17/02/08

Sexta semana de adestramento


Pois si,xa van seis semanas e por certo non sei se alguén se deu conta,pero se seguimos o plan que temos,vainos sobrar unha semana!,decateime hoxe mesmo que temos 17 semanas de adestramento,levamos seis,faltarían once, pero se repasamos o calendario faltan DEZ!,así que teremos que eliminar una semana do plan!.
No relativo a esta semana destacar as series do mércores que fixemos Edu e un servidor.Foron catro series de 2000 metros realizando as dúas preimeiras en 8:30'' a terceira en 8:20'' e a cuarta en 7:50''. A verdade é que sairon moi ben, persoalmente sentinme moi ben e de feito cheguei a casa moi satisfeito e coa moral polas nubes.
O venres en cambio tiven que recortar o percorrido pois non me sentía moi agusto.
Domingo,tirada de 20 quilómetros pola beira do Tea.Fixemos o percorrido en pouco máis de 1:35' as sensacións foron positivas a pesar de non facer un moi bo tempo,pero non se trata de facer tempos senón de facer adestramentos de fondo.
A vindeira semana variaremos os días de adestramento,en vez de sair o martes sairemos o luns,para poder desfrutar do fútbol, non todo vai ser correr!!!.
E e o domingo temos un maravilloso cocido esperándonos despois do adestramento.
Saúde e quilómetros!!!

Ningún comentario: