14/09/08

semana 6

Despois de facer as series o mércores e do perceptivo descanso do xoves o venres volvimos á ruta, 60' de rodaxe nos que tivemos a ocasión de compartir quilómetros cun fenómeno do deporte local, o Ironman Dani Bargiela. Coíncidimos con el despois de facer as súas series e uníuse a nós acompañándonos no noso adestramento. Como non todos os días se pode falar cun experto nisto de correr aproveitamos para sacarlle consellos. Foi un adestramento agradable.
O sábado "colguei clase", deitárame tarde o día anterior ( xa sabemos que non todo vai ser correr!) e decidín tomarme un descanso. O domingo tirada longa 1h 44' 45''. Paseino mal, sobre todo na segunda volta polo circuíto de Vilasobroso-Mouriscados. Cansado non estaba, hidratación levaba comigo, comida tamén pero non andaba, outra vez as costas acabaron comigo, demasiado dura para min, deixanme sen forzas e tardo en recuperar, cheguei a sentirme sen forzas algunhas. Terei que plantexarme outro circuíto se isto segue así.
Ben, unha semana máis paar as pernas, a vindeira fin de semana hai carreira no noso pobo e hai que deixar o pavillón ben alto, haberá que dalo todo, iso si, sen descoidar os adestramentos de cara a maratón.

Saúde e quilómetros!!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Camiño ao maratón de Ourense

Xa estamos todos apuntados. Espero que non teña líos cos cambios introducidos á hora de recoller os dorsais.
Temos dous equipos serios e un tolo solto.

Vémonos na carreira de Ponteareas!