Que mala é a impaciencia. Esta semana volvín a sentirme corredor, puiden facer dúas saídas sen molestias a primeira de 50 min. a segunda de 40. En case dous meses foi a primeira vez que non sentía dor na carriera. Isto animoume a seguir “progresando” e empezar a facer o “conto da leiteira” que si reaparecer na carreira de Padrón, que si correr a Vig-Bay en 1:35’ polo que na saída do sábado e despois de ter feito 25’ sen molestia algunha decidín dar un salto e animarme a facer un cambio de ritmo. Mentres os demais Taninos facían unha proba de dez quilómetros eu pretendía facer catro ou tal vez cinco, que iluso!. Cando levaba un qm. empecei a notar molestias que pouco a pouco foron aumentando obrigándome a parar cando só levaba tres quilómetros. A dor volvía a ser similar a de hai un mes polo que tiven que regresar a miña casa andando.
Estiramentos, ducha, xeo foi o seguinte que fixen ao chegar a casa.E ademais da dor que regresou ao meu xeonllo tamén moitas doses de “mala leche “ por ter cometido outro erro de principiante e é que non aprendemos!
Na próxima saída farei unha valoración de danos e tomarei unha decisión sobre o meu futuro próximo no mundo das carreiras e como son dos que pasa no branco ao negro en décimas de segundo, agora penso que este ano vou ter que estar na Vig-Bay pero na beirarrúa de animador.
Saúde e quilómetros!!
1 comentario:
...bueno, bueno, non desesperemos!!
E volve ao branco xa! Calma, paciencia, tranquilidade, ..., esas cousas todas das que é moi doado falar e difícil levar á práctica...
anxo
Publicar un comentario