquí vos deixo o percorrido e o perfil da carreira do domingo 30 de marzo no Campus da Universidade de Vigo.
Como se pode apreciar no perfil non ten nada que ver co da primeira edición que era moito máis esixente.
A Vig-Bay está aí xa! así que esta proba hai que tomala con moito xeito.

Saúde e quilómetros!

23/03/08

Santa semana de adestramentos.



Remata a Semana Santa e unha boa semana de adestramentos,o traballo xa está feito, de aquí á Vig-Bay e á Mapoma xa queda pouco que facer,agora hai que ser conservadores e coidarse das lesións.
Crónica semanal de adestramentos: martes 65' a ritmo vivo,xoves series,3 de 4000m.(17':38'';16':52'';15':23''), o venres 60' a trote suave e o domingo o adestramento de fondo no circuíto de San Cibrán-Budiño.
En compañía de Edu e Dani fixen un percorrido de 2:18':46'' dando dúas voltas ao circuíto longo prolongando a segunda volta ata o mirador de Budiño dando volta e regresando ao lugar da saída.Hoxe saímos máis forte có domingo pasado chegando ao primeiro cruce en 24 min.,esta intensidade fíxose notar cando chegamos á dura subida que fixemos a un ritmo moi bo chegando os tres arriba xuntos,outra cousa sería na segunda volta,onde o derradeiro tramo convírtese nun muro moi esixente,alí Edu deu un tirón deixándonos atrás (e sufrindo moito) a Dani e a min.Despois de recuperar un chisco o alento,seguimos ata o mirador de Budiño onde dimos volta e chegamos a meta nos mencionados 2 horas,18 min. e 46 seg., marca persoal de resistencia dos tres.
Mencionar tamén que fixemos probas cos xeles enerxéticos e a verdade persoalmente non notei nada especial,esta proba serviu polo menos para comprobar que non me provocou ningún efecto secundario no estómago,algo que me preocupa polos problemas que teño, haberá que probalos na Maratón despois de levar moitos máis quilómetros sobre as pernas.
O vindeiro domingo temos a primeira proba,os 10 quilometros da Cidade Universitaria de Vigo, da temporada,haberá que tomala a xeito de adestramento pois a Vig-bay xa está aí!!!

Saúde e quilómetros!!!

20/03/08

Vig-Bay 2008

Para ir quecendo os motores e como a primeira gran cita da temporada xa está moi cerca,deixovos aquí o circuíto e o perfil da IX Vig-Bay.

17/03/08

Haile correrá a Mapoma

AGENCIAS - Madrid - 17/03/2008

El legendario atleta etíope Haile Gebreselassie, actual plusmarquista mundial de maratón con 2h.04.26, anunció hace unos días que no competirá en los Juegos de Pekín por los altos niveles de contaminación. Pero sí correrá en la Maratón Popular de Madrid el próximo 27 de abril. El consejero de Deportes de la Comunidad de Madrid, Alberto López Viejo, ha presentado esta mañana este certamen deportivo, tres días después de que el Ayuntamiento volviera a recomendar a los madrileños, y, en particular, a aquellos con problemas respiratorios, que eviten en lo posible hacer ejercicio físico al aire libre en la capital.(...)

El Maratón Popular de Madrid, que cumple este año su 31ª edición, acaba de obtener el galardón Silver Label (categoría de plata) por parte de la Federación Internacional de Atletismo. Su inmediata aspiración es "trabajar duro junto a los responsables del Maratón con el objetivo de que entre en la categoría de oro, a la que sólo pertenecen las pruebas de Londres, Nueva York, Chicago, Boston, París, Berlín, Pekín y la también ciudad china Xiamen", ha dicho López Viejo. La prueba, definida por el etíope como "uno de los maratones más rápidos del mundo", aspira a alcanzar los 13.000 participantes.

16/03/08

Adestramentos de calidade!

Efectivamente como diría Edu,estades seguros de estos son adestramentos de calidade? Pois si,diria eu.Foi unha semana no persoal boa.Martes rodaxe de máis dunha hora,xoves seis series de 1000m.,empezando en 4:30 e rematando en 3:30,venres trote dunha hora por Castrelos (Vigo), no que foi o meu debut en dito recinto, e para rematar a semana,un adestramento de fondo polo circuíto do mirador de Budiño dando dúas voltas( o que significaba pasar dúa veces pola empinada costa) e que nos levou 2 horas e 10 min. pasando a ser a miña marca persoal xa que nunca ata o de agora pasara da hora e 45 min. correndo.
Este adestramento merece unha crónica especial. As 10:45 recollín a Edu na súa casa e tomamos dirección Confurco,chegamos as 11:00 e despois de estirar un pouco empezamos a subir coas botellas de auga na man.Nada máis empezar tiven que dar volta porque non me lembraba de que pechara a porta do coche, o que nos retrasou un chisco,pero hoxe non era día de facer marcas!. Chegamos ao cruce dos sendeiros con 28 min., alí deixamos as botellas e seguimos camiño ata o faro de Budiño, nada máis pasalo collimos á esquerda e tiramos en dirección San Cibrán.Chegamos ao pé da subida con 57:45 min. subimos a ritmo sen apretar e sen cegarnos coa subida e finalizámola con 1h. 09 min., de aí outra vez a facer a mesma volta que a anterior e pasamos polo pé da subida cun tempo de 1 h. 39 min e no final da subida por 1:50 min. sufrindo no derradeiro tramo. De alí ata onde deixaramos o coche vinte minutos máis para rematar en 2:09:50. As sensacións foron boas, non sufrín tanto como a última vez na dura subida por que fun a un ritmo máis acorde coas miñas posibilidades.Sobre as consecuencias,de momento podo decir que loxicamente agora estou un tanto cansado,pero haberá que esperar a mañán para comprobar o estado das miñas pernas.
Esta Semana Santa, como medio equipo está de vacacións, Edu e un servidor imos a seguir coa rutina de adestramentos pola nosa conta.
Por certo! hoxe estrenei o pantalón da equipaxe oficial e verdade é que me gusta, e cómodo e ten un bolsillo lateral onde levei a chave do coche e un "gel" que non cheguei a empregar porque non me sentín tan débil como para ter que facer uso del.
Seguimos na ruta!

Saúde e quilómetros!!!

08/03/08

Unha boa semana.



Unha semana máis e xa quedan menos!.Unha semana productiva,bos adestramentos e ademais xa non hai volta a atrás, xa estou inscrito na Mapoma, xa temos os billetes de avión e o hotel( grazas Nieves pola túa axuda) e as camisetas do equipo están de camiño.
Co que respecta aos adestramentos o martes tocou rodar dándolle caña no último treito, o xoves series (5x2000) empezando en 9:20 e rematando en 7:26 e o sábado rodaxe de fondo por terra ( aproximadamente 21 quilómetros) por un cicuíto polo que nos levou Tino,o "quinto beatle" a nosa esperanza branca na Vig-Bay (por que a pesar de que esté lesionado,quen tivo retivo, e penso que vai a dar a sorpresa).O circuíto personalmente pareceume moi "chulo"( pese ao treito que ten de subida dura que case me afunde!!),subidas,baixadas e unha paisaxe caralluda, haberá que voltar por eses lares!!
Saúde e quilómetros!!!

Equipaxe do Taninos Runners



Aquí tedes a equipaxe que vai a lucir o noso equipo, creo que cumple moi ben as funcións que queriamos: son un pouco "cantosas" e ademais son de boa calidade,se queredes máis información sobre as prendas picade na seguinte ligazón:

http://sport.mizunoeurope.com/pages/categoryProducts.aspx?cID=19&g=Male

04/03/08

Circuíto MAPOMA 2008

Para ir facéndonos unha idea aquí vos deixo o percorrido da MAPOMA. Na sección de circuítos tamén tedes a ligazón ao plano da carreira.

03/03/08

Xa estamos inscritos na VIG-BAY


Por fín! despois dunha semana de agobio(dos que algúns foron testemuñas)xa estamos inscritos na Vig-Bay.O agobio era por que despois de ter feito todos os trámites, incluído o de pagar,non apareciamos na lista.Correo vai,correo vén,chamadas telefónicas á organización,aos bancos e nada que os cartos non aparecían!!. Hoxe por fin deberon aparecer por xa estamos na lista de participantes, e ademais participaremos tamén como club:o Taninos Runners será da partida!!!
Agora a centrarse en adestrar.

Saúde e quilómetros!

02/03/08

Crónica dunha semana rara ( "en sentido general")



Porque rara? pois por que non tiven boas sensacións, por que tiven unhas molestias que me preocuparon moito, por que non me vexo,a seis semanas da VIG-BAY,en condicións de baixar o meu tempo,etc.
Durante a semana so adestrei o martes e o xoves,o primeiro día saímos a rodar durante unha hora e o segundo día saín con David a facer cambios de ritmo.Ao chegar a casa tiña unha dor moi profunda no aductor dereito que non me deixaba case andar,de feito estiven coxeando todo o venres polo que decidín suspender o adestramento que tiña previsto e me puxen en mans dun osteópata.Este díxome que tiña a cadeira "rotada" e por iso as dores no aductor.Non sei se acertou ou non,melloría si notei de feito hoxe,domingo,puiden sair a correr sen apenas molestias, o que me preocupa é que a dor vén despois de correr, aínda que hoxe non foi tan forte.
Con respecto ao adestramento dominical hoxe tocaba o circuíto habitual pero a ritmo de carreira.Do feito hoxe podo sacar as seguintes conclusións:aínda non estou en forma,pode ser que aínda non esté recuperado da gripe, fixen unha media boa,4:22 min.(48:53 final) pero pola contra decir que sufrín moito dende a costa dos chalés (a "matahomes") alí xa me quedei atrás e non fun capaz en ningún momento de coller a David e a Dani que remataron o recorrido cuns bos tempos(Dani 46 altos e David 47 altos)e dicir que David me quitou máis dun minuto!!.Conclusión teño que pórme as pilas,e iso non significa adestrar máis senón mellor e se hai que baixar a frecuencia de adestramentos haberá que facelo.
Xa veremos como resulta esta semana.
Por certo as camisetas do equipo xa están encargadas!!!.

Saúde e quilómetros!!
Como podedes observar vou a ir colocando fotos nos comentarios para ir ambientando a gran cita.