Estas son as miñas pulsacións en reposo. Tras unha visita ao médico, este mandoume facer unha analítica xeral e un electrocardiograma ( primeiro que fago na miña vida). O resultado do electro non desvelou afortunadamente ningunha anomalía, pero ao enfermeiro chamoulle a atención o ritmo cardiaco baixo que mostraba a maquiniña o que lle levou a preguntarme se facía deporte habitualmente, e moi orgulloso dixenlle: home! fago maratóns, a ti que che parece?, como se me enche a boca cando o digo!!!! (jeje).
Polo demáis sigo cos meus adestramentos. Esta semana reanudei as series o martes ( 6x1000) dende 4:23'' á 3:27'' , e o xoves fixen o circuíto habitual a ritmo moi vivo, en 52'. Na fin de semana toca descanso activo, xa que estou invitado a unha camiñada polos montes de Antas de Ulla se o tempo o permite alí estarei.
Creo que xa estou recuperado da Mapoma e agora teño en mente participar, a primeiros de xullo, na carreira de Leiro ( Ourense). Seguiremos informando.
Saúde e quilómetros.
1 comentario:
muy buenas pulsaciones si señor, se nota que el trabajo constante deja huella.
A seguir!!!
Un saludo
Publicar un comentario