31/01/10

Faltan cinco semanas. Parte de guerra.

Vaia semaniña! Tras rematar a semana pasada a Media Maratón Manuela Machado esta presentábase dura e así o foi. Dura por que nós tamén a facemos dura esixíndonos cada vez máis, xa coñecemos a máxima de Haruki Murakami : a dor é inevitáble, o sufrimento opcional. Pois esta semana decidín sufrir un poquiño, tampouco moito todo ten un límite e eu ao fin corro para desfrutar.

O martes e coas pernas aínda tocadas da media fixemos unha hora de rodaxe suave pero o mércores tocaban catorce series de 500 metros e remateinas todiñas empezando a 2' e rematando en 1':35'' grazas a gran axuda de Dani Bargiela que me axudou moitísimo tirando de min nas tres últimas series nas que me vin só xa que ningúndos meus compañeiros estaba en condicións de facer estas series, ben en parte como foi o caso Dani e Rama ( "convalecientes" da Media) ou na súa totalidade como sonos casos de Edu ( con gastroenterite) e de David ( en proceso de recuperación psicolóxica).
O venres tocaban outra vez series, esta vez tres de catro mil metros. Outra vez volvimos a contar con Dani Bargiela axudándonos nos ritmos a Dani e a min. Estas series fixémolas a preimeira en 17':00'' a segunda en 16':30'' e a derradeira en 15':21'' esta última cuns derradeiros 500 metros extenuantes que no meu caso realicei grazas aos ánimos de Dani Bargiela.
E para rematar a semana e outra vez na terra de Salvaterra case 23 km. en 1 h.:45':00''. Tirada longa que facemos empezando a ritmo de 5 e algo para ir subindo ritmo e acabar por debaixo de 4 min/Km. Dura semana pero se se queren conseguir obxectivos hai que adestrar, sen traballo non hai sorte.

Por outra banda teño que referirme ás baixas que provocan esta preparación. Á xa mencionada baixa de Edu que non puido adestrar en condicións ata o domingo hai que mencionar os casos de Tino e Robert. O primeiro con problemas nun xeonllo que lle empiden correr e no caso de Robert co piramidal danado. A preparación dun maratón é dura e ten estes sinsabores dende aquí quero darlle os meus ánimos e desexos de recuperación por que Barcelona nos espera a todos!!.

Saúde e quilómetros!.

30/01/10

Hoxe falo de fútbol.


Hoxe teño que falar de fútbol, por que? por que son celtista, é dicir sufridor, e como tal, estou acostumado a isto: a sufrir, por iso cando vas a Balaídos e ves un espectáculo como o que nos brindou o Celta na eliminatoria contra o Atlético de Madrid un síntese reconfortado por tanto sufrimento, e digo isto sen ter pasado a eliminatoria, imaxinade como estaría se o resultado final fose outro ben distinto, se Noguerol non lle entregara o balón a Forlán, se o árbitro non anulara o gol de Trashorras, se Joselu enchufara o cabezazo no fondo da portería e non no longueiro ou que no partido de ida os dianteiros celestes tiveran máis acerto diante da portería pero o fútbol é así, como dirían os clásicos, é un deporte-espectáculo onde non sempre o que xoga mellor gaña, quizás esa sexa grandeza do fútbol. Non é como no atletismo, aquí si gaña o mellor o que adestra o que se sacrifica, aínda que nin Grebesselasie está libre de ter un mal día.

O que se viviu en balaídos o xoves 28 de xaneiro había tempo que non se vira por estes lares,un estadio case cheo, un ambiente nos exteriores espectacular que me fíxo lembrar épocas mellores, aquelas nas que un tal Mazinho dirixía un equipo feito a base de endebedar o clube e que se paseaba por Europa. Agora o equipo está en segunda división e sufrindo para afastrase dos postos de descenso pero a diferencia está en que é un equipo saido da canteira por necesidades económicas que obrigaron ao consello de dirección a reducir os gastos do persoal.
As preguntas que me fago son por que agora os xogadores da canteira serven e antes non? sempre me preguntei por que en Bilbao ou en Sevilla saen constantemente xogadores das categorías inferiores e en Vigo non? será polo ADN , polo RH negativo ou positivo? ou será que naquelas terras se confía na base e aquí non por que é maís doado fichar que facer xogadores?.

Que siga o espectáculo!!! Hala Celta!!

24/01/10

XII Media Maratona Manuela Machado. A Carreira.






Primeiras fotos atopadas en Correrengalicia

Durísima carreira esta Media Maratona: vento de cara, subes e baixas constantes e empredrado nalgúnhas zonas, son algunhas das causas de por que esta carreira, na miña opinión se fixo moi dura.

Tras esta nota introdutoria paso a facer a crónica desta "corrida" popular que xa vai pola súa decemo segunda edición.

