Falta un mes, xa chega o día e creo que o traballo está feito e máis que feito, agora só queda axustar. Creo que adestrei ben, penso que estou mellor ca nunca. Levo dous meses e medio preparando esta carreira case só e estou orgulloso de como o fixen, agora non quero estropealo. Esta semana cumprín o plan previsto, rodaxes suaves e series ( 3x2000 e 5x2x1' de costa), as series de 2000 cuns tempos que me sorprenden a min mesmo xa ue fixen as tres por debaixo de 7':30'' . Para rematar a semana unha rodaxe de 90' rematando a tope e con moi boas sensacións xa que os ritmos foron inferiores a 4'/km.
O domingo 25 acudirei a correr a
Vig-bay cun obxectivo alto, penso que podo estar en 1 h. 23:00. A Vig-bay non é máis dura que a media de Viana do Castelo e creo que esta vez se, se dan as razóns obxectivas esta marca pode caer.
Esta semana deixo de lado París ( difícil por que a verdade é que o verme dos nervios xa empeza a comerme o estómago) e céntrome na Vig-Bay : A toda costa !
2 comentarios:
Ola a todos/as:
Co permiso do Presi vou lembrar que mentres algúns Taninos vaiamos pola Costa Atlántica teremos un Tanino na Costa Mediterránea disputando o Maratón de Barcelona.
Dende aquí o noso Ánimo.
Saú2 de Rama
Me sumo a ese ánimo a Rafa Dios para que deje muy alto el pabellón de los Taninos, como seguro que hará.
Mucho ánimo Rafa¡
Publicar un comentario