22/05/08

Donde están os Taninos?

Esta foi a primeira semana, despois da Mapoma, na que saín adestrar os tres días previstos, a pesar da chuvia e vencendo, as veces, a tentación de quedarse na casa. Máis dunha vez me ten pasado de chegar cansado a casa, con ganas de tumbarme no salón e ver a televisión, pero no momento en que me poño as zapatillas convírtome noutra persoa; os problemas do traballo saen da miña mente, é como se me liberara, como se me sentise máis lixeiro, con ganas de comerme o asfalto e facer quilómetros sen parar. Estas sensacións volvín a telas esta semana e a pesar da chuvia do xoves, fixen, en compañía de Edu, o mellor adestramento dende a Maratón. Íamos cun ritmo vivo e ao mesmo tempo falando. Fixemos así máis dunha hora.
Os demais Taninos parece que desertan do asfalto. Será por traballo, por falta de motivación, por descansar ou por outras razóns, o tema é que se bota de menos as saídas en grupo. Pola miña conta, e creo que falo en nome de Edu tamén, non pensamos parar e seguiremos dándolle zapatilla os martes e os xoves, de feito xa decidimos voltar a facer series unha vez por semana para recuperar velocidade de cara as carreiras do verán ( temos en mente ir a carreira de Leiro a primeiros de xullo).
O luns fun a facer unha ecografía do vasto externo da perna esquerda xa que levo máis dun ano con molestias nesa zona. Despois de moitas sesións de fisioterapia sen melloría aparente, decidín facer esta proba para comprobar a que era debido este problema. O resultado : "a exploración non evidencia alteracións da ecoestructura nin do grosor que suxira unha lesión muscular nin tendinosa. Non se visualizan masas, calcificacións, colecións nin áreas de fibrose" é dicir que según a ecogarfía non teño nada!! debe ser o caso da lesión misteriosa por que o que son molestias sigo tendo, en fin, terei que facer unha resonancia magnética se quero descartar lesión algunha! bueno, xa verei que fago.

Saúde e quilómetros!!

Ningún comentario: