Fin de semana festeiro polas terras da Comarca da Ulloa, visitando a vila de Antas de Ulla a onde fomos invitados polo noso amigo Martiño que celebraba o seu cumpreanos.
Chegamos o sábado pola mañán e xa nos estaba a esperar co almorzo preparado( con torradas de pan de Antas!! ). Despois fomos de camiñata polos montes da Ulloa, máis concretamente polo monte Farelo, por pistas forestais ( as menos) por cortalumes e monte a través( os máis ) fomos vendo a riqueza patrimonial de Antas. Martín resultou ser un experto en petroglifos, mostrounos todo tipo deles : Prehistóricos, históricos, os 4º máis grande de Galiza, os de maior "surco profundo", etc. Despois de comer sobre os petroglifos fomos, xa en coche ata o cumio do Monte Farelo rodeados de muiños eléctricos puidemos admirar, a pesar de que o día non estaba todo o despexado que debería, as marabillosas vistas.Petroglifo do Monte Farelo
De regreso a casa, e non sen antes parar no concello de Agolada e pasear polo seu mercado medieval e os Pendellos , empezaronse os preparativos da churrascada.Despois da cea ben regada co bo viño e mellor licor café a anfritiona fixo uso da súa imaxinación para amenizar a festa ( grazas Cris!).
Domingo de resaca, comida e paseo por Antas, antes de regresar a Ponteareas.
O deporte quedou a un lado esta vez, o martes haberá que queimar moitas calorias!!
Grazas Martín e Cris por unha fin de semana divertida.
1 comentario:
Ei, dicille a Martiño que vos leve As Torrentes a patear polo río e xa veredes porque Antas de Ulla non se chama só Antas (Farelo) senón tamén Ulla
Publicar un comentario