12/01/09

Aceptemos a realidade : Non podo correr.

Nin trinta nin vinte minutos! hai que ser realistas teño unha lesión complicada e non podo forzar a recuperación. Por máis que intente negar a realidade esta lesión impídeme correr e se non a curo ben vaime a estar dando a lata moito tempo.

O sábado saín a correr coa idea de facer só trinta minutos e cando levaba vinte e poucos as molestias reapareceron. Parei aos trinta minutos e a dor que tiña era a mesma que catro días atrás, non houbo polo tanto ningunha melloría. Ao chegar a casa estirei, botei crema antiinflamatoria pero a pesar disto baixar as escaleiras da miña casa era penoso.
Pola tarde fun a dar unha camiñada cos compañeiros de Debrúzate! e cando tocaba baixar pola ladeira do monte a dor era fortísima. Conclusión: decanso absoluto, fisoterapia, antiinflamatorios, estiramentos específicos e sobre todo paciencia.

Todo apunta a que teño afectada a cintilla iliotibial e polo que puiden saber é unha lesión moi latosa que podemos catalogar (según a clasificación do meu amigo Edu ) das que te impiden correr.

Como creo que saír a correr nestas condicións non me vai a aportar nada e podo mancarme aínda máis, o mellor é parar para o meu pesar. Dou por perdida a miña participación na Media de Viana do Castelo e verei se estou para a Intersport do Porriño o que teño claro agora é que os obxectivos da temporada xa non valen.

Aproveitarei estas semanas para facer, ademais do mencionado anteriormente, sesións de fortalecemento muscular que non me virán mal.

Espero que os meus compañeiros de "correrías" sigan dándolle á zapatilla. Creo que o de gañarlle a Dani vai ter que quedar para outro ano!!

Saúde e quilómetros !!!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Non te me desanimes. E como dis ti mesmo, o mellor é coidarse e non andar a complicar o asunto.
Vémonos!
anxo

Xocas dixo...

¡Ánimo e nos te desanimes (motito)! Todolos corredores lesiónanse algunha vez, é parte da aprendizaxe, ¿non?
Saúdos

Anónimo dixo...

Ánimo Xose e sobre todo dalle tempo para curar, non forces que o único que podes conseguir é estar toda a temporada sen poder correr ó cen por cen...Para a Vg-Bay ainda queda moitisisismo!!!!
e recorda:

"be water, my friend"

Oscarunin dixo...

tomalo con calma, amigo, yopuede que tenga lo mismom, pinchazo detras rodilla, se traslada dolor al lado exterior de la misma, al doblar sobre 20-40 grados ves las estraellas, y al despegar el pie del suelo en el impulso ni te cuento, pero al dia sigueinte caminar y eso guai... te animas... sales de nuevo, y pum , 15 mnutos y otra ostia..... ese es mi caso.. pued que sea cintilla, rotuliano, menisco yo que se, pero estoy fortalecindo y mucha eliptica..
por cierto, la eliptica puedes? lo digo por que es una buena forma de no perder aerobico, que es lo que mas me joderia ami
un saludo
ya me contaras

www.oscarunin.blogspot.com