26/10/08

Semana 12. XXXI Carreira Pedestre Camiño de Santiago

Polas empedradas rúas de Compostela


Xa están colgados os resultados oficiais desta proba na web de
Champiochipnorte.
Para os de chip amarelo xa están os resultados, hai que entrar no rexistro persoal e ver os resultados persoais.


Boa semana de adestramentos marcada pola participación na XXXI edición da Pedestre de Santiago.
O martes saída moi suave dunha hora de duración para o mércores lanzarse de cheo a facer series 14X500 m. entre 2':05'' e 1':37''. O vernes trote suave para soltar pernas de 35 min. e sábado "descanso" ( entre comiñas por que tocou axudar a Ana e a Álvaro na mudanza, porcerto paseino de medo e que conste que non pasou afctura ningunha na carreira).

O domingo tocou madrugar ( menos mal que se cambiou a hora!! ). Saída as 7:40 para chegar a Santiago unha hora máis tarde e dirixirnos ao Obradoiro a recoller os dorsais.
Parada técnica para o café e "soltar augas",e xa despois dos últimos preparativos empezar o quecemento.
Quince minutos antes de dar a saída xa nos colocamos na liña para evitar, dentro do que cabe, os problemas que unha saída tan masiva provoca.
Pistoletazo de saída, tardo 11'' en pasar baixo a pancarta de saída. Intento coller o ritmo de Tino, Dani e Edu pero a aglomeración de xente impídemo. Adiantando por onde podía tardei dous quilometros en enganchar aos meus compañeiros. Adianto a David e me pego a Dani e Tino, que vai marcando o ritmo co seu novo Polar con gps ( que invento carallo!!!). Imos a un ritmo alto, impensable para min non hai moito pero vou ben, cómodo.
No Km. 5 Dani dá un empurrón e déixanos atrás pero sen que chegaramos a perdelo de vista. Empeza a parte dura da carreira, o percorrido xa te obriga a baixar o ritmo de carreira.
Km 8 empeza a temida costa do Vite. Sigo co meu ritmo e sempre acompañado por Tino que me vai dando ánimos e marcandome o ritmo, por diante había tempo que perderamos referencias con Edu pero seguimos tendo á vista a Dani.
Ao rematar o Vite empeza o descenso a meta de case dous quilómetros. Manteño o ritmo mentres non me recupero da ascensión ao Vite e xa entrando na zona vella de Santiago dámos o último pulo para coller a Dani xusto cando pasamos por diante da facultade de Historia ( que recordos !!!). Curveando a dereita e a esquerda nun circuito moi rápido intento deixar atrás a Dani e xa na Rúa Nova adíantame como "un demo botando lume", imposible para min seguilo.
A entrada no Obradoiro é espectacular!! .
Estou moi contento coa carreira feita: 47':28'' (47':39'' oficiais ). Catro minutos mellor que na edición anterior é para estalo. Teño que darlle as grazas a Tino por servirme de guía na carreira foi un moi bo apoio e ninguén pode pór en dubida que o seu tempo de hoxe non se corresponde co seu potencial, só desexo que reciba a compensación ao seu traballo cumprindo o seu obxectivo na maratón de Donosti.

Debo facer mención tamén aos resultados dos demais membros da expedición ponteareá. A falta de confirmación oficial, todos melloramos os nosos rexistros incluíndo Victor, recuperado da súa lesión, e a Roberto que, na súa primeira participación, realizou un tempo de 51':20''.

Cando se publiquen en internet os datos oficias colocarei aquí unha ligazón. Como esta carreria esta patrocinada por El Correo Gallego, ata que este xornal non faga pública na súa edición impresa a clasificación, o cronometrador non pode colgalas na súa web.

Nota :A falta das fotos tiradas polas nosas "bravas" e incondicionais seguidoras Ana e Mónica, ilustro esta crónica con fotos atopadas en internet.
Nota 2 : Xa temos fotos!!!

XXXI carreira Pedestre de Santiago



Saúde e quilómetros!!!!

7 comentarios:

Tino dixo...

ENHORABUENA A TODOS!!!!

Podríamos decir que fue la carrera perfecta: todos volvimos satisfechos.

Mi enhorabuena a Xose, David, Edu y Dani por la mejora en relación al año pasado; señal inequívoca de que las cosas se hacen bien.

Llamativo el caso de Xose y David; Xose porque 4 min. ¡¡¡son muchos minutos!!! y a David porque, con menos preparación, consigue mejorar su registro en 2 min. y medio: nada mal, no crees??

Me alegra mucho el resultado de Victor porque, mejorar tus tiempos despues de una lesión importante, es realmente complicado.

Y, por último, felicitar a Rober por su tiempo; esperamos seguir contando con su compañía, no solo en los entrenos, sino también en las carreras.

Ya solo falta que se reincorporen Ruben y que Anxo deje de ser TANINO a tiempo parcial, jajaja. (esta es de David)

Para acabar dejar esta pregunta en el aire:

¿NO NOS ESTAREMOS OBSESIONANDO CON LOS TIEMPOS Y NOS ESTAMOS OLVIDANDO DE LO PRINCIPAL, QUE ES DISFRUTAR DURANTE LA CARRERA?

Saude e quilometros

Anónimo dixo...

Noraboa a todos, por unha gran carreira de todo o equipo. Persoalmente, unha felicitacion especial a calcetin veloz e perro rabioso pola gran carreira feita tras o esforzo de axudarme coa mudanza o sabado. Moito mérito, si señor!!!!! E gracias de novo!!!!

p.d. estou dacordo nesa obsesion.........saide a disfrutar e non a pensar nos tempos!!!!!!

Xose dixo...

Obsesión non creo que sexa, ou polo menos eu non o vexo así. Persoalmente desfruto das carreiras, saia o tempo que saia, desfrutando do ambiente da antecarreira, da post-carreira, da preparación...
O día no que non desfrute correndo teño que claro que o deixo.
Días como o de onte fan que cada día me guste máis isto.
Esta claro que a todos nos gusta mellorar e acadar as nosas metas pero chegará un día en que baixar os tempos vai a ser cousa moi difícil e entón haberá que ter a cabeza fría para non perder o sentido.

Martiño dixo...

Eu só quero plantexar aquí a regra de tres que fixemos onte!

Se nun ano baixas 4 min => en tres anos máis xa estás aí cos Kenyatas!

A min o que máis me gustou da carreira foi o chuletón!

Anónimo dixo...

Felicidades!

O tanino a tempo parcial (jeje, pero certo) dávos a máis sincera noraboa. A todos por todo, pero sobre todo iso de desfrutar. A min o que máis me gusta é a liberdade á que chegas comendo quilómetros. E dentro das miñas posibilidades intentarei seguir saíndo a desfrutar!!
Vémonos esta tarde...?¿?

Anxo

Oscarunin dixo...

buenas Xose, he intentado poner tu blog en la lista de blogs pero no hay manera, copio la direccion http://fonghi.blogspot.com/ pero al añadir y guardar me guardo lo del calendario... no lo entiendo.
te he agregado en otra lista aparte, pero en la nueva no aparece las actualizaciones, prueba tu a ver ... no se cual es el problema... creo que es por el widget que tienes del maratoon de donosti...
lo siento

Anguila del Tea dixo...

hola jose.
Ya se que no va el enlace. No se que le pasa!! Ya lo he vuelto a poner no se cuantas veces pero no hay manera.
Lo voy a seguir intentando. Chaoooo