Despois do meu breve parón polas molestias que tiven a semana pasada,esta semana reincorporeime ao "traballo", pero non con anímos renovados,de feito non me atopeime cómodo ata o día de hoxe.Ao cansazo físico uníuse certo cansazo "mental" que me fixo replantexar os meus obxectivos,de feito pasouseme pola cabeza deixar a experiencia da maratón para outra oportunidade,sobre todo depois do mal que o pasei o venres no adestramento con amago de lesión incluído.Pero por sorte o adestramento deste domingo fixome recuperar a ilusión.Esta claro que isto é unha proba de fondo,non só porque a maratón sexa dura por se mesma, senón porque o duro é a preparación e haberá días bos e malos,e semanas boas e malas,onde o estado anímico dun mesmo poder facerte variar a perspectiva, por iso o apoio do noso entorno o considero importante,para darte eses ánimos os días que non te atopas ben e pensas na rendición.
Con respecto ao adestremento semanal destacar as series do mércores e a tirada de quilómetros do domingo,a primeira por que foi menos dura do esperado,e a segunda por que foi a miña primeira tirada de 95 min. case todos por terra ao longo das ribeiras do río Tea,coa dificultade engadida de que boa parte do percorrido transcurría por unha senda de pescadores moi estreita e con algún que outro obstáculo(pólas,pedras...).
Ben, unha semana máis e seguimos vivos!!!
Ánimo aos lesionados xa queda menos para reincorporase ao grupo!!!.
1 comentario:
REALMENTE FUE UN BUEN ENTRENO EL DEL DOMINGO POR LA MAÑANA AUNQUE YO TENGA ALGUNA "HERIDA DE GUERRA", COMO UN BUEN RACAZO EN EL GEMELO IZQUIERDO. ADEMAS SE QUEDO EN CELEBRAR UN BUEN XANTAR CON COCIDO EL ULTIMO DOMINGO DE FEBRERO PARA IR PULIENDO TEMAS COMO EL EQUIPAJE Y EL VIAJE A MADRID.
NADA MAS, COMO SEMPRE O DE SEMPRE ¡SAUDE E QUILÓMETROS!
Publicar un comentario