Semana marcada pola miña e a dos tanitos participación na I media maratón do Riberiro, organizada por Viña Costeira ( Ribadavia) . A participación nesta proba non descoidou a preparación da maratón de París, verdadeiro obxectivo deste ano. Series de costas, as derradeiras, rodaxe semiloga de 75', series longas de 5' e unha rodaxe de 60' antes de viaxar ata o Ribeiro.

Fun de véspera, coa miña compañeira, de turismo rural. Pola mañán erguinme cediño e o día estaba neboeiro e frío polo que decidín abrigarme e correr con camiseta técnica e luvas. Ao pouco de empezar a carreira o sol fixo presencia e as luvas sobraron.
O perfil da proba era duriño, pois os derradeiros quilómetros tiraban para enriba, as contas eran saír a 4:10 e ir baixando , se for posible. Do plan ao que sucedeu , un abismo. Saímos por debaixo de 4'/km aproveitando o perfil para abaixo. Xunteime cun grupiño que se mantivo ata o km 11, a partir de aí, cada quen ao seu.

Tratei dende o principio de alcanzar a Fernando Rama, a quen levaba a vista dende a saída, pero foime imposíbel e non só non o collín senón que me colleu aínda máis distancia.
Cando o terreo empezou a inclinarse, pensei que ía pagar o esforzo mais ocorreu o contrario, atopeime ben, adiantei a Edu e fun forte nos derradeiros quilómetros.
Satisfeito polo tempo realizado 1 h:25:47. Os demais taninos tamén, boa mostra de que o plan de adestramento vai dando froitos.
A vindeira semana é de recuperación, rodaxes máis curtas, series menos esixentes para rematar coa desputa dun 10000 a tope. Este será na Intersport do Porriño, outro bo test. Informaremos.
Saúde e quilómetros