Outra semana de adestramentos e competición para pórmos en forma de cara ao obxectivo principal do ano a maratón de París . Semana tranquila de rodaxes suaves e de pouscas series para rematar cunha carreira de dez quilómetros e por casualidades nesta data cuadraba a VI edición da Interrruning no Porriño.
Até alí fomos os Taninos e acompañantes nunha fresca e soleada mañá.
A tónica xeral foi de satisfación entre os Taninos, cada quen cumpriu o seu obxectivo. Pola miña banda estou máis que satisfeito.
Pretendía exprimirme e comprobar como vai a miña preparación xa que este ano estouna facendo practicamente só e non teño xeito de medirme nos adestramentos cos meus compañeiros de equipo. Pretendía exprimirme e o fixen, saín a tope dende o pistoletazo de saída e fun marcando sempre ritmos inferiores a 3:55'/km . Ao ser un circuíto de voltas ( 3 voltas) fíxóseme aburrido e un tanto agobiante. non me gustan os circuítos de voltas e menos se son tres ou máis. Na segunda xa ía desexando rematar. Conseguín o obxectivo de baixar de 38' e ademais mellorar a miña marca persoal ( 37':36'' ) polo que non podo máis que estar satisfeito.
Agora temos unhas semanas de adestramento realmente duras con series esixentes e longas e xa coas vista posta na XIII edición da Vig-Bay na que pretendo facer unha boísisma marca.
Nesta edición os Taninos Runners de Ponteareas competiremos cun equipo de dezaoito membros , a máis numerosa dende que empezamos a darlle zapatilla.
VI Interruning 2012 |
3 comentarios:
Parabéns polo ritmo e a marca.
vamos, vamos, vamos que queda menos!!!!
Imos polo bo camiño!!!
Ánimo a todos ata París!
Saú2 de Rama
Publicar un comentario