12/10/08

Semana 10. Crónica dunha "páxara"


Fin de semana marcado pola "media maratón de A Canuda". Como o plan de adestramento marcaba para este domingo unha media maratón e ante a ausencia desta proba no calendario galego, decidimos organizarnos unha no paseo de A Canuda en Salvaterra de Miño ( Pontevedra). Para ter controlados os pasos quilométricos fomos o sábado cunha roda medidora para medir o recorrido facendo un recorrido de seis quilómetros polo que tiñamos que pasar tres veces e media.
A miña crónica persoal da carreira é a crónica do maior desfalecemento que tiven nunha carreira, rematando cunhas sensacións similares ás dos derradeiros quilómetros da MAPOMA.
O previsto era facer os pasos quilométricos a 4':10'', e así foi ata o km 7. Pero a partir de aquí funme afundindo progresivamente, no km. 11 tomei un xel que me permitiu recuperar algo de ritmo entre o 12 e o 17, era un espellismo, os catro derradeiros quilómetros fíxenos como un zombi, sen forzas para cambiar e malamente podía trotar, pola cabeza pasoume a posibilidade de retirarme sen embargo o orgullo puido máis e continuei para rematar cun tempo de 1:34':31'', moi lonxe do meu tempo na Vig-Bay.
Razóns deste desfalecemento: moitos. Pouco descanso, moita carga de adestramentos, ritmo excesivo de saída, mala alimentación e hidratación.
De todo se aprende así que espero sacar consecuencias deste "fiasco", o corpo non é unha máquina que se poida exprimir sen máis, hai que darlle descanso cando o pide.
Seguiremos reflexionando sobre este asunto.

Saúde e quilómetros.

2 comentarios:

Oscarunin dixo...

BUENAS, Soy Oscarunin, acabo de cambiar el vinculo a tu calendario, en realidad no era al calendario sino al blog a donde tenia que estar vinculado, gracias por avisar.
tengo los enlaces duplicados hasta ver que funcionan perfectamente.
saudos

Anónimo dixo...

Ola!!
Bueno, xa me conectei desde a Baixa Saxonia, para que conste, jeje. Esta era a túa terra ideal para correr. Aquí habería serios problemas para facer adestramentos en costas!!Todo plano, planiiiiiito! Iso si, sitios para correr un montón. Parques con paseos quilométricos de terra, outras zonas máis duras, ...
E bicis! Unha chea delas, pero teñen carril propio!
Falamos para a semana, no adestramento do mércores.
Vémonos e ánimo por esa pájara!!