30/01/10

Hoxe falo de fútbol.


Hoxe teño que falar de fútbol, por que? por que son celtista, é dicir sufridor, e como tal, estou acostumado a isto: a sufrir, por iso cando vas a Balaídos e ves un espectáculo como o que nos brindou o Celta na eliminatoria contra o Atlético de Madrid un síntese reconfortado por tanto sufrimento, e digo isto sen ter pasado a eliminatoria, imaxinade como estaría se o resultado final fose outro ben distinto, se Noguerol non lle entregara o balón a Forlán, se o árbitro non anulara o gol de Trashorras, se Joselu enchufara o cabezazo no fondo da portería e non no longueiro ou que no partido de ida os dianteiros celestes tiveran máis acerto diante da portería pero o fútbol é así, como dirían os clásicos, é un deporte-espectáculo onde non sempre o que xoga mellor gaña, quizás esa sexa grandeza do fútbol. Non é como no atletismo, aquí si gaña o mellor o que adestra o que se sacrifica, aínda que nin Grebesselasie está libre de ter un mal día.

O que se viviu en balaídos o xoves 28 de xaneiro había tempo que non se vira por estes lares,un estadio case cheo, un ambiente nos exteriores espectacular que me fíxo lembrar épocas mellores, aquelas nas que un tal Mazinho dirixía un equipo feito a base de endebedar o clube e que se paseaba por Europa. Agora o equipo está en segunda división e sufrindo para afastrase dos postos de descenso pero a diferencia está en que é un equipo saido da canteira por necesidades económicas que obrigaron ao consello de dirección a reducir os gastos do persoal.
As preguntas que me fago son por que agora os xogadores da canteira serven e antes non? sempre me preguntei por que en Bilbao ou en Sevilla saen constantemente xogadores das categorías inferiores e en Vigo non? será polo ADN , polo RH negativo ou positivo? ou será que naquelas terras se confía na base e aquí non por que é maís doado fichar que facer xogadores?.

Que siga o espectáculo!!! Hala Celta!!

1 comentario:

Carlos Sousa dixo...

Foi unha verdadeira pena. Eu tamén sufrín do lindo, aínda que non acudira a Balaidos. Desta volta foi en representación da familia meu fillo, que xa está a coller esta afición con este equipo. Espero que poida vivir nalgún tempo aquelas noites máxicas.
Agora haberá que ter paciencia, e esperar que sigan a facer as cousas nesta línea, esta canteira é moi aproveitable, quizais o único que nos fai falla é ter un pelín de sorte

Que non desmantelen o equipo, os resultados viran co tempo, ou iso espero.

E coma sempre... o de sempre... ALAAAA CELTAAAA!!