25/11/08

Que mágoa

Aínda non se empezou a correr e xa temos a primeira baixa, e non por lesión "deportiva". O importante é que non foi grave.
Esperamos pronta recuperación !!!
Ánimo Tino, xa haberá carreiras onde rebaixar tempos e machacar rivais!!!

23/11/08

Semana 16. Falta unha semana

Unha semana nada máis. Atrás quedou o mes de agosto cando empezamos a preparar esta maratón, preparación da que disfrutei moito, atrás quedaron as costas, as series duras, as quilometradas dos domingos... espero que todo isto servira para non sufrir "demasiado" polas rúas de Donosti.

Esta semana reincorporeime aos adestramentos despois de pasar a fin de semana pasada na casa recuperándome do catarro que me deixou fóra de xogo.
O martes realizamos un recorrido de 60 min. no que notei o parón, tiña as pernas moi pesadas e rematei o adestramento coas pernas doloridas.
O xoves realizamso un test para determinar o ritmo de carreira, tratábase de facer unha serie de 6000 m. ao ritmo previsto da maratón e unha segunda serie a tope, se ao final a diferencia pro quilómetro é igual a 30'' o obxectivo é posible. Cal foi o resultado? pois a primeira fixena por debaixo do previsto 15'' e a segunda 15'' por riba do desexado. Que quere decir isto? pois que tal vez non esté preparado para seguir o ritmo previsto, pero como non é determinante e a carreira porá a cada un no seu sitio, vou a seguir co previsto, vou saír a 4':30'' e que sexa o que teña que ser. se consigo manter este ritmo acabaría entorno das 3 horas e 8 min. e a verdade contentaríame con facer sobre as 3 h. 15 min. co que teño unha marxe de 7 min. polo que poda pasar.
De todos os xeitos, e non é por pór a venda antes da ferida, se non consigo este obxectivo pois tampouco pasaría nada, do que se trata é de desfrutar deste deporte e se se consiguen as marcas pois moito mellor.
Esta semana a carga de adestramentos diminúe considerablemente, 60' o martes e cinco series de 1000 m. o mércores a ritmo medio. O venres, xa en Donostia, 40' para estirar as pernas. Todo está feito agora só queda esperar e que os nervios non afecten demasiado.
Vémonos en Donosti!!!

Saúde e quilómetros !!!

22/11/08

Vídeo Motivación.

Xa queda pouquiño para a Maratón de Donosti 2008 e que mellor xeito de se motivar que recordar o que foi a nosa primeira participación nunha maratón, por iso colgo este video que fixen co material fotográfico que me chegou da pasada MAPOMA.
Os que viviron esta experiencia comigo estou seguro que reviviran aquel día especial que quedará para sempre na nosa memoria.




Saúde e quilómetros !!!

16/11/08

Semana 15. Saltan as alarmas!!!!

Todo ía sobre o previsto nos adestramentos, rodaxe de 70' o martes e series 15x400 entre 1':30'' e 1':15'' o mércores , pero esta semana chegaron os problemas: o catarro a e as lesións.
Pola miña banda o cansanzo co que rematei a semana pasada debíase aos primeiros síntomas da catarreira que me afectou toda semana e que só me deixou adestrar o martes e mércores pero na fin de semana agraváronse os síntomas producíndome unha rinitis que me debilitou fisicamente e que me impediu adestrar e por suposto obrigoume a renunciar a participar na carreira de San Martiño en Ourense, na que tiña postas moitas ilusións mais por segunda vez consecutiva non puiden participar nesta proba. Se ben é certo que o domingo xa estaba máis recuperado, non é cuestión de forzar tendo a maratón de Donostia a menso de quince días.

O que tamén se viu obrigado a parar esta fin de semana foi Tino xa que no adestramento do venres sentiu unha picadela na perna dereita que lle obrigou a parar e tomar reposo, esperemos que só sexa un susto e que non vaia a máis.

Escribo está crónica mentres espero as noticias do resto dos Taninos que se desplazaron ata a cidade das Burgas, estou desexoso de ver os seus resultados, espero que todo saia ben e que se cumpran os obxectivos de cada un.
Cando saia a clasificación xa pendurarei nesta entrada.
Xa están os resultados da San Martiño 2008
Xa temos fotos :

San Martiño 2008

Saúde e quilómetros !!! (sobre todo saúde!!)

11/11/08

Circuíto da Maratón de Donosti

09/11/08

Semana 14. Conta atrás para a Maratón de Donosti


Quen dixo que tempos pasados foron mellores?
Padrón, marzo de 2007


Esta semana foi suave se exceptuamos o adestramento do domingo, xa que estivo marcado pola realización dunha proba de 21 quilómetros que debe pórmos "finos" para a maratón de Donosti.
O martes e xoves fixemos adestramento aeróbico de 70' e 50' respectivamente intercalando no mércores seis series de 1000 m. entre 3:45 e 3:25 das cales saín moi satisfeito.
O sábado unha saída de 35' , que se covertiron e 49', a trote moi suave polas beiras do río Tea.
O domingo trasladámonos, unha vez máis, ata A Canuda (Salvaterra ) para facer a media maratón a ritmo de competición. O meu obxectivo era baixar de 1:28':11'' ( tempo que fixen na Vig-Bay), para iso tiña que levar un ritmo de 4':10'' e así o fixen ata o quilómetro 12, a partir de aquí rondaba xa os 4':15'' para rematar en 1:29':00'' ( aproximados por que me pasei de longo o lugar fixado como meta)co que me sae unha media de 4':13'' que tampouco está nada mal tendo en conta que me faltou sentirse de certo nunha carreira, por que por moito que simules o ritmo de carreira creo que as carreiras danche un plus que non atopas nos adestramentos. O que si me preocupa son as sensacións de despois, xa que remato moi canso, as veces penso que teño un obxectivo demasiado alto para o meu nivel e que teño que rebaixar as miñas pretensións de facer a maratón por debaixo das 3 : 15':00''.

Agora a pola San Martiño de Ourense!! , é unha proba á que lle teño ganas, nela debutei como corredor (na era moderna! o de hai vinte anos é prehistoria!) vai para dous anos e rematara lesionado e coxeando os derraderios dous quilómetros, por iso teño que sacarme a espiña facendo unha boa marca, a poder ser por debaixo de 40 min. xa se verá!

Saúde e quilómetros

02/11/08

Semana 13. Camiño de Donosti.

Que pouco falta xa! pouco a pouco vaise achegando o día e a preparación estáse facendo duriña. Esta semana empezamos con series (2X5000) a primeira en 20':09'' a segunda en 19':19''. O mércores tomeino de descanso, cambiei atletismo por ir a animar ao Celta en partido de copa.
O venres de novo series, esta vez 10x1000, todas por debaixo de 4' rematando en 3':29''. As sensacións que tiven son moi boas, destacar as series que se mandou David remantando a derardeira en 3':31'', e sen comentarios para o "Keniatablanco" Tino todas por debaixo de 3':45''.

Sábado. Que duro foi erguerse da cama e pórse a correr!!, as series do día anterior deixáranme tocado e froito co cansancio durmira mal. Fun a adestrar de todos os xeitos, había que facer 70' e a medida que íamos devorando quilómetros funme atopando mellor, ademais pasámonos de contas e rematamos facendo 79'.

Domíngo. 110' no plan de adestramento, saímos dende Pías cara a Ponteareas para despois subir a Vilasobroso ( menuda subidiña!!) a ritmo entre 4':30'' e 5':00'' por quilómetro , de seguido cara a Mondariz e de aí a Balneario, xa incrementando o ritmo sobre 4':00'' ou 4':15''.Para cumprir co plan prolonguei tres quilómetros o circuíto acabando cando o crono marcaba 1 : 50':00'' iso si coas forzas fundidas, si tivera que dar un quilómetro máis non sei como acabaría!!.

Isto marcha e penso que ben, agora só falta que non haxa contratempos, hai que seguir co plan e coidarse que este frío é moi traidor.

Saúde e quilómetros!!!
Foto tirada na Maratón do Miño ( Ourense) por Xandra a quen tiven o gusto de coñecer este sábado, moitas grazas por esta e por todas as fotos que, sin coñecernos me sacaches a min aos meus compañeiros.