23/11/08

Semana 16. Falta unha semana

Unha semana nada máis. Atrás quedou o mes de agosto cando empezamos a preparar esta maratón, preparación da que disfrutei moito, atrás quedaron as costas, as series duras, as quilometradas dos domingos... espero que todo isto servira para non sufrir "demasiado" polas rúas de Donosti.

Esta semana reincorporeime aos adestramentos despois de pasar a fin de semana pasada na casa recuperándome do catarro que me deixou fóra de xogo.
O martes realizamos un recorrido de 60 min. no que notei o parón, tiña as pernas moi pesadas e rematei o adestramento coas pernas doloridas.
O xoves realizamso un test para determinar o ritmo de carreira, tratábase de facer unha serie de 6000 m. ao ritmo previsto da maratón e unha segunda serie a tope, se ao final a diferencia pro quilómetro é igual a 30'' o obxectivo é posible. Cal foi o resultado? pois a primeira fixena por debaixo do previsto 15'' e a segunda 15'' por riba do desexado. Que quere decir isto? pois que tal vez non esté preparado para seguir o ritmo previsto, pero como non é determinante e a carreira porá a cada un no seu sitio, vou a seguir co previsto, vou saír a 4':30'' e que sexa o que teña que ser. se consigo manter este ritmo acabaría entorno das 3 horas e 8 min. e a verdade contentaríame con facer sobre as 3 h. 15 min. co que teño unha marxe de 7 min. polo que poda pasar.
De todos os xeitos, e non é por pór a venda antes da ferida, se non consigo este obxectivo pois tampouco pasaría nada, do que se trata é de desfrutar deste deporte e se se consiguen as marcas pois moito mellor.
Esta semana a carga de adestramentos diminúe considerablemente, 60' o martes e cinco series de 1000 m. o mércores a ritmo medio. O venres, xa en Donostia, 40' para estirar as pernas. Todo está feito agora só queda esperar e que os nervios non afecten demasiado.
Vémonos en Donosti!!!

Saúde e quilómetros !!!

Ningún comentario: