26/10/08

Semana 12. XXXI Carreira Pedestre Camiño de Santiago

Polas empedradas rúas de Compostela


Xa están colgados os resultados oficiais desta proba na web de
Champiochipnorte.
Para os de chip amarelo xa están os resultados, hai que entrar no rexistro persoal e ver os resultados persoais.


Boa semana de adestramentos marcada pola participación na XXXI edición da Pedestre de Santiago.
O martes saída moi suave dunha hora de duración para o mércores lanzarse de cheo a facer series 14X500 m. entre 2':05'' e 1':37''. O vernes trote suave para soltar pernas de 35 min. e sábado "descanso" ( entre comiñas por que tocou axudar a Ana e a Álvaro na mudanza, porcerto paseino de medo e que conste que non pasou afctura ningunha na carreira).

O domingo tocou madrugar ( menos mal que se cambiou a hora!! ). Saída as 7:40 para chegar a Santiago unha hora máis tarde e dirixirnos ao Obradoiro a recoller os dorsais.
Parada técnica para o café e "soltar augas",e xa despois dos últimos preparativos empezar o quecemento.
Quince minutos antes de dar a saída xa nos colocamos na liña para evitar, dentro do que cabe, os problemas que unha saída tan masiva provoca.
Pistoletazo de saída, tardo 11'' en pasar baixo a pancarta de saída. Intento coller o ritmo de Tino, Dani e Edu pero a aglomeración de xente impídemo. Adiantando por onde podía tardei dous quilometros en enganchar aos meus compañeiros. Adianto a David e me pego a Dani e Tino, que vai marcando o ritmo co seu novo Polar con gps ( que invento carallo!!!). Imos a un ritmo alto, impensable para min non hai moito pero vou ben, cómodo.
No Km. 5 Dani dá un empurrón e déixanos atrás pero sen que chegaramos a perdelo de vista. Empeza a parte dura da carreira, o percorrido xa te obriga a baixar o ritmo de carreira.
Km 8 empeza a temida costa do Vite. Sigo co meu ritmo e sempre acompañado por Tino que me vai dando ánimos e marcandome o ritmo, por diante había tempo que perderamos referencias con Edu pero seguimos tendo á vista a Dani.
Ao rematar o Vite empeza o descenso a meta de case dous quilómetros. Manteño o ritmo mentres non me recupero da ascensión ao Vite e xa entrando na zona vella de Santiago dámos o último pulo para coller a Dani xusto cando pasamos por diante da facultade de Historia ( que recordos !!!). Curveando a dereita e a esquerda nun circuito moi rápido intento deixar atrás a Dani e xa na Rúa Nova adíantame como "un demo botando lume", imposible para min seguilo.
A entrada no Obradoiro é espectacular!! .
Estou moi contento coa carreira feita: 47':28'' (47':39'' oficiais ). Catro minutos mellor que na edición anterior é para estalo. Teño que darlle as grazas a Tino por servirme de guía na carreira foi un moi bo apoio e ninguén pode pór en dubida que o seu tempo de hoxe non se corresponde co seu potencial, só desexo que reciba a compensación ao seu traballo cumprindo o seu obxectivo na maratón de Donosti.

Debo facer mención tamén aos resultados dos demais membros da expedición ponteareá. A falta de confirmación oficial, todos melloramos os nosos rexistros incluíndo Victor, recuperado da súa lesión, e a Roberto que, na súa primeira participación, realizou un tempo de 51':20''.

Cando se publiquen en internet os datos oficias colocarei aquí unha ligazón. Como esta carreria esta patrocinada por El Correo Gallego, ata que este xornal non faga pública na súa edición impresa a clasificación, o cronometrador non pode colgalas na súa web.

Nota :A falta das fotos tiradas polas nosas "bravas" e incondicionais seguidoras Ana e Mónica, ilustro esta crónica con fotos atopadas en internet.
Nota 2 : Xa temos fotos!!!

XXXI carreira Pedestre de Santiago



Saúde e quilómetros!!!!

23/10/08

Cea dos Taninos/as

Quen dixo que o atletismo é un deporte individual? Esta claro que cadaquén corre para si, que os resultados son individuais pero cando fago esta pregunta refírome a que co atletismo tamén se fai equipo, e unha boa mostra do que digo son estas fotos tiradas na última ( que non derradeira) cea que celebramos en casa de Edu, esperemos que se repitan!!!As sufridoras

Os sufridores


A orixiñal tarta

20/10/08

De maior quero ser coma el !!!!

Premede sobre a foto e poderedes ler unha entrevista e este personaxe publicada en
" La Voz de Galicia"

19/10/08

Semana 11

Fitos quilométricos na Canuda

Despois do "fracaso" da fin de semana pasada, enfronteime a outra semana de adestramentos con moitas dúbidas, tal vez este sobreadestrando? non descanso o suficiente? estarei fóra de forma?. Con estas preguntas sen resposta saín o martes a adestrar. Ía con moita precaución, pretendía saír a trotar e comprobar que consecuencias me quedaban da "páxara". A medio percorrido as sensacións empezaron a ser positivas, atopábame ben, moi ben. O ritmo íase incrementando e, en compañia da nova incorporación ao grupo, Roberto, os derradeiros quilómetros foron moi rápidos, rematando case a tope. Sentíame ben.
O mércores tocaban series 15x300 entre 1'12'' e 1'04''. Tiña que refrendar a miña recuperación e ,outra vez en compaña de Roberto, fixen as series clavadas: a máis lenta en 1'08'' e a máis rápida foi a derradeira na que me exprimín ao máximo rematando en 0'58''. Destes resultados extraio valoracións positivas, agora habería que refrendalos na fin de semana que prometía dúra.
O venres fixen 57 min. progresivos rematando a tope no derradeiro quilómetro. O sábado de novo series ; 5x2000 m. e para realizalas senter que dar moitas voltas ao circuíto de pardellas, desplazámonos ata Salvaterra para facelas no paseo de A Canuda. Os tempos establecidos eran de 8'40'' a 8':00''. As catro primeiras fixémoas en 8 min. clavando todos os pasos. A quinta e derradeira apretei un chisco para rematala en 7':38'' e o mellor de todo con boas sensacións.
Domingo, día de tirada longa. Facendo a primeira hora a ritmo de 5' e rematando a 4':20'', así fixen 1 h.:43':45'' no seus 22 quilómetros.
Nin rastro de páxaras e con moi boas sensacións. E a semana pasada me deixara moitas dúbidas, esta despexounas.
A vindeira semana estará marcada pola participación na Pedestre de Santiago, unha clásica do calendario galego e que non nos podemos perder.
O meu obxectivo nesta carreira será baixar o tempo feito na edición pasada ( 52':00''), será unha semana de ter pesadelos coa costa do Vite, na que sempre me atranco, non estaría mal pasala sen excesivos sufrimentos para variar!!!!.

Saúde e quilómetros

12/10/08

Semana 10. Crónica dunha "páxara"


Fin de semana marcado pola "media maratón de A Canuda". Como o plan de adestramento marcaba para este domingo unha media maratón e ante a ausencia desta proba no calendario galego, decidimos organizarnos unha no paseo de A Canuda en Salvaterra de Miño ( Pontevedra). Para ter controlados os pasos quilométricos fomos o sábado cunha roda medidora para medir o recorrido facendo un recorrido de seis quilómetros polo que tiñamos que pasar tres veces e media.
A miña crónica persoal da carreira é a crónica do maior desfalecemento que tiven nunha carreira, rematando cunhas sensacións similares ás dos derradeiros quilómetros da MAPOMA.
O previsto era facer os pasos quilométricos a 4':10'', e así foi ata o km 7. Pero a partir de aquí funme afundindo progresivamente, no km. 11 tomei un xel que me permitiu recuperar algo de ritmo entre o 12 e o 17, era un espellismo, os catro derradeiros quilómetros fíxenos como un zombi, sen forzas para cambiar e malamente podía trotar, pola cabeza pasoume a posibilidade de retirarme sen embargo o orgullo puido máis e continuei para rematar cun tempo de 1:34':31'', moi lonxe do meu tempo na Vig-Bay.
Razóns deste desfalecemento: moitos. Pouco descanso, moita carga de adestramentos, ritmo excesivo de saída, mala alimentación e hidratación.
De todo se aprende así que espero sacar consecuencias deste "fiasco", o corpo non é unha máquina que se poida exprimir sen máis, hai que darlle descanso cando o pide.
Seguiremos reflexionando sobre este asunto.

Saúde e quilómetros.

10/10/08

As "lebres" no adestramento: causas e consecuencias.

Abro outro tema de debate, a ver se este ten máis éxito có anterior.
Tras comprobar os efectos devastadores da aparición nos adestramentos de lebres, e visto que o tema pode dar pé a debate, tómome a licenza de trasladar os comentarios da anterior entrada a está.

Anónimo zapatilla veloz dijo...

Aunque el post no sea el idóneo, lo aprovecho para comentaros que estaré de baja atlética hasta el próximo martes, debido a que el gemelo derecho lo tengo muy cargado y me duele. Y todo esto porque resulta que el domingo hice el recorrido de la media más rápido que la Vig-Bay y eso que el recorrido se las traía de duro. Y claro el martes, sin solución de continuidad, otra vez a darle zapatilla "veloz", y ahí casqué un poco.
Como coja por banda a Anxo, que es la liebre oficial, se va a enterar, porque ¡que cabrón!,como resulta que ataja y no va por la Finca do Parrulo asi le puede dar zapatilla.

No obstante si el domingo hace bueno, me apunto a acompañaros a Salvaterra para andar en bici (espero convencer también a Mónica)

Para todos, sáude e quilómetros¡

9 de octubre de 2008 20:47


Anónimo Anónimo dijo...

Umm...
Creo que o problema non son eu, o problema é o ritmo de Tino, Dani e compañía, que tiran e tiran e, claro, un pícase como un allo e pasa o que pasa, rompo, non dou máis e atallo, jeje.
Pero bueno, pouco a pouco.
E se podo ir hoxe ou o domingo xa vos aviso.
A coidarse,
a lebre oficiosa

10 de octubre de 2008 9:12

Eu vou a dar a miña opinión.
O tema é como plantea cada un o adestramento, se tes pensado darlle "caña" pois benvidas sexan as lebres, agora ben, cada un ao seu ritmo, xa que no adestramento non non podemos queimar, para iso xa están as carreiras. O problema ben cando un non ten o corpo para darlle zapatilla e ben un "listillo" con gañas de "armar as de San Quintín" a sabendas de que non vai a rematar o adestramento ou simplemente ou seu ritmo de adestramentos é menos esixente. Nestes casos a reacción do corredor poder ser:

a) Bah! hoxe non me apetece, non teño corpo, isto non vai comigo, vouno deixar ir, esta non é a miña guerra.
Consecuencias: quedarse só e facer o resto do camiño soíño, co aburrido que é iso!!
Vantaxes : non queimarse, regular, gardar forzas, previr lesións.

b) Que cabrón! este non me vai deixar atrás, quen demos se cre! vou escarallado pero o meu orgullo é máis forte.
Consecuencias: Ir a tope, chegar reventado a meta, odiarse a un mesmo e ao cabrón que se lle deu por tirar; posibles lesións, etc.
Vantaxes: forzarse, non acomodarse, provarse.

Podedes seguir comentando o tema a travás dos comentarios.

09/10/08

Fútbol, Fútbol, Fútbol


Por fin! fútbol en Balaídos. Decidín perderme un adestramento de series por acudia a Balaídos coa esperanza de ver ao Celta gañar e está claro que acertei de cheo. Xa non me lembraba de cando fora a última vez que vira gañar ao Celta na casa. E o mellor de todo foi o xeito de facelo, bo fútbol, ocasións de gol e sen sufria ao final pola incerteza do resultado.

O mellor do partido : Roberto Trashorras. Rapaz, ti vales moito!!!!

05/10/08

Semana 9

Semana marcada pola efermidade e pola cea de confraternidade. Empezou mal, con malestar e febre, como xa referín, na entrada anterior, pero acabou ben,moi ben xa eu a pesar de ter que saltarme un adestramento e cambiar de día outro, o mércores fixemos 10 series de 500 m. entre 1:55 e 1:40, o xoves rodaxe de 60'.
O venres tocou desfrutar do bo xantar e das boa compañía díante dunha marabillosa cea en casa de Edu e cos Taninos e Taninas.
Sábado carreira de 10 quil. a 4:20 e 4:10 e domingo rodaxe de fondo de 100' que fixemos saíndo da casa de Tino en Píasd pasando por Ponteareas, Vilasobroso, Mondariz e Balneario para rematar no mesmo lugar de saída. É un recorrido duriño xa que dende o 5 ata o 12 e todo a subir e escepto a baixada a Balneario o resto é un constante sube e baixa. A pesar desta dureza estou satisfeito polos tempos realizados, tanto o sábado como o domingo, se ben teño algunhas molestias musculares froito do esforzo das series do mércores, nada que non se cure con reposo,

Unha semana máis e xa pasamos o ecuador da preparación da maratón de Donosti. Antes temos a Pedestre de Santiago que por certo xa a abriu o proceso de inscripción, e alí esperamos estar!!! .

Saúde e quilómetros!!!