Despois dunha semana de reposo e fisoterapia o sábado saín a trotar e porbar que tal evolucionara a lesión, tras uns primeiros pasos temerosos a cousa ía ben e seguíu así durante unha hora exacta a ritmo de 5 min/km.
Animado polos progresos cambiei a carreira de Xinzo de Limia por unha tirada longa pola terra de Salvaterra facendo pouco máis de vinte quilómetros en compañia de Dani e David e tamén de un par de corredores que coñecemos do mundiño das carreiras e que atopamos no parque da Canuda cando xa levabamos correndo uns corenta minutos. Estes animáronos a continuar con les o seu traxecto e mostráronos un recorrido, tamén de terra que xa coñecía en parte polas ribeiras do río Tea.O mellor foi non ter molestias nos xemelgos despois de facer un total de trinta e dous quilómetros en dous días.
Se na anterior semana tocou adestrar con frío , nesta tocará facelo baixo a auga da chuvia e xa pensando na media maratona Manuela Machado na cidade portuguesa de Viana do Castelo se todo vai ben iremos ata alá unha numerosa delegación tanina. Xa somos unha gran familia e temos que pórmos guapos coa nova equipaxe que por certo me está a dar máis dores de cabeza dos desexados.
Saúde e quilómetros!!!

1 comentario:
Pois a seguir recuperándote. Chegarás, seguro, nunha forma fenomenal ao Marató. Tamén irei a BCN. Sorte e saudos desde o C.A. Panadería d´Osedo.
Publicar un comentario