06/02/12

Modo adestramento. Obxectivo París V

Boa semana de adestramento. Cada vez voume sentindo mellor, os tempos nas series van saíndo e nas tiradas longas e semilongas vou conseguindo bos ritmos. Non me preocupa facer as series longas entre semana, xa lle collín o truco e ás rodaxes tamén, é dicir, estou contendo coa miña progresión, a miña nota sería : progresa axeitadamente.

Teño en mente probarme na media do Ribeiro e a seguir na Intersport do Porriño, de seguir así deberían saír ben.

O que me preocupa e unha dor aguda no xeonllo dereito ( unha vez superdas as molestias no esquerdo agora toca o dereito). Despois da tirada do domingo teño máis dor e xa me empeza a preocupar, de feito xa pedín cita co fisio para avaliar a situación pero creo que vou ter que parar uns días, espero que só sexan uns días.

Xa se verá.

3 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Agardo que as molestias non sexan quen de poder contigo. Ánimo e espero saudarte en Ribadavia.

dani´s dixo...

ya empieza la cabeza con estos "dolores"...tranquilo que todos los tenemos y son fruto de la presión, tensión y entrenos.

Ánimo Presi!!!

Impiden correr?? pués alé alé

Anónimo dixo...

Ehhh!!
De lesionarse nen de broma!!!,que Dani´e eu queremos ter alguén regular coma un reloxo para poder entrar por debaixo das tres horas!

A seguir entrenando e esperemos que non sexa nada

Saú2 desde Ponteareas