03/04/12

Modo adestramento. Obxectivo París XIII

Cun pouco de retraso fago esta crónica da semana 13º de adestramento. Foi unha semana marcada pola dureza da Vig-Bay. O esforzo que fixen na carreira deixoume un tanto tocado.Os dous primeiros adestramentos foron de recuperación, rodaxes de 50 e 60 minutos para ir soltando pernas. O xoves  as series 5x2000 que fixen sen grandes alardes, cumprindo o que marcaba o plan en canto a ritmos, o mesmo fixen o sábado coas series de 500 m. doce series . O domigo a penúltima tirada longa de 90 min. nun cicuíto de costas. Boas sensacións.

Xa esta todo feito, estou desexando chegar a París, como me  pasa sempre por estas alturas de plan, estáseme facendo longo , tres meses de duro adestramento e aínda quedan dúas semanas. O que me entretén son os preparativos da loxística da viaxe. Imos máis de vinte persoas a París entre corredores e familiares e nesas estamos agora, en organizar a viaxe a Porto para alí subir ao avión que nos leve a París.

Saúde e quilómetros.


1 comentario:

Antonio Martínez dixo...

Semella que temos que darnos ánimos mutuamente. Eu tamén estou canso de adestrar. E non sei se o cansanzo afectaralle á ilusión. Saúdos e forza.