16/11/08

Semana 15. Saltan as alarmas!!!!

Todo ía sobre o previsto nos adestramentos, rodaxe de 70' o martes e series 15x400 entre 1':30'' e 1':15'' o mércores , pero esta semana chegaron os problemas: o catarro a e as lesións.
Pola miña banda o cansanzo co que rematei a semana pasada debíase aos primeiros síntomas da catarreira que me afectou toda semana e que só me deixou adestrar o martes e mércores pero na fin de semana agraváronse os síntomas producíndome unha rinitis que me debilitou fisicamente e que me impediu adestrar e por suposto obrigoume a renunciar a participar na carreira de San Martiño en Ourense, na que tiña postas moitas ilusións mais por segunda vez consecutiva non puiden participar nesta proba. Se ben é certo que o domingo xa estaba máis recuperado, non é cuestión de forzar tendo a maratón de Donostia a menso de quince días.

O que tamén se viu obrigado a parar esta fin de semana foi Tino xa que no adestramento do venres sentiu unha picadela na perna dereita que lle obrigou a parar e tomar reposo, esperemos que só sexa un susto e que non vaia a máis.

Escribo está crónica mentres espero as noticias do resto dos Taninos que se desplazaron ata a cidade das Burgas, estou desexoso de ver os seus resultados, espero que todo saia ben e que se cumpran os obxectivos de cada un.
Cando saia a clasificación xa pendurarei nesta entrada.
Xa están os resultados da San Martiño 2008
Xa temos fotos :

San Martiño 2008

Saúde e quilómetros !!! (sobre todo saúde!!)

1 comentario:

Anónimo dixo...

Olas!
A apagar esas alarmas, relaxarse e pensar no obxectivo que levades tempo preparando, que non é calquera cousa. Ánimo!
O meu resultado na San Martiño:
Posto 1341 Tempo 46:38 Ritmo 4:39
Pero bueno, molestoume considerablemente o xemelgo dereito desde o quilómetro 5. Pode sonar a excusa barata que non xustifica a ausencia aos adestramentos, pero si que podería telo feito mellor. Pero bueno,mañá máis e mellor!
anxo