30/12/08

Fin de Ano

Esta vez non vou poder pechar o ano correndo a San Silvestre solidaria de Castrelos ( Vigo), o motivo : a gripe.
Dende que rematei a maratón en Donostia apenas saín a correr unhas seis veces xa que ben por descanso da maratón ou por enfermidade non puiden saír máis veces ( catarro, gastroenterite, gripe), menos mal que me veu todo xunto ao rematar a miña temporada e non me impediu cumprir os meus obxectivos deportivos!.
Era do meu gusto poder participar na San Silvestre para rematar correndo o que foi un moi bo ano deportivo. Levando a vista atrás non podo máis que estar satisfeito : fixen un tempo moi bo na Vig-Bay ( 1h. 28' 11'' ) fixen a miña primeira maratón en Madrid no mes de abril e rematei o ano coa segunda maratón facendo un tempo espectacular para as miñas posibilidades , no medio varias carreiras nas que baixei de 4 min/km como foi a de Santiago onde por primeira vez puiden subir a costa do Vite sen problemas e onde estiven a piques de poderlle ganar ao tanino Dani ( vaite preparando que na vindeira non te me escapas!!! queda isto como declaración de intencións para o vindeiro ano jajaja).
Foi un ano onde os Taninos nos reafirmamos como equipo nas carreiras e fóra delas. Xa temos equipaxe e chandal oficial, competimos como equipo na Vig-Bay, fixemos comidas e ceas, desplazamentos as carreiras en equipo... e sobre todo seguimos adestrando xuntos o que axuda e moito a conseguir éxitos nas carreiras.

No ano que entra espero poder seguir facendo o mesmo : correr, conseguir novos obxectivos e seguir contando cos Taninos para todo.

Xa que non vou a estar en condicións de correr ata a vindeira semana aproveito este blog para desexarlles a todos os Taninos e tamén a todos os que len este blog un feliz fin de ano e un novo ano cheo de éxitos deportivos e persoais, que se acabe a crise dunha vez e que poidamos desfrutar das carreiras a tope.

Por certo xa estou inscrito na Media de Viana do Castelo, animádeos!!

Feliz Ano a todos!!!

25/12/08

Novas zapatillas para un novo ano


Neste Nadal aproveitando os descontos que por efecto da crise económica que nos afecta están a ofrecer os negocios decidín comprar zapatillas novas. Estaba esperando á rebaixas de xaneiro pero vin este modelo nunha tenda e entrei a preguntar por elas. Polo precio que tiñan (antes da rebaixa) xa supuxen que non eran unha marabilla da técnica pero para sair a rodar tampouco son tan malas, así que as comprei e por suposto xa as estrenei e atopeinas cómodas, quizais un pouco duras, supoño que co uso xa se irán amolando.
Isto é o que di desta zapatilla a revista runners:

ZAPATILLAS
Asics Gel Oberon 2: calidad, precio y asfalto

La Gel Oberon 2 de Asics es una zapatilla idónea para aquellos que se aventuran a salir a correr ocasionalmente. Este modelo pretende mostrar su lado más técnico al público general consiguiendo un buen producto que patente la relación calidad-precio. Amortiguación, flexibilidad en un diseño elegante y formal.

Este producto de la temporada primavera / verano 08 ha adquirido el diseño y algunas tecnologías que integraba en la anterior campaña el modelo de gama superior, la Gel Cumulus de Asics. Esto ha permitido a la Gel Oberon 2 darse a conocer como una de las zapatillas más cómodas y eficientes de la gama active running de Asics.

La Gel Oberon 2 presume de llevar incorporada en la suela la tecnología avanzada de Ahar+. Gracias a este componente, este modelo tiene asegurada una prolongada durabilidad. También dispone de un sistema Trusstic capacitado para los corredores habituales. A través de esta tecnología se evitan numerosas lesiones que puede sufrir el corredor, dado que el puente rígido que cubre la parte central de la suela de la zapatilla proporciona una mayor estabilidad en la carrera.

La Gel Oberon 2 presenta unas magníficas prestaciones, lo que le permite cumplir con las expectativas de los corredores. Es una zapatilla que se ajusta muy bien a los corredores neutros y pronadores moderados, respectivamente. La Gel Oberon 2 se ha coronado en esta temporada como una zapatilla excelente y muy eficaz para los adictos al running.

23/12/08

Hai un ano.

Hai ano que empecei con este blog. Animado pola curiosidade que estas cousas sempre me provocaron, decidín facer este caderno de notas a xeito de diario. A razón que atopei para emprender esta aventura foi a preparación da MAPOMA 2008 que unha vez rematada deu pé a continuar con outras "aventuras" deportivas.

O balanzo é por suposto positivo, os "contos do corredor de fondo" converteuse nun lugar onde gardar os recordos, as anécdotas, as fotos ... e tamén un lugar de xuntanza dos Taninos que esperan as miñas crónicas de cada semana.

Pronto vai a empezar un novo ano, con novos retos deportivos no horizonte e este lugar seguirá informando dos meus progresos e tamén os dos demais Taninos que seguirán dando que falar.

Pronto empezaremos a preparar a Vig-bay e a Mapoma 2009 e haberá cousas que contar, de momento e como estamos en festas só me queda felicitar a todos os que me len, sexan coñecidos ou non, así que :

FELICES FESTAS E UN VINDEIRO ANO CHEO DE ÉXITOS !!!!



SAÚDE E QUILÓMETROS !!

14/12/08

Obxectivo MAPOMA 2009

Cea dos Taninos

Xa é oficial!! no ano 2009 repetiremos experiencia polas rúas de Madrid, na edición pasada quedeime cunha espiniña cravada e teño que sacala, gustaríame entrar no Retiro madrileño sen sufrir como o fixen este ano.

Pero un mes antes da MAPOMA celébrase en Vigo a mellor proba do calendario galego a Media Maratón VIG-BAY. Por esta carreira empecei a correr e nela darei todo para rebaixar o tempo da edición pasada. Despois de asistir a moitas carreiras son da opinión de que hai que darlle a esta carreira todo o apoio que sexa preciso para que continúe sendo unha referencia no calendario galego.

Por outra banda, esta semana foi un pouco complicada para min, xa que teño a miña nai ingresada no Hospital, e puiden sacar tempo para volver a correr, dez días despois da Maratón de Donosti. Foron corenta minutos de trote suave para soltar pernas, cando cheguei a casa tiña as pernas algo cargadas e non volvín a sair ata este domingo. Saín sen rumbo fixo, a trotar e facer algúns quilómetros, cando em din conta levaba cincuenta minutos e as sensacións que tiña eran boas, ao final a saída foi de unha e once minutos que non está nada mal para ter corrido hai quince días unha maratón.

Tamén foi semana de celebración, os taninos fomos de cea e despois saímos de copas polos garitos nocturnos de Vigo, pasámolo ben que era do que se trataba. Cada un de nós fixo público o seu calendario de carreiras e polo que a min me toca teño como obxectivos ademais dos antes mencionados a Media Maratón de Viana do Castelo a finais de xaneiro, a intersport de Porriño en febreiro, a carreira organizada pola Universidade de Vigo xa en marzo e non descarto algunha que apareza polo camiño.

Seguimos dándolle zapatilla !!

Saúde e quilómetros

02/12/08

Maratón de Donostia : 3 Horas 8 minutos e 46 segundos




Outra maratón para o peto e xa van dúas!!!

A historia desta carreira comenzou alá polo mes de agosto, e ao longo destas dezasete semanas fun dando conta, semana a semana, do traballo feito. Agora non toca voltar tan atrás pero si empezar a crónica coa vaixe a Donostia, ata alá viaxamos o venres pola mañán Edu e familia nun coche e David, Mónica e eu noutro. A pesar das predicións metereolóxicas que alertaban de problemas nas estradas, non tivemos ningún en todo o camiño, se ben, a neve empezaba a facer presencia nalgúns treitos do camiño.
Chegamos a media tarde e despois de facer posesión do apartamento que tiñamos alugado, Edu máis eu saímos a correr durante 40 min. polo paseo da Concha. Despois da ducha empezaron os meus problemas físico-mentais, atopábame raro ( en sentido xeral), así estiven ata o sábado, cando despois de ter recollido o dorsal e atoparnos con Roberto ( que sería o meu compañeiro na Maratón) nas instalacións do Estadio de Anoeta, empecei a analizar o que me podía estar pasando e foi aí cando me din conta de que estaba entrando nun estado de ansiedade que me estaba facendo plantexar non correr a Maratón, aí apareceu a miña salvación, comenteino con Edu e decidín comprar unha tableta de chocolate, santo remedio!!! paseime toda a tarde no piso descansando, vendo a tele e comendo chocolate!!, á mañá seguinte ( día da carreira ) estaba de novo listo para afrontar a carreria con plenas garantías.

Erguémonos ás 6 da mañán, almorzamos, charlamos, puxemos a roupa de tanino, cremas e a bolsa do lixo pola cabeza para mitigar o frío que había na rúa con 7º C as 8:30 hora na que saímos do piso, que estaba a pouco máis dun quilómetro da saída. Atopámonos con Roberto no lugar fixado o día anterior e despois de situarnos na liña saída, ás 9 en punto deuse a saída.

Como xa estaba establecido Edu saíu a un ritmo superior ao noso, enseguida o perdimos de vista. Nos primeiros km fomos a 4':20'', máis rápido do previsto e así pasamos pola media maratón (1 h. 30': 50'' ) e seguimos ata o km 24 onde decidimos baixar un pouco o ritmo por medo a pagar o esforzo despois. A pesar da mañán fría había bastante xente animando, sobre todo amigos e familiares dos corredores, que tentaban facernos menos dura a carreira, os berros de Aupa! Otxo Ondo! estaban presentes en toda a carreira. Nós contabamos tamén cunha pequena pero animosa afección, xa que as fillas de Edu e a súa muller Mónica ademais do tanino-animador David e Mónica animáronos ao longo dun circuíto, que ao dar varias pasadas pola mesma zona, permitía poder ver aos corredores varias veces.
Volvendo á carreira a partir do km. 24 máis o menos, baixamos o ritmo a 4':30'' . Atopábame cómodo, en ningún momento fun ao límite , pero a dúbida ao que podía pasar despois, fíxonos tomar a sabia decisión de baixar o ritmo. O circuíto permitía cruzarmos cos que ían por diante e por detrás por iso sempre que nos cruzabamos con Edu nos dabamos ánimos mutuamente e podiamos observar a "degradación" propia do cansanzo nos rostros dos corredores. Á hora de competición fixo acto de presencia a chuvia, que nas zonas próximas ao mar, xunto co vento dificultaban a marcha. No km 28 empecei a botar de menos os guantes que si ben empezara a carreira con eles, decidira desprenderme deles cando me atopei con David entre o 7 e o 8, agora o frío era maior, os termómetros marcaban xa os 5º C e tiven que facer movementos de brazos para que entraran en calor, aquí Roberto ofreceume os seus guantes, que sabiamente conservaba, pero rexeiteinos por que a culpa de estar pasando frío era miña por ir de listo.
O frío, o vento e por suposto o cansanzo obrigounos a baixar de novo o ritmo ata os 4':45'' entre o 27 e o 39 aproximadamente, neste punto quilométrico adiantounos un grupo numeroso e decidín seguir ese ritmo, pensei que o meu compañeiro me seguía pero cando botei a vista atrás non o vin, botei outra ollada e xa estaba 10 metros por detrás, fíxome un sinal de que tirase e así o fixen.
Estes foron os momentos máis "gloriosos" da maratón, atopeime moi fresco, xa non me doía nada, foi como se o cheiro á meta me dera máis forzas, empecei a adiantar a moitos corredores, pola cabeza só me pasaban imaxes positivas empecei a lembrarme de todos os que me deron ánimos, das series nas frías noites de Pardellas, nas tiradas longas dos domingos subindo por Vilasobroso, do que sufría na subida á Picaraña... e cando xa estaba dentro do estadio que subidón!! buf!! sentíame como Abel Antón nos mundiais de Sevilla, cando entrou só no Estadio de La Cartuja na proba de maratón. Xa na recta de meta escoitei ós ánimos dende a bancada de David e Mónica, entro en meta paro o meu cronómeto e vexo un fabuloso tempo de 3 horas 8 minutos e 46 segundos. Nunca pensara realmente que podía facer un tempo así, o meu reto era rondar as 3 h. 15' que xa era un bo tempo, pero baixar en máis de 33 minutos o meu tempo da MAPOMA non entraba nas miñas previsións.


Cando me atopei con Edu fundímonos nun emocionado abrazo, agora dábame conta de por que el estaba tan efusivo na meta da Mapoma cando eu non podía case nen falar!!! como cambiou o conto!!!.
Despedímonos de Roberto e de regreso a casa aínda había corredores camiño da meta mentras a chuvia arreciaba.

A tarde domingo pasámola descansado no apartamento e recibindo chamadas e felicitacións dos taninos e amigos.

O luns tocou viaxe de regreso e esta vez a neve si fixo acto de presencia, ata pasar Burgos a estrada estaba totalmente nevada pero non tivemos problema para seguir a viaxe ata casa.

