08/01/09

Empezo mal o ano.

Despois dun mes de decembro nada favorábel para min no que se refire á práctica deportiva, co inicio do novo ano semella que nada cambiou e todo segue igual ou peor, xa só me faltaba lesionarme e dito e feito, primeira saída a adestrar do ano e lesión!. Unha forte dor no lateral do xeonllo dereito que se me pon cando levo corenta minutos correndo, ímpideme iniciar a preparación das carreiras que teño en mente.

Despois de darlle descanso volvín a probar tres días despois e a dor volveu cando levaba corenta minutos correndo. Iniciei as indagacións do que me podía pasar mergullándome en internet e en cando puiden visitei á fisioterapeuta. As posibilidades : menisco, ligamentos ou cintilla iliotibial, e trala exploración á que someteu a fisio descartouse menisco e ligamentos e todo apunta á unha tendinite da cintilla iliotibial ou de algún tendón do xeonllo.

Dentro das causas posibles entra a de "unha mala elección do calzado deportivo".

O tratamento que me deu a fisio permíteme sair a correr, non máis de trinta minutos, para ir incrementando o tempo de carreira a medida que vaian remitindo as molestias, aplicación de cremas antinflamatorias, protexer a zona tibial cunha vendaxe compresora por debaixo do xeonllo e, por suposto, cambiar as zapatillas deportivas non descartando a posibilidade de facer unhas plantillas ortopédicas.

Despois desta consulta estou máis tranquilo, pola miña cabeza empezaban a pasar ideas pouco agradabeis. Descartada unha lesión maior que me impidira correr agora só me pasa pola mente a idea de tomalo con calma nos adestramentos e pensar en recuperarme ben.
Estou contento por que vou poder seguir saíndo a correr, aínda que só sexan trinta minutos por que é moito máis que nada!!.

Seguirei informando. Agora máis que nunca : Saúde e quilómetros!!!!

Recomendo a visita a este blog onde se aporta información sobre as lesiósn deportivas : El blog de Francisco Gilo

4 comentarios:

Tino dixo...

Boas.

Creo que o recente nombramento de Director Tecnico dos Taninos pasa factura, jajaja.

Animo que xa verás como non é nada...

Saude e quilometros

Anónimo dixo...

Iso, nada de desanimarse, éracheoquefaltaba!
E abríjense que disque neva!!
anxo

khene dixo...

Proba a parar e estirar a cintilla cada 10-15 minutos. Non é carrera contínua pero xa verás como podes correr mais de 30 minutos.

Xose dixo...

Grazas Khene polos consellos! serán ben recibidos.
Como xa indiquei na seguinte entrada vou a toamrme unha semna de descanso total.
Despois empezarei pouco a pouco intercalando caminar rápido e trote suave.
Grazas de novo