29/05/08

Novo blog

Cumprido xa o obxectivo principal da temporada e que daba nome a este blog considero que xa non ten sentido que o meu blog siga chamándose así, por iso o novo blog o atoparedes neste novo enderezo. Como poderedes comprobar o enderezo é moito máis curto que o anterior e ten referencias moito máis persoais. Polo demais segue sendo o mesmo, aínda que con novos temas por que como xa comentei na anterior entrada non todo na vida vai ser correr!!.

Así que seguides convidados a entrar no meu blog, e espero que sigades participando nel do xeito que prefirades.

Saúde e quilómetros

Ningún comentario: