25/01/09

Sigo sen poder correr

Unha semana máis de reposo absoluto, esta foi a recomendación do osteópata, polo que xa levo dúas semanas paardo totalmente, dedicado aos meus estiramentos e abdominais.
Esta semana tamén visitei a un podólogo para que me dixera que tipo de zapatillas son as máis recomendables para os meus pés. Claramente son pronador, e ademais, acusado no pé dereito polo que me recomenda unha plantillas correctoras ademais de seguir usando o mesmo tipo de calzado que viña utilizando. A cuestión e que non teño tan claro se me convén usar agora unhas plantillas. despois de consultar con varios compañeiros corredores sigo sen ter claro a conveniencia ou non de usalas. A vindeira semana teño outra consulta e dicidirei se as fago ou non.

Por outra banda estre domingo desplaceime a Viana do Castelo a acompañar e animar aos meus camaradas corredores, en plan "director técnico" ( jaja) e despois de comprobar a carreira que fixeron todos, a pesar do forte vento que tiveron en contra, a pena por non poder participar é maior.

Dar a enhoraboa a Sito polo tempazo que fixo na súa primeira participación nunha media ( 1 h. 27') e a Anxo que tamén conseguiu rematar a súa primeira media en mensode 1 hora e 44 min.
Dos demais todo según o guión. Tino se "sale; Edu se mantén e David achégase ao seu reto persoal de baixar da hora trinta, na Vig -Bay veremos a valía de cada un.

Deixo unha ligazón coas fotos desta deportiva e festiva xornada.



Viana 25-01-09

2 comentarios:

Tino dixo...

Noraboa o "Director Técnico" polo seu magnífico resultado en Viana; non esperabamos menos, jeje.

Ánimo que esta semana rematamos o reposo e volvemos o asfalto.

Votamoste en falta...

Unha aperta.

Anónimo dixo...

Grazas Mister polas recomendacións e pola inmediatez do post e das fotos!!
Os resultados avalan o teu traballo, jejejej!!
Cada día queda menos...
Vémonos no asfalto!!!!!
anxo