Semana forte de adestramentos. Series de 4x3000 todas por debaixo de 12 min. e series de 8x1000 tamén todas por debaixo de 4 min/km, aderezadas de dúas rodaxes de 60 min. E para rematar a semana a tirada longa , máis longa da planificación: 110' a ritmo progresivo e rematando forte .
A mañán apareceu soleada, un pouco fresca pero a medida que pasaban os minutos e os quilómetros a temperatura empezou a subir. Non as tiña todas comigo, pode que fose polo frío da mañá ou polo esforzo da semana, pero ao principio as pernas non ía. Pouco a pouco as sensacións foron mellorando, e cando enfilamos a estrada de Mondariz xa me atopaba mellor, os ritmos foron subindo e puiden rematar os derradeiros quilómetros a tope. Ao final fixen 24 km máis un de regreso a trote.
Unha semana menos, esta vindeira é de recuperación pensando xa na Vig-Bay, verdadeira pedra de toque da preparación. O meu obxectivo será baixar de 1:24:00, a ver se se cumpre ou polo menos estar perto desa marca.
De momento toca seguir adestrando.
Saúde e quilómetros.
1 comentario:
Isto comenza a ter boa pinta... Na Vig-Bay... o 1.23´´ está agardando por ti... Parabéns polos adestramentos e polas espectativas. Vémonos en Samil.
Publicar un comentario