Dende Ponteareas desplazámonos a Viana dez corredores máis dous acompañantes que faría o labor de intendecia. Chegamos dúas horas antes do inicio da proba dándonos tempo de tomar un café con calma e visitar os servicios un par de veces antes de cambiarnos e preprararnos para a carreira.
A diferencia da edición anterior a saída e a meta non se atopaban no mesmo sitio xa que este ano a organización decidiu, moi acertadamente, facer a saída nunha avenida máis ancha. Ata alí fomos uns quince minutos antes do pistoletazo de saída para colaocarnos ben buscando evitar as agolemeracións no primeiro quilómetro. Aínda con ser previsores a saída foi un pouco problemática tendo que facer varios cambios da dereita e esquerda para atopar vía libre.

No meu caso saín acompañado de Edu, Dani e Carlos cun ritmo alto xa que ao non poder ver os pasos quilométricos non sabía os ritmo que levaba. Non foi até o km.4 cando puidemos comprabar que iamos a un ritmo forte (15':36''). Neste momento xunto con Edu e Dani baixei o ritmo deixando que Carlos se fora por diante. No Km.5 Edu xa empezou a quedarse atrás xa que o seu estsdo físico estaba moi mermado converténdose esta carreira nun verdadeiro calvario para el, xa que se veu obrigado a parar varias veces ( a súa cara ao chegar a meta era un poema!). Ata o km.10 (39':36'') fun con Dani, relevándonos para seguir o ritmo, e xusto cando faciamos o cambio de dirección e apreoveitando que o vento non daba tanto de cara empecei a deixar a Dani atrás. Durante o quilóemtro seguinte funme cruzando cos compañeiros e outros correlegas animándonos mutuamente. As sensacións eran boas e sentíame con forzas pero a partir do km. 16, e xa entrando nas rúas de Viana, as forzas ían ao límite, empecei a notar a calor, non estou acostumado a correr a unha hora tan avanzada da mañá, e ademais fun toda a carreira con sensación de sede e de fame ( soará a coña pero o cheiro a comida que había ao paso por algunhas zonas fixo que esta sensación se agudizase). Neste treito de carreira costábame manter o ritmo de 4 min/km. e a pesar de ir adiantando corredores eu á vez tamén era superado. Xa no km. 19 vexo a douscentos metros a Carlos pero non podía nin tan sequera tentar collelo, bastante facía con manter o ritmo. O km. 20 a 21 fíxoseme interminable e para rematar a festa a meta estaba nunha lixeira costiña empedrada e estab ano límite das miñas forzas, non había máis de onde sacar. Tempo de carreira oficioso 1:23':30'', un minuto peor que na MM de Pontevedra e ademais con peores sensacións, naquela fun cómodo toda a carreira, nesta non mais se fago unha analise obxectiva as codicións foron outras, en Pontevedra chegaba co pico de forma e aquí non, en Pontevedra o circuito era moito máis benigno que este polo que extraio a conclusión de que fixen unha boa carreira.
Por detrás entrarían nesta orde Dani, Fernando Rama,Maxi, Victor, Edu, David e Anxo. Cando saian aos tempos oficiais colgareinos nesta entrada, así como as fotos que sacaron Mónica e Robert.

XII MM Manuela Machado


Resultados oficiais XII Media Maratona Manuela Machado

Carlos:159
Xose: 169
Dani:212
Rama :264
Víctor:488
Maxi: 535
Edu: 588 ( Con problemas físicos)
David :645
Anxo:706

1363 chegados a meta.

O obxectivo segue sendo chegar a Barcelona no pico de forma así que o brillo desta estrela non debe de tapar brillos maiores: A por Barcelona !!!

18/01/10

Faltan sete semanas

Semana dura polos adestramento esixentes e pola climatoloxía. Empecei o martes coa rodaxe de once quilómetros pensando que o problema dos xemelgos estaba superado, pero ao día seguinte seguía con certas molestias o que me levou a facer as series do mércores cun pouco de temor, molestábame ao iniciar a carreira pero aos poucos metros xa non tiña molestias. Con isto fixen seis series de mil metros entre 4:10 e 3:31.

Como as molestias en frío seguían, probei un tratamento con electromusculación ( Compex) na opción descontacturante o xoves e o venres, saltándome o adestramento do venres. Non sei se foi o tratamento, o descanso ou as dúas cousas pero as molestias desapareceron por completo e o sábado puiden facer as cinco series de dous mil ( de 8:35 a 7:31 ) e o domingo unha tirada de máis de vinte dous quilómetros ( 1:45:00) no circuíto de A Canuda se problemas nin molestias.

Nesta última tirada atopeime moi ben. A primeira hora foi a un ritmo medio de 5':15'' e seguinte media hora a ritmo de 4':15'' para rematar os derradeiros 15 minutos a ritmos por debaixo de 4'.