Poño fin a esta longa crónica agradecendo os ánimos e apoios de todos e todas, non só na carreira senón tamén ao longo deste periodo de preparación e sobre todo a Tino quen tiña esta carreira como obxectivo e que finalmente non puido competir, espero que se recupere pronto e que poidamos contar con el en próximos retos.

Se picades nesta ligazón se poden ver as fotos que me tiraron durante a carreira : FOTOS


Resultados da XXXI Maratón de Donostia

Eduardo: Posto 463 tempo 2 h. 59 min. 46 seg.
Xosé : Posto 714 tempo 3 h. 08 min. 46 seg.
Roberto :Posto 824 tempo 3h. 11 min. 21 seg.

Saúde e quilómertros !!!

25/11/08

Que mágoa

Aínda non se empezou a correr e xa temos a primeira baixa, e non por lesión "deportiva". O importante é que non foi grave.
Esperamos pronta recuperación !!!
Ánimo Tino, xa haberá carreiras onde rebaixar tempos e machacar rivais!!!

23/11/08

Semana 16. Falta unha semana

Unha semana nada máis. Atrás quedou o mes de agosto cando empezamos a preparar esta maratón, preparación da que disfrutei moito, atrás quedaron as costas, as series duras, as quilometradas dos domingos... espero que todo isto servira para non sufrir "demasiado" polas rúas de Donosti.

Esta semana reincorporeime aos adestramentos despois de pasar a fin de semana pasada na casa recuperándome do catarro que me deixou fóra de xogo.
O martes realizamos un recorrido de 60 min. no que notei o parón, tiña as pernas moi pesadas e rematei o adestramento coas pernas doloridas.
O xoves realizamso un test para determinar o ritmo de carreira, tratábase de facer unha serie de 6000 m. ao ritmo previsto da maratón e unha segunda serie a tope, se ao final a diferencia pro quilómetro é igual a 30'' o obxectivo é posible. Cal foi o resultado? pois a primeira fixena por debaixo do previsto 15'' e a segunda 15'' por riba do desexado. Que quere decir isto? pois que tal vez non esté preparado para seguir o ritmo previsto, pero como non é determinante e a carreira porá a cada un no seu sitio, vou a seguir co previsto, vou saír a 4':30'' e que sexa o que teña que ser. se consigo manter este ritmo acabaría entorno das 3 horas e 8 min. e a verdade contentaríame con facer sobre as 3 h. 15 min. co que teño unha marxe de 7 min. polo que poda pasar.
De todos os xeitos, e non é por pór a venda antes da ferida, se non consigo este obxectivo pois tampouco pasaría nada, do que se trata é de desfrutar deste deporte e se se consiguen as marcas pois moito mellor.
Esta semana a carga de adestramentos diminúe considerablemente, 60' o martes e cinco series de 1000 m. o mércores a ritmo medio. O venres, xa en Donostia, 40' para estirar as pernas. Todo está feito agora só queda esperar e que os nervios non afecten demasiado.
Vémonos en Donosti!!!

Saúde e quilómetros !!!

22/11/08

Vídeo Motivación.

Xa queda pouquiño para a Maratón de Donosti 2008 e que mellor xeito de se motivar que recordar o que foi a nosa primeira participación nunha maratón, por iso colgo este video que fixen co material fotográfico que me chegou da pasada MAPOMA.
Os que viviron esta experiencia comigo estou seguro que reviviran aquel día especial que quedará para sempre na nosa memoria.




Saúde e quilómetros !!!

16/11/08

Semana 15. Saltan as alarmas!!!!

Todo ía sobre o previsto nos adestramentos, rodaxe de 70' o martes e series 15x400 entre 1':30'' e 1':15'' o mércores , pero esta semana chegaron os problemas: o catarro a e as lesións.
Pola miña banda o cansanzo co que rematei a semana pasada debíase aos primeiros síntomas da catarreira que me afectou toda semana e que só me deixou adestrar o martes e mércores pero na fin de semana agraváronse os síntomas producíndome unha rinitis que me debilitou fisicamente e que me impediu adestrar e por suposto obrigoume a renunciar a participar na carreira de San Martiño en Ourense, na que tiña postas moitas ilusións mais por segunda vez consecutiva non puiden participar nesta proba. Se ben é certo que o domingo xa estaba máis recuperado, non é cuestión de forzar tendo a maratón de Donostia a menso de quince días.

O que tamén se viu obrigado a parar esta fin de semana foi Tino xa que no adestramento do venres sentiu unha picadela na perna dereita que lle obrigou a parar e tomar reposo, esperemos que só sexa un susto e que non vaia a máis.

Escribo está crónica mentres espero as noticias do resto dos Taninos que se desplazaron ata a cidade das Burgas, estou desexoso de ver os seus resultados, espero que todo saia ben e que se cumpran os obxectivos de cada un.
Cando saia a clasificación xa pendurarei nesta entrada.
Xa están os resultados da San Martiño 2008
Xa temos fotos :

San Martiño 2008

Saúde e quilómetros !!! (sobre todo saúde!!)

11/11/08

Circuíto da Maratón de Donosti

09/11/08

Semana 14. Conta atrás para a Maratón de Donosti


Quen dixo que tempos pasados foron mellores?
Padrón, marzo de 2007


Esta semana foi suave se exceptuamos o adestramento do domingo, xa que estivo marcado pola realización dunha proba de 21 quilómetros que debe pórmos "finos" para a maratón de Donosti.
O martes e xoves fixemos adestramento aeróbico de 70' e 50' respectivamente intercalando no mércores seis series de 1000 m. entre 3:45 e 3:25 das cales saín moi satisfeito.
O sábado unha saída de 35' , que se covertiron e 49', a trote moi suave polas beiras do río Tea.
O domingo trasladámonos, unha vez máis, ata A Canuda (Salvaterra ) para facer a media maratón a ritmo de competición. O meu obxectivo era baixar de 1:28':11'' ( tempo que fixen na Vig-Bay), para iso tiña que levar un ritmo de 4':10'' e así o fixen ata o quilómetro 12, a partir de aquí rondaba xa os 4':15'' para rematar en 1:29':00'' ( aproximados por que me pasei de longo o lugar fixado como meta)co que me sae unha media de 4':13'' que tampouco está nada mal tendo en conta que me faltou sentirse de certo nunha carreira, por que por moito que simules o ritmo de carreira creo que as carreiras danche un plus que non atopas nos adestramentos. O que si me preocupa son as sensacións de despois, xa que remato moi canso, as veces penso que teño un obxectivo demasiado alto para o meu nivel e que teño que rebaixar as miñas pretensións de facer a maratón por debaixo das 3 : 15':00''.

Agora a pola San Martiño de Ourense!! , é unha proba á que lle teño ganas, nela debutei como corredor (na era moderna! o de hai vinte anos é prehistoria!) vai para dous anos e rematara lesionado e coxeando os derraderios dous quilómetros, por iso teño que sacarme a espiña facendo unha boa marca, a poder ser por debaixo de 40 min. xa se verá!

Saúde e quilómetros

02/11/08

Semana 13. Camiño de Donosti.

Que pouco falta xa! pouco a pouco vaise achegando o día e a preparación estáse facendo duriña. Esta semana empezamos con series (2X5000) a primeira en 20':09'' a segunda en 19':19''. O mércores tomeino de descanso, cambiei atletismo por ir a animar ao Celta en partido de copa.
O venres de novo series, esta vez 10x1000, todas por debaixo de 4' rematando en 3':29''. As sensacións que tiven son moi boas, destacar as series que se mandou David remantando a derardeira en 3':31'', e sen comentarios para o "Keniatablanco" Tino todas por debaixo de 3':45''.

Sábado. Que duro foi erguerse da cama e pórse a correr!!, as series do día anterior deixáranme tocado e froito co cansancio durmira mal. Fun a adestrar de todos os xeitos, había que facer 70' e a medida que íamos devorando quilómetros funme atopando mellor, ademais pasámonos de contas e rematamos facendo 79'.

Domíngo. 110' no plan de adestramento, saímos dende Pías cara a Ponteareas para despois subir a Vilasobroso ( menuda subidiña!!) a ritmo entre 4':30'' e 5':00'' por quilómetro , de seguido cara a Mondariz e de aí a Balneario, xa incrementando o ritmo sobre 4':00'' ou 4':15''.Para cumprir co plan prolonguei tres quilómetros o circuíto acabando cando o crono marcaba 1 : 50':00'' iso si coas forzas fundidas, si tivera que dar un quilómetro máis non sei como acabaría!!.

Isto marcha e penso que ben, agora só falta que non haxa contratempos, hai que seguir co plan e coidarse que este frío é moi traidor.

Saúde e quilómetros!!!
Foto tirada na Maratón do Miño ( Ourense) por Xandra a quen tiven o gusto de coñecer este sábado, moitas grazas por esta e por todas as fotos que, sin coñecernos me sacaches a min aos meus compañeiros.

26/10/08

Semana 12. XXXI Carreira Pedestre Camiño de Santiago

Polas empedradas rúas de Compostela


Xa están colgados os resultados oficiais desta proba na web de
Champiochipnorte.
Para os de chip amarelo xa están os resultados, hai que entrar no rexistro persoal e ver os resultados persoais.


Boa semana de adestramentos marcada pola participación na XXXI edición da Pedestre de Santiago.
O martes saída moi suave dunha hora de duración para o mércores lanzarse de cheo a facer series 14X500 m. entre 2':05'' e 1':37''. O vernes trote suave para soltar pernas de 35 min. e sábado "descanso" ( entre comiñas por que tocou axudar a Ana e a Álvaro na mudanza, porcerto paseino de medo e que conste que non pasou afctura ningunha na carreira).

O domingo tocou madrugar ( menos mal que se cambiou a hora!! ). Saída as 7:40 para chegar a Santiago unha hora máis tarde e dirixirnos ao Obradoiro a recoller os dorsais.
Parada técnica para o café e "soltar augas",e xa despois dos últimos preparativos empezar o quecemento.
Quince minutos antes de dar a saída xa nos colocamos na liña para evitar, dentro do que cabe, os problemas que unha saída tan masiva provoca.
Pistoletazo de saída, tardo 11'' en pasar baixo a pancarta de saída. Intento coller o ritmo de Tino, Dani e Edu pero a aglomeración de xente impídemo. Adiantando por onde podía tardei dous quilometros en enganchar aos meus compañeiros. Adianto a David e me pego a Dani e Tino, que vai marcando o ritmo co seu novo Polar con gps ( que invento carallo!!!). Imos a un ritmo alto, impensable para min non hai moito pero vou ben, cómodo.
No Km. 5 Dani dá un empurrón e déixanos atrás pero sen que chegaramos a perdelo de vista. Empeza a parte dura da carreira, o percorrido xa te obriga a baixar o ritmo de carreira.
Km 8 empeza a temida costa do Vite. Sigo co meu ritmo e sempre acompañado por Tino que me vai dando ánimos e marcandome o ritmo, por diante había tempo que perderamos referencias con Edu pero seguimos tendo á vista a Dani.
Ao rematar o Vite empeza o descenso a meta de case dous quilómetros. Manteño o ritmo mentres non me recupero da ascensión ao Vite e xa entrando na zona vella de Santiago dámos o último pulo para coller a Dani xusto cando pasamos por diante da facultade de Historia ( que recordos !!!). Curveando a dereita e a esquerda nun circuito moi rápido intento deixar atrás a Dani e xa na Rúa Nova adíantame como "un demo botando lume", imposible para min seguilo.
A entrada no Obradoiro é espectacular!! .
Estou moi contento coa carreira feita: 47':28'' (47':39'' oficiais ). Catro minutos mellor que na edición anterior é para estalo. Teño que darlle as grazas a Tino por servirme de guía na carreira foi un moi bo apoio e ninguén pode pór en dubida que o seu tempo de hoxe non se corresponde co seu potencial, só desexo que reciba a compensación ao seu traballo cumprindo o seu obxectivo na maratón de Donosti.

Debo facer mención tamén aos resultados dos demais membros da expedición ponteareá. A falta de confirmación oficial, todos melloramos os nosos rexistros incluíndo Victor, recuperado da súa lesión, e a Roberto que, na súa primeira participación, realizou un tempo de 51':20''.

Cando se publiquen en internet os datos oficias colocarei aquí unha ligazón. Como esta carreria esta patrocinada por El Correo Gallego, ata que este xornal non faga pública na súa edición impresa a clasificación, o cronometrador non pode colgalas na súa web.

Nota :A falta das fotos tiradas polas nosas "bravas" e incondicionais seguidoras Ana e Mónica, ilustro esta crónica con fotos atopadas en internet.
Nota 2 : Xa temos fotos!!!

XXXI carreira Pedestre de Santiago



Saúde e quilómetros!!!!

23/10/08

Cea dos Taninos/as

Quen dixo que o atletismo é un deporte individual? Esta claro que cadaquén corre para si, que os resultados son individuais pero cando fago esta pregunta refírome a que co atletismo tamén se fai equipo, e unha boa mostra do que digo son estas fotos tiradas na última ( que non derradeira) cea que celebramos en casa de Edu, esperemos que se repitan!!!As sufridoras

Os sufridores


A orixiñal tarta

20/10/08

De maior quero ser coma el !!!!

