03/01/10

Faltan 9 semanas.

Aínda faltan nove semanas para a Marató de Barcelona e digo aínda por que creo que se me vai facer longa a preparación. O vindeiro mes e medio vai ser moi duro por que empezan as series curtas do mércores xunto ás series longas dos sábados, sen esquecer que a isto hai que sumarlle as rodaxes do martes e venres máis a tirada longa do domingo.
De feito xa esta semana foi dura, o martes os meus compañeiros decidiron darlle "brasa" ao adestramento, o mércores fixen un adestramento atípico para min creo que lle chaman adestramento en pirámide e consistiu en facer un dous mil seguido dun mil e un cincocentos para volver a facer o mil e rematar co dous mil completando así vintecinco minutos a ritmo moi vivo.

Justificar a ambos ladosO xoves desplazámonos ata Castrelos ( Vigo) para participar na V edición da San Silvestre Solidaria organizada polo Club Atletismo de Vigo. Unha festa deportiva onde o menos importante é o tempo de carreira e o máis e participar nun proxecto solidario, nesta ocasión os alimentos recollidos foron entregados a AFAN ( asociación viguesa de axuda ao necesitado).
O sábado despois de vintecinco minutos de quecemento fixemos outros vintecinco min. a ritmo de carreira facendo pouco máis de seis quilómetros. Deste adestramento saín un pouco tocado, pero non o souben ata o día seguinte cando empecei a trotar e notei que o xemelgo esquerdo estaba a transmitirme algunhas molestias.

Desta vez o domingo, e buscando adestrar en terra, fomos ata Salvaterra onde fixemos un recorrido combinando o interior do parque da Canuda e o paseo que nos leva ata a finca da Fillaboa. Había que facer 100 min. pero non puiden rematar e quedeime en 85' porque o xemelgo ameazaba con darme problemas maiores e preferín parar antes de facer unha lesión maior.

Na vindeira semana terei que comprobar a evolución do problema e quizá descansar algún día de máis para poder estar a tope na fin de semana e así poder participar nos 10 Km de Xinzo de Limia, unha carreira cun circuíto homologado e totalmente plano. O meu obxectivo non é mellorar marca nest proba por que non estou en forma para logralo pero tentarei estar por debaixo dos 40', todo isto se o xemelgo dáse recuperado ben.



4 comentarios:

Fernando dixo...

Mira que che teño dito que avises si vides polo sur.
Non é que vos vaia acompañar sempre, pero se cadra algún día si me apunto, de feito hoxe eu fixen 90´polo mesmo circuito pero a outra hora.
Que eu tamén estou a preparar Barcelona.

Apertas.

Francés dixo...

Hola

FALTA DE HIDRATACIÓN, suele pasar cuando los musculos dan problemas. Prueba a beber un pelín más y a tomar algunos sales. Llevo 3 meses en el estiramiento tomando algunos sales minerales en el estiramiento, y ciertamente notó más rendimiento.

Saludos

Anxo F. Saborido dixo...

Miñanaiquerida!!! E non o digo polos quilómetros...se non polos erros ortográficos de bulto, que me fan doer os ollos...ese "convinando" mete medo...ala, a correr...

Xose dixo...

Amigo Fer! sinto non ter avisado a verdade é que o pensei pero como iamos a ir moi cedo non o fixen. Fago promesa de enmenda e para a vindeira ocasión avisoche.

Como che vai Francés! grazas polo consello a verdade é que todos os días qeu adestro bebo unha pócema de sales minerais e vaime moi ben, creo que desta vez foi un problema ocasionado por non estirar ben ao rematar o adestramento.

Amigo e Tanino Anxo grazas polas correcións, está visto que as presas está rifadas coa eficiencia. Eu corrixo os meus erros ortográficos e ti corrixes ese *bulto . jejeje