A seguinte semana está marcada pola realización do primeiro test : a Media Maratona Manuela Machado en Viana do Castelo ( Portugal). Espero desfrutar da carreira e sair dela con boas sensacións.

Sobre a equipaxe nova dos Taninos só falta probar a tallaxe e facer o encargo por que o deseño xa foi aprobado na "asamblea Tanina" celebrada o sábado.

Saúde e quilometros!!.

13/01/10

Faltan oito semanas

Despois dunha semana de reposo e fisoterapia o sábado saín a trotar e porbar que tal evolucionara a lesión, tras uns primeiros pasos temerosos a cousa ía ben e seguíu así durante unha hora exacta a ritmo de 5 min/km.

Animado polos progresos cambiei a carreira de Xinzo de Limia por unha tirada longa pola terra de Salvaterra facendo pouco máis de vinte quilómetros en compañia de Dani e David e tamén de un par de corredores que coñecemos do mundiño das carreiras e que atopamos no parque da Canuda cando xa levabamos correndo uns corenta minutos. Estes animáronos a continuar con les o seu traxecto e mostráronos un recorrido, tamén de terra que xa coñecía en parte polas ribeiras do río Tea.O mellor foi non ter molestias nos xemelgos despois de facer un total de trinta e dous quilómetros en dous días.

Se na anterior semana tocou adestrar con frío , nesta tocará facelo baixo a auga da chuvia e xa pensando na media maratona Manuela Machado na cidade portuguesa de Viana do Castelo se todo vai ben iremos ata alá unha numerosa delegación tanina. Xa somos unha gran familia e temos que pórmos guapos coa nova equipaxe que por certo me está a dar máis dores de cabeza dos desexados.

Saúde e quilómetros!!!

05/01/10

Contracturado

O que me temía! as molestias no xemelgo esquerdo son debidas a unha contractura ben gorda. Visitei a miña fisioterapeuta e confirmou a diagnose. Ademais o xemelgo dereito tamén está tocado, de feito cando mo tratou a dor era similar ao xa danado.

A día de hoxe a dor é menor, xa podo andar sen molestias o cue me fai ser optimista pero de todos os xeitos creo que debo ser conservador e non arriscar.

En definitiva hai que parar para recuperarse ben, descansarei esta semana para tratar de empezar a trotar na fin de semana e como consecuencia a miña participación na carreira de Xinzo de Limia é máis que dubidosa, creo que o máis convinte será non arriscar e sustituir unha carreira en asfalto por un trote sobre terra.

A recuperarse toca!

03/01/10

Faltan 9 semanas.

Aínda faltan nove semanas para a Marató de Barcelona e digo aínda por que creo que se me vai facer longa a preparación. O vindeiro mes e medio vai ser moi duro por que empezan as series curtas do mércores xunto ás series longas dos sábados, sen esquecer que a isto hai que sumarlle as rodaxes do martes e venres máis a tirada longa do domingo.
De feito xa esta semana foi dura, o martes os meus compañeiros decidiron darlle "brasa" ao adestramento, o mércores fixen un adestramento atípico para min creo que lle chaman adestramento en pirámide e consistiu en facer un dous mil seguido dun mil e un cincocentos para volver a facer o mil e rematar co dous mil completando así vintecinco minutos a ritmo moi vivo.

Justificar a ambos ladosO xoves desplazámonos ata Castrelos ( Vigo) para participar na V edición da San Silvestre Solidaria organizada polo Club Atletismo de Vigo. Unha festa deportiva onde o menos importante é o tempo de carreira e o máis e participar nun proxecto solidario, nesta ocasión os alimentos recollidos foron entregados a AFAN ( asociación viguesa de axuda ao necesitado).
O sábado despois de vintecinco minutos de quecemento fixemos outros vintecinco min. a ritmo de carreira facendo pouco máis de seis quilómetros. Deste adestramento saín un pouco tocado, pero non o souben ata o día seguinte cando empecei a trotar e notei que o xemelgo esquerdo estaba a transmitirme algunhas molestias.

Desta vez o domingo, e buscando adestrar en terra, fomos ata Salvaterra onde fixemos un recorrido combinando o interior do parque da Canuda e o paseo que nos leva ata a finca da Fillaboa. Había que facer 100 min. pero non puiden rematar e quedeime en 85' porque o xemelgo ameazaba con darme problemas maiores e preferín parar antes de facer unha lesión maior.

Na vindeira semana terei que comprobar a evolución do problema e quizá descansar algún día de máis para poder estar a tope na fin de semana e así poder participar nos 10 Km de Xinzo de Limia, unha carreira cun circuíto homologado e totalmente plano. O meu obxectivo non é mellorar marca nest proba por que non estou en forma para logralo pero tentarei estar por debaixo dos 40', todo isto se o xemelgo dáse recuperado ben.