26/04/09

Maratonianos, Mediomaratonianos e Lesionados


Os taninos con Dani Bargiela ( vencedor da proba)
Os Taninos empezan a ser tan "grandes" que xa diversificamos obxectivos. Por unha banda os que participaron na XXXII MAPOMA: Edu, Tino, Dani máis os asimilidados Antonio e Roberto; por outra banda os que participaron na IV Media Maratón de Vilagarcía : Sito e David, cos tamén asimilados Rafa e Victor.
Á espera de poder dar datos concretos dos tempos, quero mostrar a miña admiración polos tempos feitos na MAPOMA, cun recorrido moi duro e con chuvia, Edu rozou as 3 horas , Dani e Tino sobre ás 3 h. 20 min, Antonio 3h. 13 min. e Roberto 3 h. 30 min.

Na Media de Vilagarcía destacar o tempo feito por Sito :1 h. 21' 20'', baixando a súa marca da Vig-Bay. David, falto de adestramentos, 1 h. 31' 10'' e a trinta segundos entrou Rafa.
Foi unha carreira bonita na que ademais gañou un ponteareán, Dani Bargiela en dura pugna cun par de corredores portugueses con experiencia internacional.

Fotos da Media de Vilagarcía

Resultados IV Media Maratón de Vilagarcía



Pola miña banda decir que sigo coa miña particular "carreira" que non é outra que recuperarme e poder estar a tope nas carreiras. Apreoveitando a viaxe a Vilagarcía e mentres os compañeiros quecían, eu me dediquei a correr por un terreo de herba durante 24' a bo ritmo. É a primeira vez en moitos meses que correr tres días seguidos, se ben hai que decir que os Km feitos distan moito do que facía hai catro meses, pero estou contento. Facendo miñas as palabras do meu bo amigo Fernando Abreu "o importante non é correr moito agora senón podelo facer durante moitos anos"

A miña noraboa a todos os que participaron e remataron a MAPOMA e por suposto aos que correron en Vilagarcía , dende o "lado oscuro" as cousas vense doutro xeito.

27/04/2009
Resultados oficiais da XXXII Maratón de Madrid:

Maratoniano EDU

Maratoniano TINO
Maratoniano DANI
Maratoniano ROBERTO
Maratoniano ANTONIO

Saúde e quilómetros!!!

23/04/09

A comerse Madrid!!!!


Joder!! que envexa! : Achégase a MAPOMA e o que daría por estar alí, correndoa!
Aproveito esta entrada para dar ánimos a todos os que van a correr a MARATÓN DE MADRID ( así con maiúsculas por que si, por que é especial) e en especial aos Taninos. Gustaríame estar con vós pero non puido ser. Estarei atento aos resultados da carreira.

Pola miña parte sigo coa miña recuperación. Decidín adestrar só, pola miña conta ,saíndo a correr polo paseo do Lagares ( Vigo) . De momento vaime ben, fago sobre 35' sen apenas molestias pero boto de menos a compañía dos meus colegas. Todo ao seu tempo, cando esté recuperado xa lles darei a lata coa miña compañía.

Boa sorte e Saúde e Quilómetros !!!!

17/04/09

Nova lesión


É que non saímos dunha e metémonos noutra!!.
Na anterior entrada mencionei os problemas físicos cos que me atopaba, pois ben xa non son debidos á tendinite na fascia lata se non a unha sobrecarga no vasto externo provocada pola atrofía que sufriu o músculo ao ter que recuperarme da tendinite. Isto é o diagnóstico que me deu o osteópata na última visita que lle fixen. A recomendación que me deu foi a de correr non máis de 30' e por terra, escapando do asfalto o máximo posible. De non recuperarme ben podería derivar nunha periostite , lesión moi complicada de curar.
Polo tanto sigo no "dique seco" e seguirei por un tempo. A partir de agora terei que buscarme superficies de terra que por desgracia hai poucas e variar a miña rutina nos adestramentos.
Seguirei informando.

Sorte a todos os que vaian a correr a MAPOMA !!!!


Saúde e quilómetros

05/04/09

Non hai melloría

Tempos pasados foron mellores!!


Sigo lesionado, non hai melloría. A semana pasada conseguín correr case unha hora o que me fixo pensar que a cousa ía mellor, que a lesión remitía pero foi un espellismo. Na seguinte saída non puiden superar os 45' tendo molestias dende os 30'. O día anterior á Vig-Bay só corrín durante 40' en compañía dun amigo que atopei na recollida de dorsais da Vig-Bay, acompañeino polo paseo do Lagares entre Samil e Balaídos e rematei con molestias. Esta semana tampouco puiden pasar dos 40 min. sen ter dor e iso que descansei entre sesión e sesión dous días.

Que podo extraer destes datos? 1º que non estou recuperado, 2º que non podo correr máis de 30' e 3º que tampouco vou poder correr en Vilagarcía.

Todo isto faíme pensar en deixar de correr unha longa temporada, vendo que por moito que faga non melloro, haberá que deixar de correr pasarme aos paseos a pé á bicicleta ou quedarme en casa tumbado no sofá ( aí seguro que non me vai a doer).

Agora que empezamos a Semana Santa sigo co meu calvario particular. A primeira parte da temporada xa está perdida e terei que pensar en poder estar listo para a segunda. O que si teño claro é que non me podo pór obxectivos, todos os que tiña nesta parte do ano fóronse ao traste e isto créame maior frustración polo tanto a partir de agora NON HAI OBXECTIVOS!!!

Saúde e quilómetros!!!!