25/01/09

Sigo sen poder correr

Unha semana máis de reposo absoluto, esta foi a recomendación do osteópata, polo que xa levo dúas semanas paardo totalmente, dedicado aos meus estiramentos e abdominais.
Esta semana tamén visitei a un podólogo para que me dixera que tipo de zapatillas son as máis recomendables para os meus pés. Claramente son pronador, e ademais, acusado no pé dereito polo que me recomenda unha plantillas correctoras ademais de seguir usando o mesmo tipo de calzado que viña utilizando. A cuestión e que non teño tan claro se me convén usar agora unhas plantillas. despois de consultar con varios compañeiros corredores sigo sen ter claro a conveniencia ou non de usalas. A vindeira semana teño outra consulta e dicidirei se as fago ou non.

Por outra banda estre domingo desplaceime a Viana do Castelo a acompañar e animar aos meus camaradas corredores, en plan "director técnico" ( jaja) e despois de comprobar a carreira que fixeron todos, a pesar do forte vento que tiveron en contra, a pena por non poder participar é maior.

Dar a enhoraboa a Sito polo tempazo que fixo na súa primeira participación nunha media ( 1 h. 27') e a Anxo que tamén conseguiu rematar a súa primeira media en mensode 1 hora e 44 min.
Dos demais todo según o guión. Tino se "sale; Edu se mantén e David achégase ao seu reto persoal de baixar da hora trinta, na Vig -Bay veremos a valía de cada un.

Deixo unha ligazón coas fotos desta deportiva e festiva xornada.



Viana 25-01-09

18/01/09

Unha semana de mancado oficial

Oito días sen correr, oito días de recuperación, iso é ser positivo. Seguindo o tópico da botella medio chea ou medio baleira, eu direi que está medio chea, xa falta menos para recuperarme totalmente e poder empezar a temporada en plenas facultades.

Esta semana obtiven unha segunda opinión sobre a miña lesión. Despois de explorarme a coxa parece que a dor procede dunha tendinite do musculo tensor da perna dereita. Tratamento : descanso absoluto , estiramentos e sesións de fisoterapia. A isto sumamos a recomendación de ter que facer unha preparación previa á temporada de carrerias con sesións de musculación tanto de abdominais como de nocellos que en palabras da persoa que me atendeu " é fundamental para evitar lesións deste tipo". Polo tanto e ante a falta de poder sair a correr o que estiven facendo esta semana foi sesións de estiramentos, abdominais, flexións, sentadiñas, etc.

Ademais das sesións de fisio, esta vindeira semana teño cita cun osteópata que me recomendaron por varias partes e tamén vou a facer unha consulta cun podólogo, non penso comprame unha zapatillas novas ata non saber "científicamente" que tipo de pisada teño.

Aos meus compañeiros "Taninos" darlles as grazas por interesarse por min, non vexo a hora de reincorporarme á "disciplina do equipo", devezo por esas saidas en grupo!. Todo chegará, non se van a librar de min doadamente.

De todo se aprende e o que non nos mata fainos máis fortes.

Saúde e quilómetros!!

12/01/09

Aceptemos a realidade : Non podo correr.

Nin trinta nin vinte minutos! hai que ser realistas teño unha lesión complicada e non podo forzar a recuperación. Por máis que intente negar a realidade esta lesión impídeme correr e se non a curo ben vaime a estar dando a lata moito tempo.

O sábado saín a correr coa idea de facer só trinta minutos e cando levaba vinte e poucos as molestias reapareceron. Parei aos trinta minutos e a dor que tiña era a mesma que catro días atrás, non houbo polo tanto ningunha melloría. Ao chegar a casa estirei, botei crema antiinflamatoria pero a pesar disto baixar as escaleiras da miña casa era penoso.
Pola tarde fun a dar unha camiñada cos compañeiros de Debrúzate! e cando tocaba baixar pola ladeira do monte a dor era fortísima. Conclusión: decanso absoluto, fisoterapia, antiinflamatorios, estiramentos específicos e sobre todo paciencia.

Todo apunta a que teño afectada a cintilla iliotibial e polo que puiden saber é unha lesión moi latosa que podemos catalogar (según a clasificación do meu amigo Edu ) das que te impiden correr.

Como creo que saír a correr nestas condicións non me vai a aportar nada e podo mancarme aínda máis, o mellor é parar para o meu pesar. Dou por perdida a miña participación na Media de Viana do Castelo e verei se estou para a Intersport do Porriño o que teño claro agora é que os obxectivos da temporada xa non valen.

Aproveitarei estas semanas para facer, ademais do mencionado anteriormente, sesións de fortalecemento muscular que non me virán mal.

Espero que os meus compañeiros de "correrías" sigan dándolle á zapatilla. Creo que o de gañarlle a Dani vai ter que quedar para outro ano!!

Saúde e quilómetros !!!

08/01/09

Empezo mal o ano.

Despois dun mes de decembro nada favorábel para min no que se refire á práctica deportiva, co inicio do novo ano semella que nada cambiou e todo segue igual ou peor, xa só me faltaba lesionarme e dito e feito, primeira saída a adestrar do ano e lesión!. Unha forte dor no lateral do xeonllo dereito que se me pon cando levo corenta minutos correndo, ímpideme iniciar a preparación das carreiras que teño en mente.

Despois de darlle descanso volvín a probar tres días despois e a dor volveu cando levaba corenta minutos correndo. Iniciei as indagacións do que me podía pasar mergullándome en internet e en cando puiden visitei á fisioterapeuta. As posibilidades : menisco, ligamentos ou cintilla iliotibial, e trala exploración á que someteu a fisio descartouse menisco e ligamentos e todo apunta á unha tendinite da cintilla iliotibial ou de algún tendón do xeonllo.

Dentro das causas posibles entra a de "unha mala elección do calzado deportivo".

O tratamento que me deu a fisio permíteme sair a correr, non máis de trinta minutos, para ir incrementando o tempo de carreira a medida que vaian remitindo as molestias, aplicación de cremas antinflamatorias, protexer a zona tibial cunha vendaxe compresora por debaixo do xeonllo e, por suposto, cambiar as zapatillas deportivas non descartando a posibilidade de facer unhas plantillas ortopédicas.

Despois desta consulta estou máis tranquilo, pola miña cabeza empezaban a pasar ideas pouco agradabeis. Descartada unha lesión maior que me impidira correr agora só me pasa pola mente a idea de tomalo con calma nos adestramentos e pensar en recuperarme ben.
Estou contento por que vou poder seguir saíndo a correr, aínda que só sexan trinta minutos por que é moito máis que nada!!.

Seguirei informando. Agora máis que nunca : Saúde e quilómetros!!!!

Recomendo a visita a este blog onde se aporta información sobre as lesiósn deportivas : El blog de Francisco Gilo

02/01/09

Lotería do Neno

Os Taninos temos postas as nosas esperanzas no seguinte número de Lotería:

90427

Xogamos un décimo os seguintes membros : Anxo, Dani, David, Edu, Roberto, Rubén, Tino e Xose.

Que haxa sorte!!!

Aproveito esta entrada para subir algunhas das fotos que tirei co móbil o día 31 na San Silvestre solidaria de Castrelos ( Vigo ), Unha festa do deporte que esta vez me tocou ver dende a barreira.