14/12/08

Obxectivo MAPOMA 2009

Cea dos Taninos

Xa é oficial!! no ano 2009 repetiremos experiencia polas rúas de Madrid, na edición pasada quedeime cunha espiniña cravada e teño que sacala, gustaríame entrar no Retiro madrileño sen sufrir como o fixen este ano.

Pero un mes antes da MAPOMA celébrase en Vigo a mellor proba do calendario galego a Media Maratón VIG-BAY. Por esta carreira empecei a correr e nela darei todo para rebaixar o tempo da edición pasada. Despois de asistir a moitas carreiras son da opinión de que hai que darlle a esta carreira todo o apoio que sexa preciso para que continúe sendo unha referencia no calendario galego.

Por outra banda, esta semana foi un pouco complicada para min, xa que teño a miña nai ingresada no Hospital, e puiden sacar tempo para volver a correr, dez días despois da Maratón de Donosti. Foron corenta minutos de trote suave para soltar pernas, cando cheguei a casa tiña as pernas algo cargadas e non volvín a sair ata este domingo. Saín sen rumbo fixo, a trotar e facer algúns quilómetros, cando em din conta levaba cincuenta minutos e as sensacións que tiña eran boas, ao final a saída foi de unha e once minutos que non está nada mal para ter corrido hai quince días unha maratón.

Tamén foi semana de celebración, os taninos fomos de cea e despois saímos de copas polos garitos nocturnos de Vigo, pasámolo ben que era do que se trataba. Cada un de nós fixo público o seu calendario de carreiras e polo que a min me toca teño como obxectivos ademais dos antes mencionados a Media Maratón de Viana do Castelo a finais de xaneiro, a intersport de Porriño en febreiro, a carreira organizada pola Universidade de Vigo xa en marzo e non descarto algunha que apareza polo camiño.

Seguimos dándolle zapatilla !!

Saúde e quilómetros

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Diossss, que juapos somos!!! E menudos atletas nocturnos...en fin.
Vémonos no asfalto!!
anxo

Anónimo dixo...

La noche mola mola!!!

Cuándo hacemos otra? y por favor el taxi con las puertas automáticas again, qué gozada!!!
Ahhh,
por cierto, la próxima vez el bote lo llevo yo...