01/02/09

Nin arre! nin xo!

Despois de vinte días totalmente parado e varias sesións de fisioterapia saín a correr co a esperanza de notar melloría na miña lesión pero non, nada de melloría, aos dez minutos de empezar a dor volveu, no mesmo sitio e coa mesma intensidade. Empezo a estar canso, non quero perder as esperanzas pero o que máis me incomoda é non saber concretamente que é o que teño, que tratamento debo seguir, que tempo de recuperación é o esperado para así poder mentalizarme do que me espera.
Tan aburrido estou que practicamte deixei de facer os exercicios de musculación, a min non me gusta "facer musculiños" o que me gusta é correr!, todo o demais é accesorio e estaría disposto a sacrificarme se vise resultados e agora non é o caso. De todos os xeitos son consciente da necesidade de fortalecer outros músculos que a carreria precisa, polo que pola miña cabeza está a pasar a idea de meterme nun ximnasio para obrigarme a facer os execrcios de musculación.

O tema das plantilas queda aparcado de momento, teño outra prioridade agora que é recuperarme, despois xa verei o que fago. De momento teño cita co osteópata a ver se dá co problema.

Saúde e quilómetros.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Ola!Non te desanimes!!Dentro duns días, cando volvas a trotar con nós, verás que eu sigo ao meu ritmo cansino, jejejeje!! Falamos!!

Fernando dixo...

Moito ánimo e a recuperarse bén.
Podes nadar? Eu estou a combinar a natación coas carreiras para non machacar moito as pernas e me está indo moi ben.

Oscarunin dixo...

si no quieres perder forma aerobica haz eliptica, te metes 40-60 minutos y bien.
puedes hacer eliptica o te molesta'?
lo digo por experiencia

Xose dixo...

Amigo Fernando, despois de falar co osteópata díxome que podía nadar ou bicicleta sen problemas. Onte saín a correr e a cousa foi un pouco mellor.

Oscarunin, grazas polos consellos. o meu problema coa elíptica é que non son amigo de ximnasios por sio non fago nada de aeróbico. Probarei coa piscina.

Anónimo dixo...

Solo quería comentar que los que fuimos ayer a entrenar somos unos tipos duros porque con la que cayó durante 15 minutos, apenas iniciado el recorrido, otros hubieran "tomado las de Villadiego".

Asi sufriendo es como se consigue algo.

Alvaro, estate tranquilo, no siempre se entrena en esas condiciones.

Animo a todos

Anónimo dixo...

Joder, es que como sea siempre asi....yo asi no vuelvo a correr....ni que fuese a propósito......menuda nochecita.........