Premede sobre a foto e poderedes ler unha entrevista e este personaxe publicada en
" La Voz de Galicia"

19/10/08

Semana 11

Fitos quilométricos na Canuda

Despois do "fracaso" da fin de semana pasada, enfronteime a outra semana de adestramentos con moitas dúbidas, tal vez este sobreadestrando? non descanso o suficiente? estarei fóra de forma?. Con estas preguntas sen resposta saín o martes a adestrar. Ía con moita precaución, pretendía saír a trotar e comprobar que consecuencias me quedaban da "páxara". A medio percorrido as sensacións empezaron a ser positivas, atopábame ben, moi ben. O ritmo íase incrementando e, en compañia da nova incorporación ao grupo, Roberto, os derradeiros quilómetros foron moi rápidos, rematando case a tope. Sentíame ben.
O mércores tocaban series 15x300 entre 1'12'' e 1'04''. Tiña que refrendar a miña recuperación e ,outra vez en compaña de Roberto, fixen as series clavadas: a máis lenta en 1'08'' e a máis rápida foi a derradeira na que me exprimín ao máximo rematando en 0'58''. Destes resultados extraio valoracións positivas, agora habería que refrendalos na fin de semana que prometía dúra.
O venres fixen 57 min. progresivos rematando a tope no derradeiro quilómetro. O sábado de novo series ; 5x2000 m. e para realizalas senter que dar moitas voltas ao circuíto de pardellas, desplazámonos ata Salvaterra para facelas no paseo de A Canuda. Os tempos establecidos eran de 8'40'' a 8':00''. As catro primeiras fixémoas en 8 min. clavando todos os pasos. A quinta e derradeira apretei un chisco para rematala en 7':38'' e o mellor de todo con boas sensacións.
Domingo, día de tirada longa. Facendo a primeira hora a ritmo de 5' e rematando a 4':20'', así fixen 1 h.:43':45'' no seus 22 quilómetros.
Nin rastro de páxaras e con moi boas sensacións. E a semana pasada me deixara moitas dúbidas, esta despexounas.
A vindeira semana estará marcada pola participación na Pedestre de Santiago, unha clásica do calendario galego e que non nos podemos perder.
O meu obxectivo nesta carreira será baixar o tempo feito na edición pasada ( 52':00''), será unha semana de ter pesadelos coa costa do Vite, na que sempre me atranco, non estaría mal pasala sen excesivos sufrimentos para variar!!!!.

Saúde e quilómetros

12/10/08

Semana 10. Crónica dunha "páxara"


Fin de semana marcado pola "media maratón de A Canuda". Como o plan de adestramento marcaba para este domingo unha media maratón e ante a ausencia desta proba no calendario galego, decidimos organizarnos unha no paseo de A Canuda en Salvaterra de Miño ( Pontevedra). Para ter controlados os pasos quilométricos fomos o sábado cunha roda medidora para medir o recorrido facendo un recorrido de seis quilómetros polo que tiñamos que pasar tres veces e media.
A miña crónica persoal da carreira é a crónica do maior desfalecemento que tiven nunha carreira, rematando cunhas sensacións similares ás dos derradeiros quilómetros da MAPOMA.
O previsto era facer os pasos quilométricos a 4':10'', e así foi ata o km 7. Pero a partir de aquí funme afundindo progresivamente, no km. 11 tomei un xel que me permitiu recuperar algo de ritmo entre o 12 e o 17, era un espellismo, os catro derradeiros quilómetros fíxenos como un zombi, sen forzas para cambiar e malamente podía trotar, pola cabeza pasoume a posibilidade de retirarme sen embargo o orgullo puido máis e continuei para rematar cun tempo de 1:34':31'', moi lonxe do meu tempo na Vig-Bay.
Razóns deste desfalecemento: moitos. Pouco descanso, moita carga de adestramentos, ritmo excesivo de saída, mala alimentación e hidratación.
De todo se aprende así que espero sacar consecuencias deste "fiasco", o corpo non é unha máquina que se poida exprimir sen máis, hai que darlle descanso cando o pide.
Seguiremos reflexionando sobre este asunto.

Saúde e quilómetros.

10/10/08

As "lebres" no adestramento: causas e consecuencias.

Abro outro tema de debate, a ver se este ten máis éxito có anterior.
Tras comprobar os efectos devastadores da aparición nos adestramentos de lebres, e visto que o tema pode dar pé a debate, tómome a licenza de trasladar os comentarios da anterior entrada a está.

Anónimo zapatilla veloz dijo...

Aunque el post no sea el idóneo, lo aprovecho para comentaros que estaré de baja atlética hasta el próximo martes, debido a que el gemelo derecho lo tengo muy cargado y me duele. Y todo esto porque resulta que el domingo hice el recorrido de la media más rápido que la Vig-Bay y eso que el recorrido se las traía de duro. Y claro el martes, sin solución de continuidad, otra vez a darle zapatilla "veloz", y ahí casqué un poco.
Como coja por banda a Anxo, que es la liebre oficial, se va a enterar, porque ¡que cabrón!,como resulta que ataja y no va por la Finca do Parrulo asi le puede dar zapatilla.

No obstante si el domingo hace bueno, me apunto a acompañaros a Salvaterra para andar en bici (espero convencer también a Mónica)

Para todos, sáude e quilómetros¡

9 de octubre de 2008 20:47


Anónimo Anónimo dijo...

Umm...
Creo que o problema non son eu, o problema é o ritmo de Tino, Dani e compañía, que tiran e tiran e, claro, un pícase como un allo e pasa o que pasa, rompo, non dou máis e atallo, jeje.
Pero bueno, pouco a pouco.
E se podo ir hoxe ou o domingo xa vos aviso.
A coidarse,
a lebre oficiosa

10 de octubre de 2008 9:12

Eu vou a dar a miña opinión.
O tema é como plantea cada un o adestramento, se tes pensado darlle "caña" pois benvidas sexan as lebres, agora ben, cada un ao seu ritmo, xa que no adestramento non non podemos queimar, para iso xa están as carreiras. O problema ben cando un non ten o corpo para darlle zapatilla e ben un "listillo" con gañas de "armar as de San Quintín" a sabendas de que non vai a rematar o adestramento ou simplemente ou seu ritmo de adestramentos é menos esixente. Nestes casos a reacción do corredor poder ser:

a) Bah! hoxe non me apetece, non teño corpo, isto non vai comigo, vouno deixar ir, esta non é a miña guerra.
Consecuencias: quedarse só e facer o resto do camiño soíño, co aburrido que é iso!!
Vantaxes : non queimarse, regular, gardar forzas, previr lesións.

b) Que cabrón! este non me vai deixar atrás, quen demos se cre! vou escarallado pero o meu orgullo é máis forte.
Consecuencias: Ir a tope, chegar reventado a meta, odiarse a un mesmo e ao cabrón que se lle deu por tirar; posibles lesións, etc.
Vantaxes: forzarse, non acomodarse, provarse.

