08/04/12

Modo adestramento: Obxectivo París XIV

Penúltima semana de adestramento rematada. Case sesenta e cinco quilómetros feitos entre rodaxes e series a primeira 2x4000 e a segunda 2x3000. Par ser sinceiros xa estou canso das series, devezo por chegar a París e correr o maratón e todo o que estou a facer estes días resúltame pesado. Teño que concentrarme para poder levar a cabo as series. Por sorte xa só faltan por facer unhas series de 1000 o martes, unha rodaxe o mércores e preparar a maleta para viaxar o venres. Van ser días intensos con moitas emocións das que darei conta no seu momento.

Levo dende o 2 de xaneiro preparando esta proba con 74 adestramentos e case 1000 km. nas pernas, espero que o esforzo se vexa correspondido.

Aproveito para animar tamén a todos aqueles amigos, coñecidos e seguidores deste blog que van disputar outro maratón o mesmo día: o maratón da Coruña. Desexarlles toda sorte do mundo para coseguir os seus obxectivos e que gocen da carreira.


Faro de Vigo ( 6/04/2012)





O vindeiro fin de semana estarei por París na compaña doutros taninos e familiares como ben deu conta a prensa local, non sei cando poderei escribir a miña crónica da viaxe e da carreira pero tratarei de polo menos dar conta dos resultados.


Forza a todos, Saúde e quilómetros

2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Ánimo Xosé: saúde, quilómetros e boa sorte en París.

Anónimo dixo...

Poucos días e a rodar a bo ritmo por París. Cada un ao seu, pero a bo ritmo.
Espero que nestes días non teñamos sorpresas e que todos poidamos desfrutar dun bo día na saída e na chegada, sexa na hora que sexa.

Ánimo a toda a familia Tanina "et un peu de chance pour tout le monde" !!!

Rama y Mónica