Esta semana levouse mellor, tal vez por que vou asimilando os adestramentos ou tal vez por que descansei mellor ou tal vez por que non me queimei demasiado o que si sei seguro é que sigo sufrindo para subir. As costas non son o meu!!!! e iso que lle estou pondo ganas e non fago outra cousa que subir e subir sen apenas queixarme ( só me limito a bufar de vez en cando jeje). Mércores series de costas, sábado series de costas, martes, venres e domingo recorridos con costas e máis costas e a dor que se me pon nos cuadriceps só o sei eu!!!, debe ser un problema psicolóxico, dime algún por aí! será ou non será pero non me dou dar por vencido!!
Esta semana espero rematar co tema da inscripcións na Maratón por relevos de Ourense, so falta facer o ingreso e enviar a Ourense a documentación para o que contamos coa inestimable colaboración de Anxo a quen a febre de correr lle está dando duro.Coa vista posta na Maratón de Donosti, pero mirando de esguello á Maratón por relevos de Ourense, a Media de Pontevedra, a Pedestre de Santiago e a San Martiño seguirei adestrando para intentar mellorar.
Saúde e quilómetros!!
1 comentario:
Comezo a preocuparme
Si, porque hoxe acabo de cambiar quedar cun elemento do sexo oposto por ir a correr!!
E por ir a correr só e polo circuito da Volta (sen Picaraña, que é de noite!!)
En fin, para preocuparse!
E, como martes e mércores non podo, volvo o xoves e o domingo a Vigo? A un 10.000??
afs
Publicar un comentario