Podedes seguir comentando o tema a travás dos comentarios.

09/10/08

Fútbol, Fútbol, Fútbol


Por fin! fútbol en Balaídos. Decidín perderme un adestramento de series por acudia a Balaídos coa esperanza de ver ao Celta gañar e está claro que acertei de cheo. Xa non me lembraba de cando fora a última vez que vira gañar ao Celta na casa. E o mellor de todo foi o xeito de facelo, bo fútbol, ocasións de gol e sen sufria ao final pola incerteza do resultado.

O mellor do partido : Roberto Trashorras. Rapaz, ti vales moito!!!!

05/10/08

Semana 9

Semana marcada pola efermidade e pola cea de confraternidade. Empezou mal, con malestar e febre, como xa referín, na entrada anterior, pero acabou ben,moi ben xa eu a pesar de ter que saltarme un adestramento e cambiar de día outro, o mércores fixemos 10 series de 500 m. entre 1:55 e 1:40, o xoves rodaxe de 60'.
O venres tocou desfrutar do bo xantar e das boa compañía díante dunha marabillosa cea en casa de Edu e cos Taninos e Taninas.
Sábado carreira de 10 quil. a 4:20 e 4:10 e domingo rodaxe de fondo de 100' que fixemos saíndo da casa de Tino en Píasd pasando por Ponteareas, Vilasobroso, Mondariz e Balneario para rematar no mesmo lugar de saída. É un recorrido duriño xa que dende o 5 ata o 12 e todo a subir e escepto a baixada a Balneario o resto é un constante sube e baixa. A pesar desta dureza estou satisfeito polos tempos realizados, tanto o sábado como o domingo, se ben teño algunhas molestias musculares froito do esforzo das series do mércores, nada que non se cure con reposo,

Unha semana máis e xa pasamos o ecuador da preparación da maratón de Donosti. Antes temos a Pedestre de Santiago que por certo xa a abriu o proceso de inscripción, e alí esperamos estar!!! .

Saúde e quilómetros!!!

30/09/08

Semana 8. Dous equipos enteiros e un tolo solto. 37 de febre.





Primeiro desculpas pola tardanza en actualizar o blog, na miña desculpa decir que o luns estiven con febre e tiven que abandonar o meu posto de traballo, de feito hoxe escribo dende a casa antes de reincorporarme ao traballo.
A crónica semanal está marcada pola participación dos taninos na II maratón do Miño en Ourense. Despois de adestrar martes,mércores e xoves o domingo desprazámonos ata a cidade das Burgas dous equipos de relevos e un tolo disposto a facer a maratón enteira el soíño.
Saímos de Ponteareas ás 7:15 para chegar a Ourense sobre as 8. Despois dos preparativos pertinentes nos diriximos ata a praza maior onde daría a saída á Maratón.
Ás nove en punto deuse a saída, alí estaban David do primeiro equipo, Anxo compoñente do segundo e Edu que saía para facer a maratón enteira. Mentres estes facían os primeiros quilómetros os demais nos desprazamos ata o lugar do primeiro relevo no quilometro 14. David foi o primeiro en aparecer dándome o relevo a min, a seguir pasaría Edu e despois Anxo que lle daría o relevo a Borja.
A min tocume facer todo o circuíto do Miño. Nada máis darme o relevo David os primeiros metros eran de subida polo que tratei de saír tranquilo sen cebarme e regulando. Cando rematou a subida xa empecei a coller ritmo e a adiantar a corredores que facían a Maratón enteira e tamén a un par de relevistas. Despois de pasar a Presa de Velle por detrás cóllenme dous relevistas ( creo que pertencían a equipos de Lugo), xuntos fixemos toda a beira esquerda do Miño ata as termas e Outariz, o ritmo era bo , ou iso pensaba, ao chegar ás Termas do Muíño da Veiga quedeime só descolgando aos meus compañeiros. Nas Termas da Chavasqueira adiantoume un relevista doutro equipo que ía facendo unha progresión bestial, pasoume de tal xeito que aínda que puidera engancharme a el, sería imposible seguilo. De aí a entregar o relevo a Tino foi cando me din conta de que o ritmo que levaba non era o previsto, a case inexistencia de carteis que indicasen os pasos quilométricos impedíame controlar os tempos de paso, contaba facer menos de 58' e rematei facendo 59':24''. Entreguei o chip a Tino, repuxen líquidos e esperamos o paso de Edu e ao relevo de Dani a Borja. Unha vez que pasaron fomos xa para a liña de meta pasando antes por debaixo da ponte romana para animar a Edu e Dani. Edu levaba xa 32 quilómetros!!!.
Na zona de meta tomamos posicións para ver a chegada dos corredores. O primeiro foi Tino que chegou cunha sensacións semellantes ás miñas. Despois entrou Edu en menos de 3 h. 10', nuns minutos fixo a súa aparición Dani.
Os resultados finais pódense ver nesta ligazón : II Maratón por relevos ; II Maratón Individual .

Equipo A : David , Xosé e Tino posto 17
Equipo B: Anxo, Borja e Dani posto 39
Edu : Posto 11 na Maratón individual 3h. 09' 09''

Unha vez nas duchas do pavillón dos Remdios entre os corredores fálase da posibilidade de que o circuíto tivese máis quilómetros debido ás obras no circuíto do Miño e que fixeron desviar a carreira. No xornal de "La Región" na edición do luns 29 recoñecíase este dato polo que aínda é máis relevante o tempo que fixo Edu. Esta claro que se lle respetan as lesións o obxectivo de baixar de 3 horas en Donosti é posible.

A xornada deportivo-festiva continuou cunha comida en Ourense, unha sesión de "terrazing" , uns baños nas Termas de Muiño da Veiga e uns bocatas de xamón na Cañiza.
Non sei a consecuencia de que pero pasei unha moi mala noite e o luns con febre, isto vaime a obrigar a baixar o número de adestramentos desta semana.

Para finalizar gustaríame que cada un dos corredores e acompañantes, na medida do posible , deixase a súa impresión desta xornada nos comentarios.

Saúde e quilómetros!!

Nota: as fotos atopeinas no foro de correrengalicia.org e na web da carreira.

26/09/08

Entradas de Balde


Teño invitacións para ver o partido de balonmán do Octavio Pilotes Posada. Deixáronme un taco de invitacións e dáme algo non poder facer uso delas, polo que as ofrezo a quen as queira. O partido é o sábado ás 18:00 H.
Animádevos.

22/09/08

Semana 7

Sétima semana de adestramentos e carreira na vila natal. Continuando co relato desta preparación o máis destacable foi o acontecido nesta fin de semana moi deportiva e festeira. O venres fixen en compañia de David 50' de carreira continua a un ritmo moi suave xa que as pernas as notabamos moi cargadas despois de facer as series de costas do mércores, as sensacións que tiñamos non auguraban nada bo para o que quedaba de fin de semana.
O sábado, esta vez en compañia de Edu fixemos 21 quilómetros (Pontereas-Vilasobroso-Mondariz-Ponteareas) a un ritmo bastante vivo sobre todo os derradeiros 8 quilometros no que incrementamos a intensidade.
Xa pola tarde, e como estamos coas festas patronais, celebrábase un campionato de baloncesto 3x3 ao que nos apuntamos Álvaro, David e un servidor e a media tarde sumouse Edu, o que foi de agradecer xa que aportou cousas valiosas ao equipo ( sobre o resultado? quedamos eliminados en cuartos e por tres "míseros" puntos!!!). Pola noite tocou festa-churrascada que rematou a horas pouco recomendables para "deportistas".
Pero a cousa non quedaba aquí. O domingo tocaba carreira en Ponteareas: II Carreira Festas de Setembro e alí tiñan que estar os Taninos, como se di nestes casos corriamos en casa e había que estar ( toque de atención aos Taninos que se apuntan a correr a calquer sitio e por unha vez que se fai algo na casa deciden non participar, medo escénico?, vergoña? chulería?...).
A carreira era un 5000 moi rápido, cinco voltas a un circuíto case plano. A mágoa foi a chuvia que fixo acto de presencia xusto minutos antes de darse a saída da carreira principal e que deslucíu un tanto a proba e non nos permitiu quedarnos despois da carreira a charlar cos compañeiros de fatigas.
Con respecto aos resultados decir que gañou o favorito ( Dani Bargiela) cunha superioridade abafante, basta decir que a min dobroume un pouco antes de completar a cuarta volta ( sacoume máis dun quilómetro!!) e meteulle ao segundo 2' de vantaxe.

Con respecto aos Taninos os resultados foron bos. Edu 18' 20'', Xosé M. 18':57'', David 19':10'' e Anxo 20'29''. Ver resultados aqui.

Mención especial ás fillas de Edu que participaron nas carrieras previas, hai que empezar a pensar en facer unha sección femenina dos Taninos ou en crear unha escola deportiva de atletismo!!! Vantaxes de correr por diante da casa. A afección sempre animosa



O domingo temos unha nova cita en Ourense.

Saúde e quilómetros!!!

14/09/08

semana 6

Despois de facer as series o mércores e do perceptivo descanso do xoves o venres volvimos á ruta, 60' de rodaxe nos que tivemos a ocasión de compartir quilómetros cun fenómeno do deporte local, o Ironman Dani Bargiela. Coíncidimos con el despois de facer as súas series e uníuse a nós acompañándonos no noso adestramento. Como non todos os días se pode falar cun experto nisto de correr aproveitamos para sacarlle consellos. Foi un adestramento agradable.
O sábado "colguei clase", deitárame tarde o día anterior ( xa sabemos que non todo vai ser correr!) e decidín tomarme un descanso. O domingo tirada longa 1h 44' 45''. Paseino mal, sobre todo na segunda volta polo circuíto de Vilasobroso-Mouriscados. Cansado non estaba, hidratación levaba comigo, comida tamén pero non andaba, outra vez as costas acabaron comigo, demasiado dura para min, deixanme sen forzas e tardo en recuperar, cheguei a sentirme sen forzas algunhas. Terei que plantexarme outro circuíto se isto segue así.
Ben, unha semana máis paar as pernas, a vindeira fin de semana hai carreira no noso pobo e hai que deixar o pavillón ben alto, haberá que dalo todo, iso si, sen descoidar os adestramentos de cara a maratón.

Saúde e quilómetros!!

11/09/08

Un ano máis!

Efectivamente, xa teño un ano máis e xa van 41. Onte cumprín anos e non tiven mellor xeito de celebralos que, como non, ir a adestrar ( eu xa non corro, adestro!! jajaja) e facer unhas series do que máis me gusta no mundo : subir costas!! ( ironía). Oito repeticións dun minuto pola costa chamada por nós: a "matahomes" ( o nome o di todo! ). Costou? claro que costou e moito!, unha proba do que costou foi que ao rematar, e cando viñamos de regreso, tiven que parar por que me daban calambres nos xemelgos, resultado do esforzo ao que someto ás miñas pernas. Pero a parte positiva é que fun capaz de facelas demostrandome a min mesmo que estou feito un rapaz, atravesando unha segunda xuventude, ( as veces penso que non abandonei aínda a primeira , jejeje). A verdade é que cada vez me sinto mellor fisicamente, a pesar do fatigado que chego a casa despois dos adestramentos.

A final de mes vanse cumprir dous anos dende que decidín empezar a prácticar este deporte e os logros acadados eran impensables daquela ( unha maratón, cinco medias-maratón, un quincemil, uns cantos dezmiles, e varias de distancias menores ), espero poder seguir así é que o cumprir anos só se reflexe en ter que cambiar de categoría de veterano.

Por último dar as grazas polas felicitacións recibidas, celebrarémolo !!!


Saúde e quilómetros!!!

08/09/08

semana 5

Esta semana levouse mellor, tal vez por que vou asimilando os adestramentos ou tal vez por que descansei mellor ou tal vez por que non me queimei demasiado o que si sei seguro é que sigo sufrindo para subir. As costas non son o meu!!!! e iso que lle estou pondo ganas e non fago outra cousa que subir e subir sen apenas queixarme ( só me limito a bufar de vez en cando jeje). Mércores series de costas, sábado series de costas, martes, venres e domingo recorridos con costas e máis costas e a dor que se me pon nos cuadriceps só o sei eu!!!, debe ser un problema psicolóxico, dime algún por aí! será ou non será pero non me dou dar por vencido!!

Esta semana espero rematar co tema da inscripcións na Maratón por relevos de Ourense, so falta facer o ingreso e enviar a Ourense a documentación para o que contamos coa inestimable colaboración de Anxo a quen a febre de correr lle está dando duro.

Coa vista posta na Maratón de Donosti, pero mirando de esguello á Maratón por relevos de Ourense, a Media de Pontevedra, a Pedestre de Santiago e a San Martiño seguirei adestrando para intentar mellorar.

Saúde e quilómetros!!

31/08/08

Semana 4

Buf!! que cansado estou!. Esta semana fíxoseme dura e cheguei ao domingo con moi poucas ganas de correr. Supoño que será consecuencia de tantos adestramentos e se ademais lle sumamos unha dura semana de traballo é lóxico estar como estou. Xa van catro semanas de duro adestramento e agora toca sufrir un pouco, facendo exercicios de forza ( costas e máis costas, co que me gustan a min as costas, vamos!!!!) . Espero asimilar ben tanto adestramento e que non me pase factura a modo de lesións ou agotamento, esta claro que si isto me supón un esforzo que non me permita levar unha vida normal vereime obrigado a baixar o ritmo.
Polo que respecta aos adestramentos destacar o mércores que fixemos cinco repeticións de 2' de costas máis 1' de baixada a ritmo crecente "aderezadas" de 25' de quecemento e 15' de trote de recuperación. O domingo tocou facer un rodaxe de 95' a ritmo progresivo, que se converteu en 103' a ritmo "agotador" ( jajaja), é que son un bestia!!, só a min se me ocurre adestrar con dous homes de ferro!!! que nn sufren, nin padecen, nin se queixan, o único que vai rosmando polo camiño son eu (jajaja).

Outra semana máis e xa falta menos, por certo, xa levo máis dunha semana inscrito na maratón de Donosti, agora hai que empezar a organizar a loxistica da viaxe e do aloxamento.


Saúde e quilómetros!!!

30/08/08

De Volta por Balaídos


Efectivamente, despois dunha temporada sen pisar Balaídos, decidín facerme abonado de novo. Ilusionado como hai anos, voltei a ver o Celta en vivo, despois de estar unha temporada enteira seguíndoo pola radio e pola tele, e que me supuxo perder a miña antiguidade de abonado ( agora son o número 12.012).
E todo sigue igual e cando digo todo non me refiro só ao estadio, tamén aos que poblan as bancadas aos que van ao campo a queixarse. Pensei que este tipo de afeccionado despois da "depuración" do personal que hopubo este verán, tardaría en atopar un "chivo expiatorio" no que verter as súas iras, iluso de min! que pouco hai que facer para caer en desgracia aos ollos dos críticos!!.
Tamén sigue igual o equipo. Renovación de plantel, de técnico e o resultado... o mesmo: derrota. Xa non me lembro do último partido no que vin gañar ao Celta!. Pero bueno, isto non fixo máis que empezar, o celtista ten unha cruz que soportar e é a de sufridor, ata cando gañabamos o faciamos sufrindo ata o derradeiro minuto.
Como se segue dicindo por Balaídos : Coma sempe o de sempre! Hala Celta!!

24/08/08

Semana 3

Semana dura de adestramento e isto non fixo máis que empezar!. Dura por que ademais de seguir coas cinco sesión de adestramento, empezamos a facer sesións de costas para fortalecer as pernas, dura por que rematamos a semana participando nunha carreira en Baiona de 10 quil. moi esixente polas rampas empinadas que tiña e dura por que todo isto estivo acompañado de poucas horas de sono por empeñarme en ver os Xogos Olímpicos pola tele.

Destacar nesta semana o feito o mércores, 3x7 de costas de 40 m. a máximo desnivel que nos deixaron unhas marabillosas maniotas nos gluteos ( escepto ao fenómeno de Edu que está como unha rocha ! ), o sábado 8 repeticións de costas de 1' e o domingo a xa mencionada carreira que como dixen era bastante dura, xa que entre o quilómetro 3 e 4 tiña unha moi dura subida que me deixou fóra de combate perdendo moito tempo. A pesar disto fixen un tempo moi aceptábel (40':03'') tendo en conta que non era unha carreira obxectivo e que non foi preparada.

Saúde e quilómetros!!

19/08/08

Estou moi triste!


Non puido ser!!. Se alguén se merecía o ouro era Gómez Noya pero o deporte ten estas cousas. Se algunha medalla me facía ilusión era esta, a partir de agora o que pase nos Xogos Olímpicos dáme igual.
Ánimo Javier! en Londres terás outra oportunidade!!!

17/08/08

Tema de debate semanal

Tras escoitar as demandas dos lectores deste blog, vaise a abrir cada semana un tema de debate para que todos e todas poidan participar do blog e expresen a súa opinión sobre o tema presentado. Pola mesma acéptanse propostas para novos temas de debate.
Para empezar propoño o primeiro tema:

Adestrar no medio das vacas pode ser aceptado como un adestramento de calidade?

Dende xa podedes expresar a vosa opinión sen censuras de ningún tipo.

Saúde, quilómetros e comentarios!!!

Semana 2

Rematada a segunda semana de preparación. Todo según o previsto e con boas sensacións. Esta semana costoume bastante menos que a anterior, será que me vou afacendo a adestrar os cinco días. Tamén decir que o tempo axuda bastante xa que con este mes de agosto atípico a temperatura está sendo a ideal para saír a correr.
Como novidade o domingo saimos a buscar novas rutas de terra para facer rodaxes longas. Pola zona de Vilasobroso fixemos un recorrido con boa superficie, con zonas de subida dura e de baixadas tendidas e por suposto zonas que permitían llanear a ritmo máis vivo. Un bo recorrido!!
Esta semana empezan as series. as preimeiras series a facer son de subidas de máximo desnivel, para ir collendo forza. Espero soportalas xa que o de subir non é o meu, pero pouco a pouco vou mellorando e aprendendo a sufrir nas tan odiadas costas.

Saúde e quilómetros !!

10/08/08

Semana 1


Primeira semana de adestramentos cara a maratón de Donosti e primeira semana na que realizo cinco adestramentos. Martes, mércores e venres fixemos saídas de 12 quilómetros cada unha polo circuíto que chamaremos o da "Volta" e que deixei na entrada anterior. É un circuíto durillo xa que ten dous quilómetros de ascensión á Picaraña cuns tramos de subida esixentes.
O sábado pola mañán fixemos unha saída de 45' para ir acostumando o corpo a adestrar tres días seguidos.
O domingo tocaba tirada longa de 90' e para iso fomos ata o parque eólico de A Franquira. Un circuíto de pistas de terra feitas para acceder aos muíños eólicos con rampas duras pero con bo piso. As vistas dende alá arriba son espectaculares!. O pero que lle poño a este circuíto é a "fauna" que nos acompañou por todo o recorrido. Vacas e cabalos por todos os lados e non é que teña nada en contra destes animais pero é que algunha vaca fíxonos cambiar o recorrido deixándonos ben claro que non éramos ben recibidos no seu territorio mostrándonos os seus cornos, vamos que os sanfermins xa pasaron e eu non teño ganas de sair corredo diante dunha vaca!!!.
Foi unha semana dura de adestramentos e foi a primeira, non sei se poderei estar a altura pero seguirei tentandoo.

Saúde e quilómetros!!!